Robert Altman

director de cine estadounidense

Robert Bernard Altman, nado o 20 de febreiro de 1925 en Kansas City e finado o 20 de novembro de 2006 nos Ánxeles, foi un director de cinema norteamericano. En 2006, a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas recoñecei o seu traballo cun Premio Honorífico da Academia. Os seus filmes MASH e Nashville foron seleccionados para a súa conservación no Rexistro Cinematográfico dos EUA.

Robert Altman
Robert Altman en Cannes, 1992.
Nome completoRobert Bernard Altman
Nacemento20 de febreiro de 1925
LugarKansas City, Missouri
Falecemento20 de novembro de 2006 (81 anos)
LugarOs Ánxeles (California)
Causaleucemia
SoterradoGlendale
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Educado enWentworth Military Academy and College, Southwest Early College Campus, Rockhurst High School e Southwest High School
FillosRobert Reed Altman
Profesióndirector de cinema (1947 - 2006)
Na rede
http://www.robertaltman.com/
IMDB: nm0000265 Allocine: 1827 Rottentomatoes: celebrity/robert_altman Allmovie: p79456 TCM: 511987 TV.com: people/robert-altman IBDB: 14032
Musicbrainz: fcf85680-9259-4f59-b649-9b3171c0acd4 Discogs: 1487261 WikiTree: Altman-565 Find a Grave: 16729954 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Altman naceu en Kansas City, Missouri, fillo de Bernard Clement Altman e Helen Mathews. De ascendencia alemá, inglesa e irlandesa,[1][2] o seu avó paterno, Frank Altman, Sr., cambiou o apelido de "Altmann" a "Altman".[2] Altman tivo unha estrita educación católica.[3] Estudou no colexio St. Peter's School, en Rockhurst High School e en Southwest High School en Kansas City, e foi logo enviado á academia militar Wentworth Military Academy nos arredores de Lexington, Missouri, onde estivo durante os seus primeiros anos universitarios. En 1943, entrou nas Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos (USAAF), sendo foi copiloto dun bombardeiro B-24 durante a segunda guerra mundial. Durante esta época Altman viu as primeiras luces de Hollywood e namorouse delas. Despois do seu retiro en 1947 mudouse aos Ánxeles e seguiu unha carreira como actor, director e guionista.

Tras varios fracasos como director e dedicarse á dirección de televisión en series como Bonanza ou Alfred Hitchcock Presents, coñeceu o éxito grazas ao filme M*A*S*H (1970), sátira da guerra de Corea que logrou a Palma de Ouro no Festival de Cannes. A partir de aquí desenvolveu unha carreira ascendente que, con subidas e baixadas, o converteu nun dos directores estadounidenses máis orixinais da segunda metade do século XX.

O seu emprego do movemento continuo das cámaras e o cinema coral son referentes no seu estilo e crearon escola.

Filmografía Editar

Notas Editar

  1. Lemons, Stephen. "Robert Altman". Salon.com: 2. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2006. Consultado o 22 de novembro de 2006. 
  2. 2,0 2,1 The Daily Telegraph (22-11-2006). "Robert Altman, 81, Mercurial Director of Masterworks and Flops". The New York Sun. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 22 de novembro de 2006. 
  3. "The Religious Affiliation of Robert Altman". Adherents.com. 28-7-2005. Arquivado dende o orixinal o 04 de febreiro de 2006. Consultado o 22 de novembro de 2006. 

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar