TV.com é un sitio web propiedade de CNET Networks. O sitio alberga contido sobre os programas e canles de televisión e tamén alberga información sobre a radio dos Estados Unidos, Reino Unido, Canadá, Australia, Xapón, e de Irlanda. Ofrece unha guía de televisión, noticias, comentarios, fotos, tráileres e anuncios de televisión.

O sitio é parte de CNET Networks Entertainment Family e está afiliado con outros sitios webs (GameFAQs, GameSpot, MP3.com, e FilmSpot).

Os usuarios poden ter unha páxina de usuario persoal no sitio web e unha lista de seguimento. Os usuarios poden contribuír á web mediante a adición de información sobre os últimos detalles de episodios xa emitidos.

TV.com proporciona descricións, unha listaxe de programas emitidos en televisión. Nestas guías pódense atopar sinopses, notas, curiosidades, citas etc. Esta información depende da cantidade que acheguen os mesmos usuarios.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar