Abrir o menú principal

Melbourne Grand Prix Circuit

(Redirixido desde "Circuíto de Albert Park")
Circuíto de Melbourne
Plano do Circuíto
Albert Lake Park Street Circuit in Melbourne, Australia.svg
Datos
Inauguración 20 de novembro de 1953
Reinauguración: 7 de marzo de 1996
Outros nomes Circuíto de Albert Park
Carreiras Fórmula 1
Gran Premio de Australia
Fórmula 3
Australian Drivers' Championship
Australian Tourist Trophy
Supercars Challenge
Localización Australia Melbourne, Australia
Capacidade 80.000[1][2][3] espectadores
Lonxitude 5´303 km.
Curvas 16 (6 esq., 10 dta.)
Volta rápida (2008) 1:24.125
Piloto récord Alemaña Michael Schumacher
Escudería récord Ferrari
Coordenadas 37°50′59″S 144°58′6″L / -37.84972, -144.96833
Vista do Circuíto
Vista
Circuíto orixinal
Lonxitude 5´027 km.
Curvas 9
Volta rápida (1958) 1:50.0
Piloto récord Reino Unido Reino Unido Stirling Moss
Escudaría récord CooperClimax
Categoría Fórmula libre
Os Boxes no circuíto de Albert Park.

O Circuíto do Gran Premio de Melbourne (en inglés: Melbourne Grand Prix Circuit) é un circuíto de carreiras urbano que se arma nos arredores do Lago Albert Park, ao sur da cidade de Melbourne, Australia. É recoñecido por albergar anualmente o Gran Premio de Australia de Fórmula 1.

Índice

HistoriaEditar

Antes de entrar no campionato de Fórmula 1, o circuíto de Albert Park xa recibira carreiras en 1953 e 1956. Despois de que Adelaida fora o escenario anual da Fórmula 1 durante 11 anos, en 1996 a Fórmula 1 mudouse a Melbourne, escenario da primeira proba da temporada, despois de pehar Adelaida a temporada anterior.

Para a realización da proba, reasfaltouse para garantir consistencia e suavidade. Jacques Villeneuve fixo a primeira pole position. Arrancou e mantivo o liderado ata a volta 53, cando foi superado polo seu compañeiro de equipo Damon Hill despois de ter problemas coa presión do aceite do coche. Así, a carreira acabou cun dobrete de Williams. Eddie Irvine, de Ferrari, completou o pódio, na terceira posición.

DeseñoEditar

O circuíto utiliza seccións da estrada normal que circunvala o lago de Albert Park, un pequeno lago artificial ao sur do distrito central de negocios de Melbourne. Os tramos de estrada que se utilizan foron reconstruídos antes do evento inaugural en 1996 para asegurar a consistencia e suavidade. Como resultado, en comparación con outros circuítos urbanos, a pista de Albert Park ten unha gran superficie lisa. Antes de 2007 existían só uns poucos circuítos no calendario de Fórmula 1 cun espello de auga preto da pista. Moitos dos novos circuítos, como Valencia, Singapur e Abu Dabi imitaron esa característica.

Aínda que é un trazado urbano (ou semi-urbano, xa que moitas das rúas foron remodeladas co Gran Premio en mente), a pista é relativamente ancha e rápida. O trazado considérase que é bastante rápido e relativamente fácil de conducir, os pilotos comentaron que a colocación coherente das curvas permítelles aprender facilmente o circuíto e conseguir tempos competitivos. Con todo, o terreo chan ao redor do lago, xunto cun deseño da pista que conta con poucas rectas reais, significa que a pista non é moi propicia para adiantar, lamentablemente, o terreo chairo e as barreiras de seguridade impiden ter unha boa vista do trazado, coa excepción das tribunas.

Cada ano, a maioría das escapatorias de terra, pontes peonís, tribunas e demais infraestruturas móntanse ao redor dun mes antes do fin de semana do Gran Premio e retíranse dentro das 6 semanas posteriores ao evento. Algunhas zonas ao redor do circuíto (incluíndo un gran centro acuático, un campo de golf, o Lakeside Stadium, algúns restaurantes e a mariña) restrinxen o acceso durante o fin de semana de Gran Premio. A pesar da popularidade do evento, moitos habitantes locais teñen os seus reparos respecto ao mesmo debido ao movemento xerado, ao ruído e ao diñeiro investido que, afirman, ben podería usarse para construír un circuíto permanente afastado das zonas residenciais. Isto provocou varias manifestacións contrarias á realización da carreira en forma anual.

O Grand Prix continuará polo menos ata 2020 logo de conseguir un novo contrato con 'Formula One Management'.

CaracterísticasEditar

  • Espectadores: 80.000
  • Lonxitude do circuíto: 5´303 quilometros.
  • Distancia da carreira de Fórmula 1: 58 voltas = 307´574 quilometros. 16 curvas en total.
  • Recta máis longa: 860 metros
  • Distancia ata a Curva 1: 350 metros
  • Curva máis rápida: 250 km/h, Curvas 11/12
  • Curva máis lenta: 90 km/h, Curva 15
  • Configuración aerodinámica: media/alta. Velocidade máxima estimada 318 km/h con DRS, 308 km/h sen DRS
  • Aceleración a fondo: 64% do tempo de volta.
  • Tempo de freado: 13% do tempo da volta.
  • Total de combustible necesario para a distancia de carreira:
  • Consumo de combustible: kg por volta.
  • Cambio de marchas por volta: 55 por volta, 3.190 por carreira
  • Número de zonas de freado:
  • Desgaste dos freos: alto
  • Desgaste dos pneumáticos:
  • Distancia dos Boxes:
  • Perda de tempo nunha parada en boxes:
  • Tempo total necesario para a parada en boxes: 23 segundos (media)
  • Efecto de combustible (custo en tempo por volta de 10 kg de combustible transportado): 0´34 segundos.
  • Marca volta: 2011, 1’23.529 – Sebastian Vettel (Red Bull)

Tódolos gañadores de Fórmula 1, no circuíto de MelbourneEditar

Ano Piloto Auto Duración Lonxitude Voltas Velocidade media Data GP de
1996   Damon Hill Williams-Renault 1:32:50,491 h 5´302 km 58 198´736 km/h 10. marzo   Australia
1997   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:30:28,718 h 5´302 km 58 203´926 km/h 9. marzo
1998   Mika Häkkinen McLaren-Mercedes 1:31:45,996 h 5,303 km ´8 201´102 km/h 8. marzo
1999   Eddie Irvine Ferrari 1:35:01,659 h 5´303 km 57 190´852 km/h 7. marzo
2000   Michael Schumacher Ferrari 1:34:01,987 h 5´303 km 58 196´255 km/h 12. marzo
2001   Michael Schumacher Ferrari 1:38:26,533 h 5´303 km 58 187´465 km/h 4. marzo
2002   Michael Schumacher Ferrari 1:35:36,792 h 5´303 km 58 193´011 km/h 3. marzo
2003   David Coulthard McLaren-Mercedes 1:34:42,124 h 5´303 km 58 194´868 km/h 9. marzo
2004   Michael Schumacher Ferrari 1:24:15,757 h 5´303 km 58 219´011 km/h 7. marzo
2005   Giancarlo Fisichella Renault 1:24:17,336 h 5´303 km 57 215´168 km/h 6. marzo
2006   Fernando Alonso Renault 1:34:27,870 h 5´303 km 57 191´990 km/h 2. abril
2007   Kimi Räikkönen Ferrari 1:25:28,770 h 5´303 km 58 215´893 km/h 18. marzo
2008   Lewis Hamilton McLaren-Mercedes 1:34:50,616 h 5´303 km 58 194´578 km/h 16. marzo
2009   Jenson Button Brawn GP-Mercedes 1:34:15.784 h 5´303 km 58 195´776 km/h 29. marzo
2010   Jenson Button McLaren-Mercedes 1:33:36.531 h 5´303 km 58 197´144 km/h 28. marzo
2011   Sebastian Vettel Red Bull Racing 1:29:30.259 h 5´303 km 58 206´184 km/h 27. marzo
2012   Jenson Button McLaren-Mercedes 1:34:09.565 h 5´303 km 58 195´991 km/h 18. marzo
2013   Kimi Räikkönen Lotus Renault 1:30:03.225 h 5´303 km 58 204´926 Km/h 17. marzo
2014   Nico Rosberg Mercedes 1:32:58.710 h 5´303 km 58 195´059 Km/h 16. marzo
2015   Lewis Hamilton Mercedes 1:32:58.710 h 5´303 km 58 200´808 Km/h 15. marzo
2016   Nico Rosberg Mercedes 1:48:15.565 h 5´303 km 57 167´526 Km/h 20. marzo
2017   Sebastian Vettel Ferrari 1:24:11.672 h 5´303 km. 57 215´409 Km/h 26. marzo
2018   Sebastian Vettel Ferrari 1:29:33.283 h 5´303 km. 58 206´069 Km/h 25. marzo
2019   Valtteri Bottas Mercedes 1:25:27,325 h 5´303 km. 58 215´954 Km/h 17. marzo

