Derek Bell
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Derek Reginald Bell OBE nado o 31 de outubro de 1941 en Pinner, Middlesex, Inglaterra é un piloto de carreiras británico que destacou extremadamente nas carreiras de coches deportivos, gañando as 24 Horas de Le Mans cinco veces, as 24 Horas de Daytona, tres e o World Sportscar Championship dúas veces. Tamén competiu na Fórmula Un cos equipos Ferrari, Wheatcroft, McLaren, Surtees e Tecno. Foi descrito polo seu compañeiro de carreiras Hans-Joachim Stuck como un dos pilotos máis queridos da súa xeración.[1]
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de outubro de 1941 (82 anos) Pinner, Reino Unido (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino Unido |
Educación | The King's School, Worcester (en) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de Fórmula Un |
Lingua | Lingua inglesa |
Deporte | automobilismo |
Participou en | |
24 Horas de Le Mans | |
Familia | |
Fillos | Justin Bell (en) |
Premios |
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarBell creceu nunha granxa e empezou a correr na zona de caravanas de Church Farm, co seu propio club, preto de Pagham Harbour antes de ser alentado polo seu padrastro Bernard Hender a competir cun Lotus Seven en 1964. Gañou a súa primeira carreira no Lotus en Goodwood en marzo dese ano. Debutou na Fórmula 3 no ano seguinte competindo cun Lotus 31 e en 1966 cambiou a un Lotus 41 co que logrou a súa primeira vitoria, outra vez en Goodwood. En 1967 logrou sete vitorias. Entrou na Fórmula 2 nun Brabham BT23C privado do equipo do seu padrasto de Church Farm Racing e logo de varias actuacións prometedoras, que gustaronlle a Enzo Ferrari fixo o seu debut nun Gran Premio de Fórmula 1 con Ferrari en Monza en 1968. Disputou as Tasman Series de 1969 nun Ferrari Dino 2.4, tamén en 1969 competiu cun McLaren M9A[2] na súa única carreira no British Grand Prix en Silverstone.
Bell participou na rodaxe de Le Mans (1970) protagonizada por Steve McQueen, e el e a súa familia viviron coa familia McQueen durante a filmación, converténdose en amigos Bell tivo un incidente afortunado durante a realización da película. O Ferrari 512 que pilotaba de súpeto incendiouse mentres se poñía en posición para unha toma. Amañouse para saír do coche xusto antes de que fora envolto en chamas e sufriu pequenas queimaduras. Aínda que o coche quedou moi danado, reconstruíuse máis tarde e aínda corre en reunións históricas.[3]
Bell terminou segundo no Campionato Europeo de Fórmula 2 de 1970, pilotando un Brabham BT30 para Wheatcroft Racing. En 1972 conseguiu un asento no equipo Tecno de Fórmula Un, xunto con Nanni Galli. Competiu máis adiante varias veces para o equipo Surtees, incluíndo un 6º lugar no Gran Premio dos Estados Unidos de 1970 no que competiu cun Surtees TS7, e que sería o seu mellor resultado no campionato do mundo de Fórmula Un. Disputou algunha carreira máis, e con Surtees en 1974 terminou 11º no Gran Premio de Alemaña de 1974. Gozando máis dos monoprazas máis que dos autos deportivos, aceptou pilotar nas F5000/Libre British Shellsport series e F5000 en 1976-7 nun Penske PC7 March e tamén pilotou alternativamente na F5000 USA e Australia.
Foi nas carreiras de autos deportivos, a que chegou a través dunha unidade de Jacques Swaters nun Ferrari 512M privado nos 1000 km de Spa de 1970, o que o levou as 24 Horas Le Mans de 1970 nunha unidade de Ferrari de fábrica, onde construíu un forte reputación como piloto gañador de clase mundial.
Le Mans
editarBell é moi coñecido por gañar a carreira das 24 Horas de Le Mans cinco veces, en 1975, 1981, 1982, 1986 e 1987. Foi compañeiro do belga Jacky Ickx en 1975, competindo co Gulf Mirage GR8,[4] de novo en 1981, competindo cun Porsche 936, e finalmente en 1982 pilotando un Rothmans Porsche 956. A sociedade de Bell/Ickx é considerada como unha das parellas máis famosas na historia do automobilismo. Bell volveu a gañar en 1986 e 1987 cos copilotos Hans-Joachim Stuck e Al Holbert correndo cun Rothmans Porsche 962.
O seu primeiro Le Mans foi en 1970 nun Ferrari 512 oficial, co seu copiloto Ronnie Peterson, o seu último foi en 1996 pilotando un McLaren F1 GTR. Bell alcanzou a súa máxima velocidade en Le Mans no día de probas de abril de 1971, alcanzando unha velocidade máxima calculada de 395´9 km/h na recta Mulsanne no JW Gulf Porsche 917 LH.JW Gulf Porsche 917LH.[5]
Carreiras en deportivos
editarBell tamén gañou o título do campionato do mundo de Sportscar dúas veces en 1985 e 1986 e as 24 Horas de Daytona tres veces en 1986, 1987 e 1989. Gañou en 1973 3n Silverstone o RAC Tourist Trophy pilotando un BMW 3.0CSL con Harald Ertl. En 1984 gañou os 1000 quilómetros de Nürburgring con Stefan Bellof, competindo cun Porsche 956, cun 4º lugar notable no 1000 quilómetros de Nürburgring competindo cun Gulf GR7 con James Hunt no circuíto longo de 22´8 km.
A súa primeira vitoria nos 1000 km de Spa chegou en 1974 correndo cun Mirage M6 con Mike Hailwood, volvendo a gañar as edicións de 1975 e 1984. En 1975 con Henri Pescarolo, nesta tempada dominou o Alfa Romeo Tipo 33TT12 na vella pista de 14 km. e con Stefan Bellof, no igualmente dominante Porsche 956 de 1984, no circuíto máis curto usado na Fórmula 1. Tamén un de dous pilotos gañadores dos 1000 quilómetros de Spa en ambos circuítos, orixinal e actual, o outro é Jacky Ickx.
Andaina post-carreiras
editarEn 2001 foi contratado como consultor do programa Bentley Speed 8, axudando a Bentley a gañar as 24 Horas de Le Mans dous anos máis tarde. Agora divide o seu tempo entre os Estados Unidos e a súa casa preto de Chichester, Reino Unido, coa súa esposa Misti. É comentarista de automobilismo, participa en carreiras de coches históricos e é embaixador mundial de Bentley. Bell é tamén un socio de Bentley Naples en Naples, Florida, USA.
O seu fillo maior, Justin Bell é tamén corredor. Os dous correron xuntos nas 24 Horas de Daytona de 1991 e nas 24 Horas de Le Mans de 1992.
Derek Bell ten tres fillos, Justin, Melanie e Sebastian e catro netos, Oscar, Tatiana, Oliver e Tallulah.
Rexistro de carreiras
editarResultados completos na Fórmula Un
editar(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | Pos. | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1968 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312/68 | Ferrari V12 | RSA | ESP | MON | BEL | NED | FRA | GBR | ALE | ITA Ret |
CAN | USA Ret |
MEX | NC | 0 | |||
1969 | Bruce McLaren Motor Racing | McLaren M9A | Cosworth V8 | RSA | ESP | MON | NED | FRA | GBR Ret |
ALE | ITA | CAN | USA | MEX | NC | 0 | ||||
1970 | Tom Wheatcroft Racing | Brabham BT26A | Cosworth V8 | RSA | ESP | MON | BEL Ret |
NED | FRA | GBR | ALE | AUT | ITA | CAN | 22º | 1 | ||||
Team Surtees | Surtees TS7 | USA 6 |
MEX | |||||||||||||||||
1971 | Team Surtees | Surtees TS9 | Cosworth V8 | RSA | ESP | MON | NED | FRA | GBR Ret |
ALE | AUT | ITA | CAN | USA | NC | 0 | ||||
1972 | Martini Racing Team | Tecno PA123 | Tecno 12 en liña |
ARX | RSA | ESP | MON | BEL | FRA NSC |
GBR | ALE Ret |
AUT | ITA NSC |
CAN NTS |
USA Ret |
NC | 0 | |||
1974 | Bang & Olufsen Team Surtees | Surtees TS16 | Cosworth V8 | ARX | BRA | RSA | ESP | BEL | MON | SWE | NED | FRA | GBR NSC |
ALE 11 |
NC | 0 | ||||
Team Surtees | AUT NSC |
ITA NSC |
CAN NSC |
USA |
Resultados completos na Fórmula 1 fora do campionato
editar(key)
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1968 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312 | Ferrari V12 | ROC | INT | OUL Ret | |||||
1969 | Scuderia Ferrari | Ferrari 312 | Ferrari V12 | ROC | INT 9 |
MAD | OUL | ||||
1970 | Tom Wheatcroft Racing | Brabham BT26 | Cosworth DFV | ROC NTS |
INT | OUL | |||||
1971 | Tom Wheatcroft Racing | March 701 | Cosworth DFV | ARX 5 |
ROC | ||||||
Motul/Frank Williams Racing Cars | QUE 15 |
SPR | INT | RIN | OUL | VIC |
Resultados completos nas Tasman Series
editarAno | Equipo | Chasis | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | Pos | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1969 | Scuderia Veloce | Ferrari Dino 246T/69 | PUK 4 |
LEV Ret |
WIG 5 |
TER 5 |
LAK 2 |
WAR 2 |
SAN 5 |
4º | 21 |
1970 | Wheatcroft Racing | Brabham BT26 Cosworth | LEV 9 |
PUK 2 |
WIG Ret |
TER NTS |
SUR | WAR | SAN | 10º | 6 |
Resultados completos nas 24 Horas de Le Mans
editarResultados completos na Bathurst 1000
editarAno | Equipo | Co-Pilotos | Coche | Clase | Voltas | Pos. | Clase Pos. |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1977 | Brian Foley Pty Limited | Garry Leggatt | Alfa Romeo 2000 | Up to 2000cc | 150 | 8º | 1º |
1978 | Ron Hodgson Channel 7 Racing | Dieter Quester | Holden LX Torana SS A9X Hatchback | A | 5 | Ret | Ret |
1979 | Brian Foley P/L | Phil McDonnell | Alfa Romeo Alfetta GTV | C | 145 | 9º | 2º |
1980 | Brian Foley Pty Ltd | Phil McDonnell | Alfa Romeo Alfetta GTV 2000 | 1601-2000cc | 16 | Ret | Ret |
1981 | Peter Stuyvesant International Racing | Allan Moffat | Mazda RX-7 | 6 Cylinder & Rotary | 119 | 3º | 1º |
Notas
editar- ↑ AUSringers.com – Hans-Joachim Stuck speaks to AUSringers Retrieved 4 de abril de 2009
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2017. Consultado o 15 de abril de 2017.
- ↑ https://twitter.com/MrDerekBell Twitter account https://twitter.com/MrDerekBell/status/379323628740808705/photo/1
- ↑ http://www.motorsportmagazine.com/archive/article/october-2010/134/one-chassis-five-le-mans
- ↑ Daily Telegraph https://www.youtube.com/watch?v=DQyYDXCr5VY&list=PLJnf_DDTfIVB58U9tPO2vRf5KNv9uohFL Retrieved 6 June 2014
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Derek Bell |