Tecno
Tecno PA123/3 de Nani Galli de 1972
Nome completo Italia Tecno Racing Team
Bandeira Italia
Baseada en Boloña, Italia
Tempadas en activo 2 (1972-1973)
Número de pilotos Italia Nanni Galli
Derek Bell
Chris Amon
Debut Gran Premio de Bélxica de 1972
Carreiras 10
Campionatos de Construtores 0
Campionatos de Pilotos 0
Vitorias 0
Pole positions 0
Voltas Rápidas 0
Puntos totais 0
Derradeiro GP Gran Premio de Austria de 1973

Tecno foi un construtor italiano de karts e coches de carreiras. Comezou como unha empresa de enxeñería convencional para fabricar bombas hidráulicas. A compañía finalmente converteuse nun construtor de Fórmula 1, participou en 10 grandes premios e logrou un punto no campionato.

Historia editar

En 1961 Tecno comezou o seu negocio no deporte do motor como un construtor de karts en Boloña, dirixida polos irmáns Pederzani. A mediados dos anos sesenta a empresa ascendeu nas carreiras de coches, con chasis de F3 (gañando varios campionatos en 1968) e Fórmula 2, o F2 foi o suficientemente bo para lograr o campionato de 1970 de F2 a mans de Clay Regazzoni.

O primeiro chasis de Tecno foi nomeado Kaimano. O deseño do Kaimano baseouse nos karts con motor traseiro estadounidenses da década de 1960. O segundo chasis, o Piuma (pluma), revolucionou o deseño do karting, e tivo tanto éxito que gañou o Campionato Mundial en 1964, 1965 e 1966.

Tecno tivo un grande éxito na Fórmula júnior, e un dos patrocinadores interesouse na Fórmula, o conde Rossi (do famoso Martini & Rossi) apoiou aos irmáns no intento de construír un coche e un motor de F1.

Fixo a súa primeira aparición competitiva no Gran Premio de Bélxica de 1972 en mans de Nanni Galli. O coche era normal, o motor, un 12 en liña era moi similar á unidade do Ferrari contemporáneo, aínda que considerablemente menos potente. Durante esa tempada, Galli compartiu o auto con Derek Bell, non lograron sumar puntos. Tanto o chasis como o motor eran propensos a romperse. Ron Tauranac, autónomo logo de vender Brabham, fixo algunhas melloras no coche, pero o rendemento non mellorou significativamente.

En 1973 Tecno atopouse na estraña posición de ter dous coches radicalmente diferentes, un deles apoiado polos patrocinadores do equipo e o outro polos irmáns Pederzani. O conde Rossi contratou aos experimentados nas carreiras británicas o xerente David Yorke e o piloto Chris Amon (que fora incapaz de chegar a un acordo con March Engineering para a tempada). Yorke e Rossi encargaron un novo chasis ao deseñador Gordon Fowell, mentres que os Pederzani contrataron a Alan McCall para deseñar un coche novo para eles. McCall marchou antes de que o coche estivera completamente desenvolvido, aumentando o caos. Tecno perdeuse as carreiras de principios de tempada e logrou co coche de McCall un pequeno éxito en Bélxica, no Gran Premio do Reino Unido os dous coches o "GorAl" de Fowell e o coche de McCall estaban dispoñibles.

Ter dous coches distintos, con financiamento insuficiente e pouco desenvolvidos que competían polos escasos recursos non era unha receita para o éxito, e a mediados da tempada houbo unha virtual guerra civil entre os Pederzani e Yorke e Rossi. Amon logrou único punto do equipo no coche McCall en Bélxica. Tiña serias dificultades ata para caber na cabina do coche GorAl, aínda que Amon afirmou que tiña o potencial de ser un dos mellores chasis nos que nunca competera.

Polo GP de Austria, Amon estaba desgustado con toda a lea e deixou o equipo, posteriormente o diñeiro de Martini & Rossi marchou a Brabham en 1974, os irmáns Pederzani retiráronse da competición, e Amon terminou a tempada como invitado en Tyrrell.

Resultados Completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Chasis Motor Pneu. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Puntos Pos
1972 Tecno PA123 Tecno Series-P Flat-12 ARX RSA ESP MON BEL FRA RU ALE AUT ITA CAN USA 0 -
Derek Bell NSC Ret NSC Ret
Nanni Galli Ret Ret NC Ret
1973 Tecno PA123B
Tecno E731
Tecno Series-P Flat-12 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE FRA RU NED ALE AUT ITA CAN USA 1 11º
Chris Amon 6 Ret Ret Ret NTS

Notas editar

Ligazóns externas editar