Récord: M.Schumacher (4 veces)

Voltas rápidasEditar

No 23 de marzo de 2017.[4]

Clase Piloto Vehículo Tempo Data
Circuíto orixinal
Non oficial   Stirling Moss Cooper Climax 1:50.0 30 de novembro de 1958
Circuíto de Gran Premio
Non oficial   Michael Schumacher Ferrari F2004 1:24.125 7 de marzo de 2004
Coches de carreiras
Fórmula 1   Michael Schumacher Ferrari F2004 1:24.125 7 de marzo de 2004
Fórmula 3   Bruno Senna Dallara F304 Spiess Opel 1:50.8640 3 de marzo de 2006
Fórmula Ford   Chaz Mostert Spectrum 012 Ford 2:04.4805 27 de marzo de 2010
coches de carreiras históricos
Fórmula 5000   Ken Smith Lola T430 Chevrolet 1:54.6975 28 de marzo de 2010
coches deportivos
Australian GT   Craig Baird Mercedes-AMG GT 1:55.1134 17 de marzo de 2016
Carrera Cup   Ben Barker Porsche 997 GT3 Cup 1:58.3646 26 de marzo de 2011
Nations Cup   Paul Stokell Lamborghini Diablo GTR 2:00.685 8 de marzo de 2003[5]
Aussie Racing Cars   James Small Commodore-Yamaha 2:16.0196 15 de marzo de 2008
coches de turismo
Supercars Championship   Fabian Coulthard Ford FG X Falcon 1:54.3972 23 de marzo de 2017
V8 Ute Racing Series   Kerry Wade Ford Falcon Ute 2:24.1712 30 de marzo de 2006
Coches de turismo históricos
Grupo A   Terry Lawlor Nissan Skyline R32 GT-R 2:10.8171 13 de marzo de 2015
Group C   Milton Seferis Holden VH Commodore SS 2:18.9539 14 de marzo de 2015

NotasEditar

  1. "Albert Park". ESPN UK. Consultado o 31 de maio de 2017. 
  2. "Group Trips To Grand Prix". groupandpay.com. 1 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 10 de abril de 2017. Consultado o 31 de maio de 2017. 
  3. "Melbourne Grand Prix Circuit". www.worldofstadiums.com. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 31 de maio de 2017. 
  4. "NATSOFT Race Timing". natsoft.com.au. Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2012. Consultado o 31 de maio de 2017. 
  5. "PROCAR Stats" (PDF). www.procar.com.au. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 13 de xuño de 2004. Consultado o 31 de maio de 2017. 

Véxase taménEditar