Mazda
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2018.) |
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Mazda (マツダ株式会社 Matsuda Kabushiki-gaisya) é un fabricante de automóbiles do Xapón, con sede principal en Hiroxima. En 2005, produciu case 800.000 automóbiles con vendas no Xapón, Europa, América do Sur e Norteamérica.
Historia da empresa
editarMazda fundouse no Xapón en 1920 como Toyo Cork Kogyo co., Ltd. Orixinalmente fabricaba ferramentas e maquinaria pesada. Pero cambiou á fabricación de vehículos co primeiro modelo, o Mazda-Go en 1931.
O ano 1960 foi o aniversario de Mazda como fabricante de automóbiles. En só unha década, a marca progresou dun vehículo de 16 cabalos (12 kW) a un deportivo cun motor Wankel, o Mazda Cosmo. Mazda entrou no mercado dos Estados Unidos a finais desta década. Na década de 1970 tivo lugar a primeira crise económica de Mazda, que levou a Ford a comprar o 25% da empresa. O primeiro RX-7 lanzado en 1978 debía ser unha poderosa imaxe do liderado de Mazda, pero as súas vendas non remontaron ata principios da década de 1980.
A década de 1980 foi unha transición de Mazda como fabricante consolidado no mercado xaponés a unha parte do imperio global de Ford e a década máis produtiva para Mazda. Os primeiros modelos como o 323 (GLC nos Estados Unidos) ou o 626 foron un éxito rotundo, o 323 foi o coche máis vendido do Xapón por enriba do Toyota Corolla.
Mazda tamén contribuíu á liña de modelos de Ford, como por exemplo o Ford Probe baseado no MX-6. Mazda tamén empezou a deseñar o 626/MX-6 de cara 1988 nos Estados Unidos. Nun principio, a produción iniciouse cunha unión a fondo compartido con Ford chamado AutoAlliance International.
Mazda rematou a década co revolucionario deportivo Mazda MX-5, coche do ano 1989. Este modelo revitalizou o mercado dos deportivos que, dende a década dos 70, tiña que conformarse con coches de competición caros e pesados. A pesar das queixas a imitación que supoñía do Lotus Elan, o Miata foi un éxito dende entón, contando con tres xeracións e converténdose en icona da marca.
Mazda e Ford continuaron coa súa colaboración. En 1994 a serie-B de Mazda separouse nunha versión internacional (deseñada por Mazda) e outra cunha copia do Ford Ranger. En 1998, Mazda e Ford abriron unha fábrica en Thailandia chamada AutoAlliance Thailandia. Seguindo o esquema da fábrica de Hofu, AAT é unha fábrica moi importante para a compañía.
2001 foi un ano moi difícil para Mazda posto que aínda que os novos modelos xa estaban en desenvolvemento, a compañía non tería nada que ofrecer ata mediados de 2003. Unha vez os novos modelos saíron de fábrica, Mazda volveu recuperarse e o Mazda 6, o Mazda RX-8 e o Mazda 3 deron boa fe da súa popularidade e axudaron a cambiar a visión xeral da compañía. En 2004, Mazda superou as vendas do seu rival Mitsubishi Motors.
Modelos actuais
editarTurismos
editarMonovolumes
editarDeportivos
editartodo terreos
editarPick Ups
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Mazda |