Roelof Wunderink
Roelof Wunderink nado en Eindhoven, Brabante do Norte o 12 de decembro de 1948 é un expiloto de carreiras holandés. Participou en seis Grandes Premios do Campionato Mundial de Fórmula 1 co equipo Ensign, debutou o 27 de abril de 1975. Non logrou ningún punto de campionato.
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 12 de decembro de 1948 (75 anos) Eindhoven, Países Baixos | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | piloto de Fórmula Un, piloto de carreiras, enxeñeiro | ||||||||||||||||
Deporte | automobilismo | ||||||||||||||||
|
A Galipedia ten un portal sobre: Fórmula 1 |
Andaina nas carreiras
editarWunderink comezou a súa carreira cun Simca en 1970 para trasladarse posteriormente a Formula Ford gañando o campionato holandés en 1972.[1] Co patrocinio da empresa de alarmas HB, trasladouse á Fórmula 3 e logo á Fórmula 5000 nas dúas tempadas seguintes. En 1975, co apoio de HB, moveuse á Fórmula 1 co equipo Ensign Racing, pero viuse prexudicado polo uso de maquinaria obsoleta e as lesións sufridas nun incidente nuhas probas da Fórmula 5000. En seis intentos, clasificouse en tres ocasións retirándose de dúas carreiras con problemas mecánicos. No seu único final, en Austria en 1975, non cualificou, quedou a catro voltas por detrás, logo de parar nos boxes para cambiar os pneumáticos.[1] Ao final da tempada, Wunderink retirouse do automobilismo de alto nivel.[1] Posteriormente sábese que estivo involucrado no negocio inmobiliario.[2]
Resultados Completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1975 | HB Bewaking Team Ensign | Ensign N174 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | ESP Ret |
MON NSC |
BEL | SWE | NED | FRA | ALE | AUT NC |
ITA NSC |
NC | 0 | ||
Ensign N175 | GBR NSC |
USA Ret | |||||||||||||||||
fonte:[1]
|
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Small, Steve (1994). The Guinness Complete Grand Prix Who's Who. Guinness. p. 404. ISBN 0851127029.
- ↑ "Roelof Wunderink". oldracingcars.com. 24 de xaneiro de 2010. Consultado o 30 de setembro de 2015.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roelof Wunderink |