Sam Peckinpah

David Samuel "Sam" Peckinpah, nado en Fresno (California) o 21 de febreiro de 1925 e finado en Inglewood, tamén California, o 28 de decembro de 1984, foi un director e guionista de cine, teatro e televisión estadounidense. Tivo grande sona polo tratamento da violencia nas súas películas, reinventando xéneros coma o do western, ao que pertence a súa película máis famosa Grupo salvaxe.

Sam Peckinpah
Sam Peckinpah.JPG
Nacemento21 de febreiro de 1925
Lugar de nacementoFresno (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento28 de decembro de 1984 (59 anos)
Lugar de falecementoInglewood (California) Estados Unidos de América Estados Unidos
CausaInsuficiencia cardíaca
NacionalidadeEstadounidense
Alma máterUniversidade do Sur de California, USC School of Cinematic Arts, Fresno High School e Universidade do Estado da Califórnia em Fresno
OcupaciónDirector de cine e guionista
CónxuxeMarie Selland (1947–1960)
Begoña Palacios (1965–1984)
Joie Gould (1971–1972)
PremiosMedalha da Campanha Americana, Medalha de Vitória da Segunda Guerra Mundial e Army of Occupation Medal
Na rede
IMDB: nm0001603 Allocine: 576 Allmovie: p105940 TV.com: people/sam-peckinpah
Discogs: 1735620 WikiTree: Peckinpah-1 Find a Grave: 3153 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Neto dun xefe indio, estudou Dereito e diplomouse en Arte Dramática. Enrolouse no exército antes de entrar en contacto co mundo do cine como axudante de dirección de Donald Siegel en A invasión dos ladróns de corpos. Rachou cos tópicos do Far West na súa incursión no xénero do oeste, impregnando películas como a mencionada Grupo salvaxe ou Maior Dundee dun cariz intelectual e violento. Segundo as súas propias palabras, procurou a verdade no lugar do mito.[1]

Nas súas obras, criticou duramente o concepto do heroe tradicional, aparecendo inmerso nun contexto patético e corrupto, un mundo sufrinte onde o antiheroe está atrapado e condenado. Reflicte a desesperación individual e colectiva no marco dunha sociedade que se destrúe e que só pretende atopar a liberación a través dunha violencia aínda maior. Tecnicamente, o seu pulso cinematográfico e orixinalidade narrativa son notables, así como o seu emprego da cor e as súas sanguentas escenas violentas a xeito de ballet.

FilmografíaEditar

NotasEditar

  1. Non me interesa o mito; só me interesa a verdade. E o mito do Oeste atópase na explotación da xente que ía conseguir terra. Se se quiere facer unha película sobre o Oeste cómpre facela sobre esta xente que ía e tiña terra. E que roubaron e mataron aos "malditos" indios. Pero iso mudeino, ou polo menos espero telo conseguido en The Wild Bunch. Un dos meus propósitos ao realizar esta película era rachar o mito do Far West, en Decine21.com

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar