Santa Bárbara, California

cidade de California
(Redirección desde «Santa Barbara, California»)

Santa Bárbara (en inglés Santa Barbara), é unha cidade do estado de California (Estados Unidos), que é a capital do condado de Santa Bárbara (en inglés, Santa Barbara County). Ademais de ser un popular destino turístico, a economía da cidade comprende outros numerosos servizos: educación, tecnoloxía, atención médica, finanzas, agricultura, manufacturas e goberno local. En 2004 o sector servizos supoñia o 35 % dos empregos da urbe.[1]

Modelo:Xeografía políticaSanta Bárbara, California
Santa Barbara (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aBárbara de Nicomedia Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 34°25′33″N 119°42′51″O / 34.4258, -119.7142Coordenadas: 34°25′33″N 119°42′51″O / 34.4258, -119.7142
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoCalifornia
CondadoCondado de Santa Bárbara, California Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación88.665 (2020) Editar o valor em Wikidata (815,28 hab./km²)
Número de fogares37.806 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaSanta Maria–Santa Barbara metropolitan area (en) Traducir Editar o valor em Wikidata (Poboación:448.229) Editar o valor em Wikidata
Superficie108,753384 km² Editar o valor em Wikidata
Auga53,6127 % (1 de abril de 2010) Editar o valor em Wikidata
Altitude14,9 m Editar o valor em Wikidata
Creación1847 Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoRandy Rowse (pt) Traducir (2022–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal93100–93199, 93100, 93102, 93104, 93107, 93111, 93114, 93118, 93121, 93123, 93126, 93128, 93130, 93133, 93136, 93139, 93141, 93144, 93146, 93149, 93152, 93154, 93161, 93164, 93167, 93170, 93173, 93175, 93177, 93179, 93181, 93185, 93187, 93188, 93190, 93191, 93193, 93196 e 93195 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico805 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Páxina websantabarbaraca.gov Editar o valor em Wikidata
Panorámica da cidade.

A cidade foi fundada como unha misión franciscana por frei Junípero Serra.[2]

Xeografía editar

 
Foto aérea da cidade
 
En vermello, localización da cidade de Santra Bárbara no condado homónimo.
(Á esquerda, situación do condado no estado de Caifornia)

A cidade, situada na costa a unha altitude media de 49 msnm, ocupa unha superficie de 108,75 km².

Segundo o censo de 2010 tiña unha poboación de 88 410 habitantes,[3] polo que, nese ano, a súa densidade de poboación era de 812,94 hab./km². E, en 2018, a súa poboación estimábase en 91 350 habitantes.[4]

Localizada ao noroeste de Os Ánxeles, dista desta cidade aproximadamente 140 km, ao longo da costa do Pacífico.

A área urbana contigua, que inclúe as cidades de Goleta e Carpinteria, xunto coas rexións "non incorporadas" de Illa Vista, Montecito, Mission Canyon, Hope Ranch, Summerland e outras, ten unha poboación aproximada de 220 000 habitantes. O condado do que é capital, situado nunha sección de costa orientada cara ao sur, a sección máis longa da costa oeste dos Estados Unidos, tiña unha poboación 2010 de 423 895 habitantes.[5]

A cidade encóntrase entre as montañas de Santa Ynez e o océano Pacífico. As montañas Santa Ynez percorren o condado, e a cidade, de leste a oeste, e elávanse detrás da cidade con varios cumios que exceden os 1 200 m. Dentro e máis alá das montañas de Santa Ynez, encóntrase Los Padres National Forest (o Bosque Nacional Los Padres), que conténe varias áreas silvestres. O Parque Nacional das illas do Canal e o Channel Islands National Marine Sanctuary (Santuario Mariño Nacional das illas do Canal) encóntranse aproximadamente a 32 km da costa.

Clima editar

O clima de Santa Bárbara a miúdo se describe como de tipo mediterráneo, e a cidade promóvese turisticamente como a "Riviera italiana-americana".[6]

Datos climáticos para Santa Barbara, California (1981–2010)
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °F (°C) 89
(32)
89
(32)
96
(36)
101
(38)
101
(38)
103
(39)
108
(42)
99
(37)
105
(41)
103
(39)
97
(36)
92
(33)
108
(42)
Media máxima en °F (°C) 64,7
(18,2)
65,4
(18,6)
66,1
(18,9)
69,0
(20,6)
69,6
(20,9)
71,2
(21,8)
74,7
(23,7)
76,0
(24,4)
75,1
(23,9)
72,8
(22,7)
68,9
(20,5)
64,7
(18,2)
69,9
(21,1)
Media mínima en °F (°C) 46,4
(8)
48,1
(8,9)
49,8
(9,9)
51,8
(11)
54,6
(12,6)
57,5
(14,2)
60,4
(15,8)
60,4
(15,8)
59,6
(15,3)
56,2
(13,4)
50,3
(10,2)
46,7
(8,2)
53,5
(11,9)
Temperatura mínima en °F (°C) 20
(−7)
27
(−3)
30
(−1)
30
(−1)
36
(2)
42
(6)
44
(7)
46
(8)
38
(3)
34
(1)
28
(−2)
25
(−4)
20
(−7)
Chuvia media polgadas mm) 4,14
(105,2)
4,68
(118,9)
3,59
(91,2)
0,77
(19,6)
0,35
(8,9)
0,09
(2,3)
0,01
(0,3)
0,03
(0,8)
0,29
(7,4)
0,52
(13,2)
1,48
(37,6)
2,63
(66,8)
18,58
(472,2)
Media de días con chuvia (≥ 0.01 in) 6,5 6,3 6,5 2,9 1,4 0,9 0,4 0,5 1,2 1,7 3,8 4,9 37
Fonte: Western Regional Climate Center[7]

Historia editar

Época precolombiana editar

As evidencias de habitación humana da área datan de polo menos hai 13 000 anos. A evidencia dunha presenza paleoindia inclúe un lugar de cultura clovis encontrado na década de 1980 ao longo da costa occidental do actual condado de Santa Bárbara, así como os restos de "Arlington Springs Man", encontrados na illa de Santa Rosa na década de 1960. Estímase que entre 8 000 e 10 000 indíxenas americanos chumash, os primeiros habitantes da zona, que se estableceron en modestas casas de madeira e en covas das montañas Santa Ynez, vivían na costa sur do actual condado no momento das primeiras exploracións españolas.[Cómpre referencia]

Cinco aldeas chumash floreceron en la zona. A área actual do Santa Barbara City College era a vila de Mispu; o lugar de Los Baños pool (ao logo da praia oeste) era a aldea de Syukhtun, o pobo do gran xefe Yanonalit situado entre as rúas Bath e Chapala; Amolomol estaba na desembocadura de Mission Creek, e Swetete, sobre o actual refuxio de aves.[8]

Época española editar

O explorador portugués João Cabrilho, ao servizo do Reino de España, navegou a través do que agora se chama o Canal de Santa Bárbara en 1542, ancorando brevemente na zona. En 1602 navegante e explorador español Sebastián Vizcaíno deulle o nome de "Santa Bárbara" ao canal e tamén a unha das illas do Canal, a illa de Santa Bárbara.[9]

Unha expedición terrestre dirixida por Gaspar de Portolà, primeiro gobernador das Californias (Alta e Baixa), visitou a zona contra 1769, e o misionero franciscano Juan Crespí, que acompañou á expedición, nomeou a unha gran cidade nativa como "Laguna de la Concepción". Porén, o nome anterior de Cabrilho, foi o que sobreviviu.[Cómpre referencia]

Os primeiros residentes europeos permanentes foron misioneiros e soldados españois, baixo Filipe de Neve, que chegou en 1782 para construír o Presidio Real de Santa Bárbara. Foron enviados tanto para fortalecer a rexión contra a expansión doutras potencias como Inglaterra e Rusia, e para converter aos nativos ao cristianismo. Moitos dos soldados españois levaron ás súas familias con eles, e formaron o núcleo da pequena cidade, ao principio só un grupo de construciós de adobe, que rodeaban o Presidio. A Misión de Santa Bárbara estableceuse na festividade de Santa Bárbara, o 4 de decembro de 1786. Foi a décima das Misións de California fundada polos franciscáns españois.[2][10]

A poboación foi fundada o 24 de marzo de 1782 por frei Junípero Serra co nome de Misión y Presidio de Santa Bárbara.[11] O padre Fermín Lasuén sucedieu ao padre Junipero Serra como segundo presidente da Rede de Misións Franciscanas de California.[2] Os padres da Misión comezaron o lento traballo de converter aos nativos chumash ao cristianismo, construíndo unha aldea para eles nos terreos da Misión. Os traballadores chumash construíron unha conexión entre o regato do Cañón e o sistema de condución de augas da Misión de Santa Bárbara mediante unha presa e un acueduto.[12] Durante as seguientes décadas, moitos dos nativos morreron de enfermidades como a varíola, contra a que non tiñan inmunidade natural.[13]

O acontecemento máis dramático do período español foi o gran terremoto de 1812, dunha magnitude estimada de 7,1, e o tsunami conseguinte, que destruíu a Misión e toda a cidade; a auga chegou á altura da actual rúa Anapamu, e levou un barco a unha distancia de media milla ató o Canón Refugio.[14][15] A Misión foi reconstruída en 1820.[2] Despois do terremoto, os padres da Misión decidiron reconstruíla dunha maneira máis grandiosa, e é esta construción a que sobrevive nos nosos días, e a mellor conservada das Misións de California, e que aínda funciona como unha igrexa activa dos franciscanos.[16]

O período español terminou en 1822 co final da Guerra de Independencia de México, que puxo fin a 300 anos de dominio colonial. A bandeira de México izouse no mastro do Presidio, pero só durante 24 anos. Moitos nomes das rúas de Santa Bárbara reflicten este período de tempo. Os nomes de de la Guerra e Carrillo, por exemplo, proveñen de cidadáns desta época, que foron fundamentais na construción da cidade, polo que foron honrados cos nomes destas rúas.[17]

Época mexicana e "Período Rancho" editar

Despois de que o goberno mexicano secularizara as misións na década de 1830, os rexistros de bautizo, matrimonio e enterro das outras misións foron transferidos a Santa Bárbara, e hoxea encóntranse no Arquivo-Biblioteca da Misión de Santa Bárbara.[16]

 
Mapa da negociación da fronteira entre México e os Estados Unidos (1845-1848) como parte da Guerra de Intervención estadounidense en México

Despois da secularización forzada das Misións en 1833, os sucesivos gobernadores mexicanos distribuíron as grandes extensións de terra que anteriormente tiña a Orde franciscana entre varias familias para recompensaren os servizos pretados ou construír alianzas.

Estas concesións de terras a familias notábeis locais marcaron comezo do chamado "Período Rancho" na historia de California e de Santa Bárbara. Fernando Tico foi un dos primeiros poboadores que recibiu concesións de terras na zona. Fernando liderou aos nativos americanos contra os piratas arxentinos no século XIX. A poboación seguía sendo escasa, con enormes explotacións gandeiras (ranchos) dirixidas por familias adiñeiradas. Foi durante este período no que Richard Henry Dana, Jr. visitou por primeira vez Santa Bárbara e escribiu sobre a cultura e a xente do lugar no seu libro Two Years Before the Mast.

Santa Bárbara caeu sen derramamento de sangue ante un batallón de soldados estadounidenses ao mando de John C. Frémont o 27 de decembro de 1846, durante a Guerra dos Estados Unidos-México (Mexican-American War, en inglés, ou Intervención estadounidense en México, como se coñece neste país).

E despois do Tratado de Guadalupe Hidalgo, en 1848, o territorio da ampla Alta California, o territorio de Santa Fe de Novo México, e o da República de Texas, convertéronse en parte duns Estados Unidos en expansión.

Mediados e finais do século XIX editar

 
A State Street en 1880 mirando cara ao norte desde a rúa Canon Perdido
 
Sala Mural (anteriormente Sala de Audiencias da Xunta de Supervisores) dentro do Palacio de Xustiza do condado de Santa Bárbara. Os murais representan a historia de Santa Bárbara. Esta sala utilízase ocasionalmente como sala de audiencias.

Un gran cambio se produciu rapidamente despois da adquisición de Santa Bárbara polos Estados Unidos. A poboación duplicouse entre 1850 e 1860. En 1851, o agrimensor Salisbury Haley deseñou o trazado do plano das rúas en cuadrículas.[18] Construcións de madeira substituíron as de adobe cando os colonos estadounidenses se estableceron alí. Durante os anos da febre do ouro e os seguientes, a cidade converteuse nun refuxio para bandidos e xogadores, e nun lugar perigroso e sen lei. O carismático xogador e bandoleiro Jack Powers tiña o control virtual da cidade a principios da década de 1850, até que foi expulsado por un grupo organizado en San Luis Obispo. O inglés foi gradualmente substituíndo ao español como o idioma da vida cotiá, converténdose no idioma do rexistro oficial en 1870. [19] O primeiro xornal, o Santa Barbara Gazette, foi fundado en 1855.[20]

Aída que a Guerra civil estadounidense tivo poucos efectos en Santa Bárbara, a desastrosa seca de 1863 puxo fin ao "Período Rancho", xa que a maioría do gando morreu e os ranchos dividíronse e vendéronse. Mortimer Cook, un empresario rico, chegou en 1871 e abriu o primeiro banco da cidade. Cook despois exerceu durante dous mandatos como alcalde.[21]

Cook fundou o primeiro National Gold Bank of Santa Barbara en 1873. O edificio de Stearns Wharf en 1872 mellorou a accesibilidade comercial e turística de Santa Bárbara; anteriormente, os bens e os visitantes tiñan que trasladarse desde os barcos de vapor a embarcacións máis pequenas para chegar a terra. Durante a década de 1870, o escritor Charles Nordhoff promoveu a cidade como un centro de saúde e destino para viaxeiros acomodados doutras partes dos Estados Unidos; moitos deles foron alí, e moitos quedaron. O luxoso hotel Arlington data deste período. En 1887 o ferrocarril finalmente chegou até Os Ánxeles e, en 1901, a San Francisco: daquela podíase acceder facilmente a Santa Bárbara por terra e mar, e o desenvolvemento posterior foi rápido.[22]

Peter J. Barber, un arquitecto, deseñou moitas residencias de estilo vitoriano tardío e exerceu dúas veces como alcalde, en 1880 e, novamente, en 1890. Un ano despois do mandato de Barber como alcalde, o presidente Benjamin Harrison foi o primeiro dos cinco presidentes que visitaron Santa Bárbara.[23]

Principios do século XX até a segunda guerra mundial editar

 
Mapa dos campos de petróleo e gas de Santa Barbara.

Xusto antes do comezo do século XX descubriuse petróleo en Summerland, e a rexión ao longo da praia leste de Santa Bárbara brotaron numerosas torres de perforación e plataformas para perforar en mar a fóra. Este foi o primeiro campo petrolífero en mar a fóra do mundo; a extracción de petróleo en mar a fóra converteríase nunha práctica polémica na zona de Santa Bárbara, que continúa até os nostros días.[24]

Santa Bárbara albergou o estudo de cinema máis grande do mundo durante a era do cine mudo. Flying A Studios, unha división da American Film Manufacturing Company, operaba en dúas cuadras da cidade centradas en State e Mission entre 1910 e 1922, en que a industria foi pechando e traladándose a Hollywood cando se saturou esta área, necesitando os recursos dunha empresa máis grande. En Flying A e noutros estudos locais máis pequenos producíronse aproximadamente 1 200 filmes durante a súa permanencia en Santa Bárbara, dos cales aproximadamente 100 sobreviven.[25][26][27]

Durante este período, a Alco Hydro-Aeroplane Company (ou Loughead Aircraft Company) estableceuse na rúa State Street, e probou regularmente hidroavións fronte a East Beach (a praia Leste). Isto foi a xénese do que máis tarde se convertería na Lockheed Corporation.

 
O novo xulgado do condado de Santa Bárbara inaugurouse o 14 de agosto de 1929.

O terremoto de magnitud 6,3 do 29 de xuño de 1925 foi o primeiro terremoto destrutivo en California desde o sismo de San Francisco en 1906, que destruíu gran parte do centro de Santa Bárbara e matou a 13 persoas.[28][29] O terremoto provocou o colapso de infraestruturas, incluído o encoro de Sheffield.[30] O escaso número de mortes atribúese ao momento en que se produciu, pois ao ser na madrugada (6:44 horas), a maioría dos cidadáns non estaban na rúa e non foron vulnerables aos cascallos. Aínda que este terremoto, como o de 1812, estaba centrado na canle de Santa Bárbara, non causou tsunami. Chegou no momento oportuno para a reconstrución, xa que xa estaba en marcha un movemento de reforma e unificación arquitectónica ao redor dun estilo colonial español. Baixo o liderado de Pearl Chase, moitos dos famosos edificios da cidade levantáronse como parte do proceso de reconstrución, incluído o Xulgado do Condado de Santa Bárbara, que foi eloxiado, en ocasións, como o "edificio público máis bonito dos Estados Unidos". Producírase tamén o lamentable suceso ocorrido en 1907, que incluíra un horrible accidente de tren que levou a vida de 32 persoas.[31]

Durante a Segunda guerra mundial, Santa Bárbara tivo no seu porto o fogar da Estación Aérea Santa Bárbara do Corpo Marítimo, e o Centro de Reserva Naval Santa Bárbara. Na costa, ao oeste da cidade, atopábase o Base militar Cooke (a actual base da Forza Aérea de Vandenberg). Na cidade, o Hospital Xeral Hoff tratou a soldados feridos no Pacífico. O 23 de febreiro de 1942, non moito despois do estalido da guerra no Pacífico, o submarino xaponés I-17 saíu ao mar e lanzou 16 bombas no Campo de Petróleo de Ellwood, a uns 10 quilómetros ao oeste de Santa Bárbara, no que foi o primeiro ataque inimigo aos Estados Unidos no continente dende o bombardeo de Orleáns na Primeira guerra mundial. Aínda que o bombardeo era inocuo e só causou danos por valor duns 500 dólares nunha pasarela, o pánico foi inmediato. Moitos residentes en Santa Bárbara fuxiron e o valor da terra caeu a mínimos históricos.

Despois da segunda guerra mundial editar

 
Aeriel view of Santa Barbara Harbor.

Despois da guerra, moitos dos soldados que estiveron en Santa Bárbara de servizo, asentáronse. A poboación aumentou 10.000 persoas entre o final da guerra e 1950. Este forte crecemento tivo consecuencias importantes para a economía e infraestruturas locais. A estrada 101 foi construída pola cidade durante este período e o Encoro de Cachuma, de nova construción, comezou a abastecer auga a través dun túnel cavado polas montañas entre 1950 e 1956.[32]

As relacións locais coa industria do petróleo foron incrementándose durante ese perídoso. A produción en Summerland rematou, Elwood foi esmoecendo e, para atopar novos campos, as compañías petroleiras realizaron unha exploración sísmica da canle utilizando explosivos, unha práctica controvertida que os pescadores locais rexeitaban por entender que prexudicaba as capturas. O desastre culminante, e un dos acontecementos que incentivarron o moderno movemento ecoloxista, foi o estoupido na plataforma A de Union Oil, o 28 de xaneiro. 1969, no Campo de Dos Cuadras, a aproximadamente oito quilómetros ao sueste de Santa Bárbara, na canle de Santa Bárbara. Aproximadamente 100 000 barrís (16 000 m3) de petróleo saíron dunha enorme rotura submarina, verquendo e lixando centos de quilómetros cadrados de océano e toda a costa de Ventura a Goleta, así como as praias orientadas ao norte nas Illas da Canle. Ao ano seguinte, producíronse dúas consecuencias lexislativas por mor do verquido: a Lei de Calidade Medioambiental de California (California Environmental Quality Act, -CEQA-) e a Lei de Política Ambiental Nacional (National Environmental Policy Act -NEPA-). Mentres, a nivel local, cidadáns indignados formaron GOO (Get Oil Out).[33]

A comunidade empresarial de Santa Bárbara esforzouse por atraer o desenvolvemento ata o auxe do movemento anti-crecemento na década de 1970. Moitas industrias "limpas", especialmente as empresas aeroespaciais como Raytheon e Delco Electronics, mudáronse á cidade nos anos 50 e 1960, traendo empregados doutras partes do propio Estados Unidos. UCSB converteuse nun gran empresario. En 1975, a cidade aprobou unha ordenanza que restrinxía o crecemento a un máximo de 85.000 residentes, mediante a zonificación. O crecemento no próximo val de Goleta puidose limitarse ao negar contadores de auga aos emprendedores que solicitaban permisos. Como resultado destes cambios, o crecemento diminuíu, pero os prezos aumentaron drasticamente.[34][35]

Cando os electores aprobaron a conexión ao abastecemento de auga do Estado en 1991, partes da cidade, especialmente as áreas periféricas, retomaron o seu crecemento, pero máis lentamente que durante o período de auxe dos anos cincuenta e sesenta. Aínda que o crecemento máis lento preservou a calidade de vida para a maioría dos residentes e impediu o deslizamento urbano notorio na conca dos Ánxeles, a vivenda na zona de Santa Bárbara escaseaba e os prezos aumentaron: en 2006, só o seis por cento dos residentes podían permitirse un casa de valor mediano. Como resultado, moitas persoas que traballan en Santa Bárbara viaxan desde áreas adxacentes e máis asequibles, como Santa Maria, Lompoc e Ventura. O tráfico resultante das arterias entrantes, en particular o tramo da estrada 101 entre Ventura e Santa Bárbara, é outro problema que as autoridades tiveron que abordar a longo prazo.[36]

Cidades irmandadas editar

A data 1 de febreiro de 2016 Santa Bárbara está irmandada coas seguintes cidades:[37]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. The 2006 Santa Barbara County Economic Outlook.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Santa Barbara. Athanasius.com. Consultada o 10 de febreriro de 2020.
  3. "Santa Barbara (city)". Quick Facts. U.S. Department of Commerce. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2012. Consultado o 6 de febreiro de 2020. 
  4. Population and Housing Unit Estimates Tables. census.gov.
  5. United States Census 2010 Arquivado 12 de febreiro de 2020 en Archive.is.
  6. Horowitz, Joy.
  7. Santa Barbara, California.
  8. Radic, Theo 2002.
  9. Gudde & Bright 2010.
  10. Old Mission Santa Barbara. Our History.
  11. Blessed Junípero Serra (en inglés).
  12. Redmon, Michael (20 de xaneiro de 2015): "The History of Rattlesnake Canyon". Santa Barbara Independent. Consultado o 10 de fenreiro de 2020.
  13. Baker 2004, pp. 12-13.
  14. 1812 California Tsunami Carried a Ship Inland Los ´Angeles Times, 9 de xaneiro de 2005. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
  15. Tompkins 1975, pp. 13-14.
  16. 16,0 16,1 Old Mission Santa Barbara Library and Archives. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
  17. Redmon, Michael (21 de novembro de 2014): "The History Behind Street Names". Santa Barbara Independent. Consultado o 10 de febreiro de 2020.
  18. Tompkins 1983, p. 113.
  19. Baker 2004, p. 34-35.
  20. Baker 2004, p. 39.
  21. Redmon, Michael (10 de decembro de 2014). "Early Banks and Banking in Santa Barbara". Santa Barbara Independent. 
  22. Baker 2004, pp. 56–59, 66.
  23. Redmon, Michael (16 de setembro de 2014). "Theodore Roosevelt visits Santa Barbara". Independent. Consultado o 19 de febreiro de 2020. 
  24. Baker 2004, p. 63.
  25. Tompkins 1976, p. 258.
  26. Baker 2004, p. 72.
  27. Birchard 2007, p. 49.
  28. "Catalog of Santa Barbara Earthquakes". Institute for Crustal Studies, University of California, Santa Barbara. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  29. Southern California Earthquake Data Center. "Significant Earthquakes and Faults, Santa Barbara Earthquake". Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2015. Consultado o 27 de febreiro de 2020. 
  30. "1925 Santa Barbara Earthquake: In Brief". projects.eri.ucsb.edu. Consultado o 27 de febreiro de 2018. 
  31. Redmon, Michael (July 2, 2013). "1907 Train Wreck". Santa Barbara Independent. 
  32. "U.S. Bureau of Reclamation: page on the Lake Cachuma project". Arquivado dende o orixinal o 09 de xuño de 2009. Consultado o 13 de febreiro de 2020. 
  33. Baker, pp. 88–89
  34. Tompkins, 1975, p. 115
  35. Baker, pp. 89–91
  36. Rabin, Jeffrey L.; Kelley, Daryl (1999-04-13). "Slow Growth Movement | `Slow Growth' Has Come at a Cost in Santa Barbara". Los Angeles Times. Consultado o 2012-05-20. 
  37. "Sister Cities Board" (en inglés). Consultado o 6 de febreiro de 2020. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Baker, Gayle (2004). Santa Barbara. Another HarborTown History (en inglés). Santa Bárbara, CA: HarborTown Histories. ISBN 0-9710-9841-7. 
  • Birchard, Robert S. (2007). Silent-Era Filmmaking in Santa Barbara (en inglés). Charleston, South Carolina: Arcadia Publishing. ISBN 0-7385-4730-1. 
  • Graham, Otis L; Bauman, Robert; , Douglas W.; , Victor W. & Murray, Fermina Brel, Robert; Dodd, Douglas W.; Geraci, Victor W.; Murray, Fermina Brel (1994). Stearns Wharf: Surviving Change on the California Coast (en inglés). Os Ánxeles, CA: University of California. ISBN 1-8835-3515-8. 
  • Gudde, Erwin G.; Bright, William (2010). California Place Names: The Origin and Etymology of Current Geographical Names (en inglés). Berkeley, CA: University of California Press. ISBN 978-0-5202-6619-3. 
  • Horowitz, Joy: "Artigo sobre Santa Bárbara no New York Times". En Travel.nytimes.com (en inglés).
  • Radic, Theo (2002): "Syukhtun". Syukhtun Editions.
  • Tompkins, Walter A. (1975). Santa Barbara, past and present: An illustrated history (en inglés). Santa Bárbara, CA: Tecolote Books. ASIN B0006XNLCU. 
  • Tompkins, Walker A. (1976). It happened in old Santa Barbara (en inglés). Santa Bárbara, CA: Santa Barbara National Bank. ASIN B0006WW8LG. 
  • Tompkins, Walker A. (1983). Santa Barbara History Makers (en inglés). Santa Bárbara, CA: McNally & Loftin. ISBN 0-8746-1059-1. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar