Alfred Hitchcock

director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense

Alfred Joseph Hitchcock, nado en Leytonstone (Londres) o 13 de agosto de 1899 e finado no barrio de Bel Air (Os Ánxeles) o 29 de abril de 1980[1], foi un director de cine británico nacionalizado americano, mestre do xénero do thriller de suspense.[2] Tras unha exitosa carreira no cine británico en películas mudas e nas primeiras sonoras, o que o levou a ser considerado o mellor director de Inglaterra, Hitchcock trasladouse a Hollywood en 1939.[3]

Alfred Hitchcock
Alfred Hitchcock NYWTS.jpg
Alfred Hitchcock
Nome completoAlfred Joseph Hitchcock
Alcume/outrosHitchcock
Nacemento13 de agosto de 1899
LugarLeytonstone
Falecemento29 de abril de 1980
LugarBel Air
Causainsuficiencia renal
NacionalidadeReino Unido, Estados Unidos de América e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Relixióncatolicismo
Educado enUniversidade de Londres, Tower Hamlets College e Salesian College
PaiWilliam Hitchcock
Cónxuxe(s)Alma Reville
(1926-1980)
FillosPat Hitchcock
Profesióndirector de cine
Coñecido/a porHitch
O Mestre do Suspense
Na rede
IMDB: nm0000033 Allocine: 1061 Rottentomatoes: celebrity/alfred_hitchcock Allmovie: p94487 10493 Metacritic: person/alfred-hitchcock TV.com: people/alfred-hitchcock
Musicbrainz: 8d7f18e2-5574-46e5-9f47-7fee356f7754 Songkick: 470761 Discogs: 323003 Allmusic: mn0000001543 WikiTree: Hitchcock-961 Find a Grave: 486 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Alfred Hitchcock naceu nunha familia de orixe católica irlandesa humilde. Estudou en colexios católicos de Londres ata que tivo que deixar os estudos para poñerse a traballar. A partir de 1920 traballou facendo rótulos para varios filmes e en 1923 comezou a súa carreira como axudante de dirección e en 1925 dirixiu a súa primeira película, The Pleasure Garden, que resultou un fracaso comercial, o mesmo que a seguinte, The Mountain Eagle. En 1927 co seu primeiro filme de suspense, The Lodger: A Story of the London Fog (1927), foi un éxito de crítica e público. En 1929 dirixiu o primeiro filme sonoro británico, Blackmail. The Man Who Knew Too Much (1934) e The 39 Steps (1935) son frecuentemente considerados os mellores filmes da súa etapa británica.

En 1926 casou con Alma Reville, a quen coñeceu traballando con ela nas súas primeiras películas e que sería a súa man dereita até á fin dos seus días.

Rebecca (1940) foi o primeiro filme da etapa americana de Hitchcock, producida por un David O'Selznik que naquel momento estaba en alza co rotundo éxito de Foise co vento (1939), un melodrama gótico de intriga que gañou o Óscar ó mellor filme. Pero o certo é que os egos de produtor e director chocaron e Hitchcock buscou a vida fóra deses estudios e pasou por MGM, Warner Brothers ou Universal, entre outras.

Entre as súas películas máis celebradas da etapa americana atópanse Vertixe (1958), A ventá indiscreta (1954), Psicose (1960), Coa morte nos talóns (1959) ou Os paxaros (1963), entre outras.

Ademais tamén conduciu o programa para a televisión chamado Alfred Hitchcock Presenta..., onde presentaba curtametraxes de suspense co seu habitual sentido do humor macabro que tanta fama lle deu.

Alfred Hitchcock coa súa peculiar imaxe foi o primeiro "director estrela" da historia do cine até o punto de eclipsar aos actores e actrices dos seus traballos nos carteis promocionais, cousa que nunca antes sucedera.

 
Estrela de Hitchcock no Paseo da Fama de Hollywood.

FilmografíaEditar

Filmes mudosEditar

Filmes sonorosEditar

TelevisiónEditar

NotasEditar

  1. Mogg, Ken. "Alfred Hitchcock". Senses of Cinema. Sensesofcinema.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2010. Consultado o 18 de xullo de 2010. 
  2. "Obituary". Variety (Variety). 7 de maio de 1980. 
  3. Life, 19 de xuño de 1939, p. 66: Alfred Hitchcock: England's Best Director starts work in Hollywood. Acceso o 29 de decembro do 2015

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Leff, Leonard J: The Rich and Strange Collaboration of Alfred Hitchcock and David O. Selznick in Hollywood. University of California Press, 1999
  • Leitch, Thomas: The Encyclopedia of Alfred Hitchcock (ISBN 978-0-8160-4387-3). Checkmark Books, 2002.
  • McGilligan, Patrick: Alfred Hitchcock: A Life in Darkness and Light. Regan Books, 2003.
  • Deutelbaum, Marshall; Poague, Leland (ed.): A Hitchcock Reader. Iowa State University Press, 1986. A wide-ranging collection of scholarly essays on Hitchcock.
  • Durgnat, Raymond: The strange case of Alfred Hitchcock Cambridge, Massachusetts: MIT Press, 1974 OCLC 1233570
  • Durgnat, Raymond; James, Nick; Gross, Larry: Hitchcock British Film Institute, 1999 OCLC 42209162
  • Durgnat, Raymond: A long hard look at Psycho Londres: British Film Institute Pub., 2002 OCLC 48883020
  • Spoto, Donald: The Dark Side of Genius. Ballantine Books, 1983.
  • Sullivan, Jack: Hitchcock's Music. Yale University Press, 2006. ISBN 0-300-11050-2
  • Giblin, Gary: Alfred Hitchcock's London. Midnight Marquee Press, 2006, (Paperback: ISBN 978-1-887664-67-7)
  • Gottlieb, Sidney: Hitchcock on Hitchcock. Faber and Faber, 1995.
  • Truffaut, François: Le Cinéma selon Alfred Hitchcock, Robert Laffont, París, 1966.