Os sete magníficos

Os sete magníficos (en inglés: The Magnificent Seven) é un filme estadounidense dirixido por John Sturges que se estreou en 1960. É un remake de estilo western baseado no filme de 1954 Os sete samurais, dirixido por Akira Kurosawa. Está protagonizado por Yul Brynner, Steve McQueen, Charles Bronson, James Coburn, Robert Vaughn, Brad Dexter e Horst Buchholz que interpretan a un grupo de pistoleiros contratados para protexer unha pequena vila agrícola de México duns bandidos liderados Calvera (Eli Wallach). A banda sonora foi composta por Elmer Bernstein.

Os sete magníficos
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalThe Magnificent Seven
DirectorJohn Sturges
ProdutorJohn Sturges
GuiónWilliam Roberts
Sen acreditar:
Akira Kurosawa
Shinobu Hashimoto
Hideo Oguni
Walter Newman
Walter Bernstein
IntérpretesYul Brynner
Eli Wallach
Steve McQueen
Horst Buchholz
Charles Bronson
Robert Vaughn
James Coburn
Brad Dexter
MúsicaElmer Bernstein
FotografíaCharles Lang
MontaxeFerris Webster
EstudioThe Mirisch Company
DistribuidoraUnited Artists
Estrea 23 de outubro de 1960
Galicia 11 de xaneiro de 2009 (TVG)
Duración128 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroWestern
Orzamento$2.000.000[1]
Na rede
IMDB: tt0054047 Filmaffinity: 168098 Allocine: 837 Rottentomatoes: m/1013077-magnificent_seven Mojo: magnificentseven Allmovie: vm464022 TCM: 15857 Metacritic: movie/the-magnificent-seven-1960 TV.com: movies/the-magnificent-seven BNE: XX3937603 Netlix: 60011750 Editar o valor en Wikidata

Estreouse en galego na TVG o 11 de xaneiro de 2009.[2]

Sinopse

editar

Os humildes habitantes dunha pequena vila mexicana atópanse a mercede dunha desapiadada banda de foraxidos que constantemente lles esixen un pago polas súas colleitas. Como eles non saben defenderse, deciden contratar os servizos de sete pistoleiros, sete implacables mercenarios cada un cunha habilidade especial no manexo das armas.

Personaxes

editar

Galardóns e nomeamentos

editar
  • 1960: Nomeada ó Oscar: Mellor Banda sonora (Drama ou comedia).
  1. Glenn Lovell, Escape Artist: The Life and Films of John Sturges, University of Wisconsin Press, 2008 p194
  2. "Os sete magníficos na TVG". Diario Siglo XXI. 10 de xaneiro de 2009. Consultado o 20 de agosto de 2013. [Ligazón morta]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar