Abrir o menú principal

Tódolos homes do presidente

filme de 1976 dirixido por Alan J. Pakula

Tódolos homes do presidente (en inglés: All the President's Men) é un filme estadounidense de 1976 dirixido por Alan J. Pakula e protagonizado por Robert Redford, Dustin Hoffman, Jack Warden, Jason Robards, Martin Balsam, Hal Holbrook e Jane Alexander nos papeis principais.

All the President's Men
Ficha técnica
Título orixinalTódolos homes do presidente
DirectorAlan J. Pakula
ProdutorWalter Coblenz
GuiónWilliam Goldman
Baseado enAll the President's Men, de Carl Bernstein e Bob Woodward
IntérpretesRobert Redford
Dustin Hoffman
Jack Warden
Martin Balsam
Hal Holbrook
Jason Robards
MúsicaDavid Shire
FotografíaGordon Willis
MontaxeRobert L. Wolfe
EstudioWildwood Enterprises
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea9 de abril de 1976
Duración138 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento1,5 millóns de dólares
Recadación70,6 millóns de dólares[1]

Baseada no libro homónimo de Bob Woodward e Carl Bernstein publicado en 1974, relata a historia da investigación xornalística que conduciuo ao famoso "escándalo Watergate", que obrigou a Richard Nixon a dimitir como presidente dos Estados Unidos de América.

En 2010 o filme foi considerado "cultural, histórica e esteticamente significativo" pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América e seleccionado para a súa preservación no National Film Registry.

Foi emitido na TVG o 20 de marzo de 1992.[2]

Índice

ArgumentoEditar

Os xornalistas de The Washington Post, Carl Bernstein e Bob Woodward investigan un asunto de carácter político que aparentemente ten pouca importancia. Ao ver que nomeados avogados están traballando no caso, danse de conta de que detrás de todo iso pode haber algo moito máis importante. Intensifican as súas averiguacións seguindo todas as pistas que se van abrindo ante eles, ata que consegue a colaboración dun confidente. Ao final destapan un asunto sucio que implica a Casa Branca, e con iso ao mesmo presidente da nación.

A trama abrangue ademais dos sucesos políticos acontecidos durante o escándalo Watergate as discusións dos xornalistas cos seus xefes sobre a forma en que deben tratar as novas, as consecuencias de revelar graves actos ilegais dos asesores presidenciais, e as peripecias vividas por Bernstein e Woodward para sustentar os sseus informes e artigos.

A narración acaba abruptamente co xuramento de Nixon como presidente reelecto o 20 de xaneiro de 1973. Para non omitir a verdadeira conclusión da historia (a renuncia de Nixon en agosto de 1974), os sucesos posteriores en xaneiro de 1973 nárranse mediante notas mecanografadas de estilo xornalístico, filmados nas escenas finais. A última nota redúcese a dar conta da renuncia de Richard Nixon o 9 de agosto de 1974 e a asunción ao mando de Gerald Ford esa mesma data.

Diferenzas entre o libro e o filmeEditar

A diferenza do libro, o filme só cobre os primeiros sete meses do escándalo de Watergate, dende o momento da incursión no edificio Watergate (xullo de 1972) ata a toma de posesión de Richard Nixon en 1973. Pola contra, o libro cobre os sucesos dende a incursión no edificio Watergate ata xuño de 1973, cando se revela a existencia dun sistema de gravacións secretas dentro da Casa Branca en abril de 1973.

Nin o libro nin o filme relatan os acontecementos posteiores ocorridos durante a investigación do Senado contra o presidente Nixon nin a renuncia deste. Non obstante, no filme sálvanse estas omisións nunhas poucas escenas, revelando o efecto "bóla de neve" provocado por Woodward e Bernstein, e describindo de forma breve pero directa a forma en que terminou o escándalo Watergate.

ElencoEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar