Masten Gregory

Carreira na Fórmula 1
Nacionalidade Reino Unido Reino Unido
Anos en activo 7 (1963 - 1965, 1971 - 1974)
Escudería(s) Lola, Lotus, Surtees McLaren
Grandes Premios disputados 50
Campionatos 0
Vitorias 0
Podios 2
Pole positions 0
Voltas rápidas 1
Primeiro GP Gran Premio do Reino Unido de 1963
Derradeiro GP Gran Premio de Alemaña de 1974

Stanley Michael Bailey Hailwood, MBE, nado en Langsmeade House (Great Milton, Oxfordshire) o 2 de abril de 1940 e finado en Warwickshire o 23 de marzo de 1981, foi un piloto de motociclismo inglés. Participou no Campionato do Mundo de Motociclismo e está considerado por moitos como un dos mellores pilotos de todos os tempos.[1][2]

Hailwood foi coñecido como "Mike The Bike" (Mike a moto) debido á súa habilidade natural para montar en motos con diferentes cilindradas de motor.[3][4] Máis tarde, na súa carreira, competiu na Fórmula Un e noutras clases de carreiras de automóbiles, converténdose nun dos poucos en competir ao nivel de Grand Prix en motos e carreiras de automóbiles.

Morreu tras un accidente de tráfico.

Traxectoria editar

O seu pai, que tamén fora piloto antes da segunda guerra mundial, foi un exitoso comerciante de motos e Hailwood tivo unha educación acomodada.[1] Aprendeu a montar a unha temperá idade nunha minimoto cando era un neno pequeno nun campo preto da súa casa.[1] Educouse na Purton Stoke Preparatory School, Kintbury[Cómpre referencia] e no Pangbourne Nautical College onde usaba un uniforme de cadete da RN, pero saíu cedo e traballou durante un curto período de tempo no negocio familiar antes de que o seu pai o enviase a traballar na fábrica de motos Triumph.[2]

Motociclismo editar

Hailwood gañou nove campionatos do mundo de motociclismo de velocidade entre os anos 1961 e 1967. Tamén gañou 76 Grandes Premios, e en 14 ocasións o TT da Illa de Man. Os seus 4 primeiros campionatos gañounos conducindo unha MV Agusta. En 1966 fichou por Honda. Honda tiña o motor máis potente de todo o mundial naquela época, pero tamén era coñecida a dificultade que entrañaba pilotalas, por mor da fraxilidade do seu chasis. A gran capacidade de Hailwood para o pilotaxe superou as desvantaxes e permitiulle seguir coleccionando títulos mundiais ata 1967. Honda deixou de competir ao máximo nivel en 1968, pero mantiveron a Hailwood en nómina para estar seguros en caso de retornar. Hailwood nunca volveu áscarreiras nunha tempada completa no mundial de velocidade.

 
Honda RC162 montada por Hailwood en 1961

En 1978, tras unha paréntese de 11 anos, fixo unha reaparición lendaria nas carreiras de motos con 38 anos. Correu o TT da Illa de Man, non sendo só competitivo, senón que acabou gañando na categoría Fórmula 1 TT aos mandos dunha Ducati 900SS, unha carreira cuxa vitoria valeulle un título mundial TT derrotando ao favorito Phil Read que corría cunha Honda. O ano seguinte volveu ás carreiras na fórmula TT repetindo con Ducati, con menos fortuna que a anterior ao desprendérselle a batería, malia todo quedou quinto, con todo venceu outra carreira nesta ocasión aos mandos dunha Suzuki, e gañou na categoría 500cc sénior TT. Foi a súa décimo cuarta e última vitoria na Illa de Man

Gañou o Segrave Trophy en 1979.

Automobilismo editar

Durante a súa andaina nas carreiras de automóbiles, Hailwood nunca alcanzou o mesmo nivel de éxito que atopou nas motocicletas, pero obtivo resultados respectables na Fórmula 1 e no World Sports Cars.

Hailwood participou en 50 Grandes Premios de Fórmula Un, comezando cunha primeira fase entre 1963-1965, debutando no Gran Premio do Reino Unido de 1963 o 20 de xullo de 1963, conseguindo dous podios en 1964 e logrando un total de 29 puntos de campionato.[5] Logrou entrar na disputa por unha vitoria na Fórmula Un logo de 6 anos, no Gran Premio de Italia de 1971. El e outros 3 pilotos remataron 1º-2º-3º-4º en menos de dúas décimas por segundo, Hailwood terminou cuarto.

Gañou o título europeo de Fórmula 2 en 1972 e obtivo un podio nas 24 Horas de Le Mans de 1969.[6][7] Hailwood disputou tres Tempadas completas na serie europea F5000 Shellsport 1969-71 e foi a segundo na serie Tasman F5000 de 1972 na que pilotou un chasis TS8 F1 de 5000.

 
Mike Hailwood pilotou un McLaren M23 en Brands Hatch en 1974

Hailwood foi recoñecido pola súa valentía cando no Gran Premio de Suráfrica de 1973 retirou a Clay Regazzoni do seu coche ardendo despois de que os dous chocaran na segunda volta da carreira. O mon de pilotaxe de Hailwood incendiouse, pero despois de ser extinguido por un comisario, volveu axudar a rescatar a Regazzoni, un acto polo cal foi galardoado coa Medalla George, o 2º galardón máis alto que se pode adxudicar un civil británico.[8]

En 1974 pilotou un McLaren M23 patrocinado por Yardley e impresionou, adiantando ás veces ao líder do equipo Emerson Fittipaldi. Saíu de Fórmula Un despois de resultar ferido grave no Gran Premio de Alemaña de 1974 en Nürburgring e retirouse a Nova Zelandia.[9]

Morte editar

Tras a súa retirada do deporte automobilístico, a finais de 1979 Hailwood montou un concesionario de motos Honda en Birmingham chamado "Hailwood and Gould", en colaboración co expiloto de motos Rodney Gould.[10]

O sábado 21 de marzo de 1981, Hailwood partiu no seu Rover SD1 cos seus fillos Michelle e David para comprar Fish and chips (peixe con patacas fritas). Cando regresaban pola A435 Alcester Road a través de Portway, Warwickshire,[11] preto da súa casa en Tanworth-in-Arden, un camión fixo un xiro ilegal polas barreiras cara á mediana central, e chocou co seu coche. Michelle, de nove anos, morreu instantaneamente. Mike e David foron trasladados ao hospital, onde Mike morreu dous días despois por graves lesións internas.[12] Tiña 40 anos. David sobreviviu con lesións menores. O piloto do camión foi multado con 100 libras.

Hailwood afirmou que un adiviño en Suráfrica predixeralle que non viviría máis de 40 anos e que o mataría un camión. A historia foi repetida por Elizabeth McCarthy nun libro de memorias de 1981, mentres relataba a súa relación con Hailwood, a quen coñeceu no Gran Premio do Canadá de 1967. Cando lle propuxo matrimonio, ela respondeu que dubidaba casar con alguén que podía morrer en calquera carreira de fin de semana. Entón contoulle a súa historia e dixo: "... así que ves, iso non vai ocorrer nunha pista".[13]

Hailwood morreu con 76 vitorias en Grandes Premios, 112 podios de Gran Premio, 14 Illa de Man TT, e gañou 9 Campionatos Mundiais, incluíndo 37 Grandes Premios, 48 ​​podios Grand Prix, 6 vitorias na Illa de Man TT e 4 Campionatos Mundiais en 500cc.[14]

Vida persoal editar

Procedente dun contorno próspero, durante o inicio da súa carreira Hailwood gozou dun estilo de vida privilexiado e ata antes do seu traslado de MV a Honda en 1966 foi o piloto mellor pagado do mundo. Viviu como un playboy da Jet set percorrendo 48.300 km de estradas e 257.500 km aéreos nun ano, viaxando a circuítos de todo o mundo mentres residía na súa residencia de solteiro en Heston, onde gardaba os seus coches deportivos de gran potencia.[15][16]

En 1964, xunto ao comentarista e xornalista británico, Murray Walker publicou o libro "The Art of Motorcycle Racing". Logo de trasladarse a Suráfrica en 1967, confirmou a Motorcycle Mechanics en 1968 que só estaría alí o mesmo tempo que nos oito anos anteriores cando pasou dous meses de inverno na facenda do piloto Paddy Driver preto de Johannesburgo. Hailwood tamén afirmou: "E no que respecta ao matrimonio ¡iso é estritamente para os paxaros!".[15]

Casou cunha modelo chamada Pauline o 11 de xuño de 1975.[17] Tiveron dous fillos: unha filla, Michelle, en 1971,[18] e un fillo, David.

Rexistro de carreiras editar

Resultados en grandes premios de motociclismo editar

Posición 1 2 3 4 5 6
Puntos 8 6 4 3 2 1

(clave) (Carreiras en grosa indican pole position)

Ano Clase Equipo 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 Puntos Ranq Vitorias
1958 125 cc Paton IOM
7
BEL
-
ALE
-
SWE
-
ULS
-
NAT
-
0 - 0
Ducati NED
10
250 cc NSU IOM
3
NED
4
ALE
Ret
SWE
2
ULS
Ret
NAT
-
13 0
350 cc Norton IOM
12
NED
5
BEL
-
ALE
4
SWE
3
ULS
8
NAT
-
9 0
500 cc Norton IOM
13
NED
-
BEL
-
GER
-
SWE
-
ULS
-
NAT
-
0 - 0
1959 125 cc Ducati IOM
3
GER
3
NED
3
BEL
Ret
SWE
4
ULS
1
NAT
8
20 1
250 cc FB-Mondial IOM
Ret
GER
5
NED
4
SWE
5
ULS
2
13 0
MZ NAT
9
350 cc Norton FRA
-
IOM
Ret
GER
-
2 13º 0
AJS SWE
5
ULS
Ret
NAT
-
500 cc Norton FRA
-
IOM
Ret
GER
-
NED
-
BEL
13
ULS
-
NAT
Ret
0 - 0
1960 125 cc Ducati IOM
Ret
NED
8
BEL
6
ULS
-
NAT
-
1 10º 0
250 cc Ducati IOM
Ret
BEL
4
GER
-
ULS
4
NAT
Ret
8 0
FB-Mondial NED
5
350 cc AJS FRA
-
IOM
Ret
NED
-
ULS
-
0 - 0
Ducati NAT
Ret
500 cc Norton FRA
-
IOM
3
NED
5
BEL
4
GER
-
ULS
Ret
NAT
3
13 0
1961 125 cc EMC ESP
4
ALE
Ret
FRA
4
16 1
Honda IOM
1
NED
Ret
BEL
Ret
DDR
Ret
ULS
5
NAT
-
SWE
-
ARG
-
250 cc FB-Mondial ESP
Ret
44 1st 4
Honda GER
8
FRA
2
IOM
1
NED
1
BEL
3
DDR
1
ULS
2
NAT
2
SWE
1
ARG
-
350 cc AJS GER
Ret
IOM
Ret
NED
-
DDR
-
ULS
-
6 0
MV Agusta NAT
2
SWE
7
500 cc Norton GER
4
FRA
2
IOM
1
NED
2
BEL
2
DDR
2
ULS
2
40 2
MV Agusta NAT
1
SWE
2
ARX
-
1962 125 cc EMC ESP
4
FRA
Ret
IOM
Ret
NED
5
BEL
4
GER
3
ULS
-
DDR
-
NAT
Ret
FIN
-
ARX
-
12 0
MZ FIN
Ret
250 cc Benelli ESP
-
FRA
-
IOM
Ret
NED
-
BEL
-
GER
-
ULS
-
NAT
Ret
ARX
-
0 - 0
MZ DDR
2
350 cc MV Agusta IOM
1
NED
2
ULS
Ret
DDR
2
NAT
-
FIN
-
20 1
500 cc MV Agusta IOM
12
NED
1
BEL
1
ULS
1
DDR
1
NAT
1
FIN
-
ARX
-
40 5
1963 250 cc MZ ESP
-
ALE
-
IOM
-
NED
-
BEL
-
ULS
-
DDR
1
NAT
-
ARX
-
XPN
-
8 1
350 cc MV Agusta ALE
-
IOM
Ret
NED
2
ULS
2
DDR
1
FIN
1
NAT
Ret
28 2
500 cc MV Agusta IOM
1
NED
Ret
BEL
1
ULS
1
DDR
1
FIN
1
NAT
1
ARX
1
56 7
1964 250 cc MZ USA
-
ESP
-
FRA
-
IOM
-
NED
-
BEL
-
ALE
-
DDR
Ret
ULS
-
NAT
-
XPN
5
2 20º 0
350 cc MV Agusta IOM
-
NED
2
ALE
-
DDR
-
ULS
-
FIN
-
NAT
-
XPN
2
12 0
500 cc MV Agusta USA
1
IOM
1
NED
1
BEL
1
ALE
1
DDR
1
ULS
-
FIN
-
NAT
1
40 7
1965 250 cc Honda USA
-
ALE
-
ESP
-
FRA
-
IOM
-
NED
-
DDR
-
CZE
-
ULS
-
FIN
-
NAT
-
XPN
1
8 10º 1
350 cc MV Agusta ALE
2
IOM
Ret
NED
2
DDR
Ret
CZE
Ret
ULS
-
FIN
-
NAT
Ret
XPN
1
20 1
500 cc MV Agusta USA
1
ALE
1
IOM
1
NED
1
BEL
1
DDR
1
CZE
1
ULS
-
FIN
-
NAT
1
48 8
1966 125 cc Honda ESP
-
ALE
-
NED
-
DDR
-
CZE
-
FIN
-
ULS
-
IOM
6
NAT
-
XPN
-
1 15º 0
250 cc Honda ESP
1
ALE
1
FRA
1
NED
1
BEL
1
DDR
1
CZE
1
FIN
1
ULS
-
IOM
1
NAT
1
XPN
-
56 10
350 cc Honda GER
1
FRA
1
NED
1
DDR
Ret
CZE
1
FIN
1
ULS
1
IOM
Ret
NAT
-
XPN
-
48 6
500 cc Honda GER
-
NED
Ret
BEL
Ret
DDR
Ret
CZE
1
FIN
2
ULS
1
IOM
1
NAT
Ret
30 3
1967 250 cc Honda ESP
Ret
ALE
-
FRA
3
IOM
1
NED
1
BEL
2
DDR
Ret
CZE
3
FIN
1
ULS
1
NAT
Ret
CAN
1
XPN
Ret
50 5
350 cc Honda GER
1
IOM
1
NED
1
DDR
1
CZE
1
ULS
-
NAT
-
XPN
1
40 6
500 cc Honda ALE
Ret
IOM
1
NED
1
BEL
2
DDR
Ret
CZE
1
FIN
Ret
ULS
1
NAT
2
CAN
1
46 5
Fonte:[14][19]

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Pts
1963 Reg Parnell Racing Lotus 24 Climax FWMV 1.5 V8 MON BEL NED FRA GBR
8
ALE NC 0
Lola Mk4 ITA
10
USA MEX RSA
1964 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM P56 1.5 V8 MON
6
NED
12
BEL FRA
8
GBR
Ret
ALE
Ret
AUT
8
ITA
Ret
USA
8
MEX
16
21º 1
1965 Reg Parnell Racing Lotus 25 BRM P56 1.5 V8 RSA MON
Ret
BEL FRA GBR NED ALE ITA USA MEX NC 0
1971 Team Surtees Surtees TS9 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 RSA ESP MON NED FRA GBR ALE AUT ITA
4
CAN USA
15
18º 3
1972 Brooke Bond Oxo Team Surtees Surtees TS9B Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX RSA
Ret
ESP
Ret
MON
Ret
BEL
4
FRA
6
GBR
Ret
ALE
Ret
AUT
4
ITA
2
CAN USA
17
13
1973 Brooke Bond Oxo Team Surtees Surtees TS14A Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX
Ret
BRA
Ret
RSA
Ret
ESP
Ret
BEL
Ret
MON
8
SWE
Ret
FRA
Ret
GBR
Ret
NED
Ret
ALE
14
AUT
10
ITA
7
CAN
9
USA
Ret
NC 0
1974 Yardley Team McLaren McLaren M23 Ford Cosworth DFV 3.0 V8 ARX
4
BRA
5
RSA
3
ESP
9
BEL
7
MON
Ret
SWE
Ret
NED
4
FRA
7
GBR
Ret
ALE
15
AUT ITA CAN USA 11º 12
Source:[5]

Resultados completos no campionato de Europa F5000 editar

(clave) (Carreiras en grosa indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida.)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Pts
1969 Paul Hawkins Lola T142 Chevrolet 5.0 V8 OUL
8
BRH
10
BRH MAL
NTS
SIL 2040
Epstein-Cuthbert Racing MON
2
KOK
10
ZAN
3
SNE
2
HOC
2
OUL
16
BRH
1
1970 Epstein-Cuthbert Racing Lola T190 Chevrolet 5.0 V8 OUL
Ret
BRH
2
ZOL
3
ZAN
Ret
SIL
1
BRH
Ret
CAS MAL
2
MON
DNS
SIL MNZ AND
4
SAL
1
THR
4
SIL OUL
Ret
SNE
2
HOC 50
Lola T192 OUL
5
BRH
3
1971 Team Surtees Surtees TS8 Chevrolet 5.0 V8 MAL
1
SNE BRH
8
MON
3
SIL
1
CAS MAL
2
MNZ
Ret
MAL
1
THR
2
SIL
1
OUL
Ret
SNE
Ret
HOC OUL
2
BRH BRH 58

Resultados completos no Campionato de Europa de Fórmula 2 editar

(clave) (Carreiras en grosa indican pole position; carreiras en italica indican volta rápida)

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts
1972 Team Surtees Surtees TS10 Ford MAL
5
THR
NTS
HOC
Ret
PAU
5
PAL
2
HOC
Ret
ROU
2[20]
ÖST
2[20]
IMO
Ret
MAN
1
PER
Ret
SAL
1
ALB
14
HOC
2[21]
55
1973 Team Surtees Surtees TS15 Ford MAL
2
HOC THR
NSC
NÜR PAU KIN NIV HOC ROU MNZ MAN KAR
Ret
PER
Ret
SAL NOR ALB VAL NC 0

Os pilotos clasificados non poden optar aos puntos do Campionato Europeo de Fórmula 2

Resultados nas 24 Horas de Le Mans editar

Ano Equipo Co-Piloto Coche Clase Voltas Pos. Clase
Pos.
1969   J. W. Automotive Engineering Ltd.   David Hobbs Ford GT40 Mk.I S
5.0
368
1970   J. W. Automotive Engineering Ltd.   David Hobbs Porsche 917K S
5.0
49 Ret Ret
1973   Gulf Research Racing   John Watson
  Vern Schuppan
Mirage M6-Ford Cosworth S
3.0
112 Ret Ret
1974   Gulf Research Racing   Derek Bell Gulf GR7-Ford Cosworth S
3.0
317
Fonte:[22]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mike Hailwood at the Motorcycle Hall of Fame
  2. 2,0 2,1 "Who Was The Man Many Call The Greatest Roadracer Ever?, by Dean Adams, Superbike Planet, 1998". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2006. Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  3. Motor Cycle, 19 de agosto de 1965. p. 242/244. Hutchinson 100. Hailwood assortment. "Doesn't make much odds what model Mike the Bike wheels out; he's likely to win on it. As at Silverstone last Saturday at BMCRC Hutchinson 100 meeting where, on such a variety of machinery as an AJS three-fifty, a BSA LIghtning, and (well, of course) the MV Agusta four, he collected a trio of laurel wreaths." Accessed 2014-03-30
  4. Carrick, Peter Motor Cycle Racing Hamlyn Publishing, 1969, p. 68 ISBN 0 600 02506 3 "Between 1962 and 1965 Hailwood was supreme in the 500 cc class, winning race after race...He also rode frequently and with success in other classes." Accessed 2014-03-22
  5. 5,0 5,1 Mike Hailwood Formula 1 results at www.4mula1.ro
  6. "1972 Formula 2 season results at www.formula2.net". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  7. "1969 Le Mans 24 Hours Competitors & Results at www.experiencelemans.com". Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2010. Consultado o 24 de febreiro de 2018. 
  8. www.grandprix.com
  9. Motorcycle Classics Mike Hailwood's TT-winning Ducati Arquivado 30 de outubro de 2014 en Wayback Machine. Retrieved 2014-03-23
  10. Motor Cycle News 4 de febreiro de 1981 p. 62 Advert "Hailwood & Gould 60-98 Tyburn Road, Erdington, Birmingham, B24 8LA." "Previously owned superbikes now in stock". Accessed and added 2014-10-03
  11. Warwickshire Police Arquivado 26/04/2014, en Wayback Machine. Retrieved 2014-04-25
  12. England and Wales death records. Retrieved 2014-03-22
  13. My Memories of Mike Hailwood, by Elizabeth McCarthy
  14. 14,0 14,1 "Mike Hailwood career statistics at MotoGP.com". Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2020. Consultado o 25 de febreiro de 2018. 
  15. 15,0 15,1 Motorcycle Mechanics, febreiro de 1968, p. 23/25. Mike Hailwood Talks! 20 Questions: Interview with Mike Hailwood by Brian Smith. Accessed 2014-03-15
  16. Carrick, Peter Motor Cycle Racing Hamlyn Publishing, 1969, p. 68 ISBN 0 600 02506 3 Accessed 2014-03-22
  17. England and Wales Marriage records. Retrieved 2014-03-22
  18. England and Wales birth records. Retrieved 2014-03-22
  19. Mike Hailwood Isle of Man TT results at iomtt.com
  20. 20,0 20,1 Recibiu 9 puntos de campionato xa que Emerson Fittipaldi que terminou por diante non era elixible para puntuar
  21. Recibiu 9 puntos de campionato xa que Tim Schenken que terminou por diante non era elixible para puntuar
  22. "Mike Hailwood, United Kingdom". racingsportscars.com. Consultado o 20 de setembro de 2017. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar