Groucho Marx
Groucho Marx, nado en Nova York o 2 de outubro de 1890 e finado nos Ánxeles (California) o 19 de agosto de 1977, foi un actor e comediante e escritor estadounidense.
Groucho Marx | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Groucho Marx | |||||||
Nome completo | Julius Henry Marx | ||||||
Alcume/outros | Groucho Marx | ||||||
Nacemento | 2 de outubro de 1890 | ||||||
Lugar | Nova York, ![]() | ||||||
Falecemento | 19 de agosto de 1977 | ||||||
Lugar | Os Ánxeles ![]() | ||||||
Causa | pneumonía | ||||||
Soterrado | Eden Memorial Park Cemetery | ||||||
Nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||
Relixión | xudaísmo | ||||||
Pai | Sam Marx | ||||||
Nai | Minnie Schoenberg Marx | ||||||
Cónxuxe(s) | |||||||
Fillos | Arthur Marx, Miriam Marx e Melinda Marx | ||||||
Profesión | actor, comediante e escritor | ||||||
Coñecido/a por | Groucho Marx | ||||||
| |||||||
Na rede | |||||||
http://marx-brothers.org/living/groucho.htm | |||||||
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||||||
[ editar datos en Wikidata ] | |||||||
TraxectoriaEditar
Naceu como Julius Henry Marx en Nova York, fillo de Minnie Schoemberg, inmigrante alemá cuxos pais rexentaban unha compañía de cómicos ambulantes, e de Sam Marx, de orixe francesa.
Marx debutou no mundo do espectáculo aos 15 anos como cantante solista. Pasado algún tempo comezou a actuar xunto aos seus irmáns no vodevil, primeiro en tríos ou cuartetos musicais e finalmente en revistas. A obra The Cocoanuts, interpretada de 1925 a 1928, deu aos Marx a súa oportunidade en Broadway. A raíz deste éxito, e tras esquecer a súa infrutuosa rodaxe dunha primeira e perdida película muda no ano 1921 (Humor Risk), asinaron tamén un acordo coa Paramount, coa que fixeron varias películas, como The Cocoanuts, Horse Feathers e Duck Soup, entre outras.
Tras saír da Paramount, e grazas ao novo xenio Irving G. Thalberg, os irmáns Marx comezaron a traballar coa Metro Goldwyn Mayer, de onde saíron películas como Unha noite na ópera e A Day at the Races. Na década de 1950 cada un dos tres irmáns continuou traballando independentemente na radio, na televisión e no cine, sendo Groucho o que obtivo máis éxito, grazas á súa faceta como escritor e sobre todo grazas ao seu famosísimo programa televisivo You Bet Your Life, co que se fixo realmente famoso nos Estados Unidos entre unha xeración de persoas que nunca o viran no teatro e que apenas o coñecían dalgunha das súas vellas películas.
Marx faleceu nos Ánxeles a causa dunha pneumonía, deixando atrás tres ex-esposas, Ruth, Kay e Eden, tres fillos, Arthur, Miriam e Melinda, 18 películas, 14 delas xunto aos seus irmáns (unha delas perdida), e millóns de admiradores. Unha das súas célebres frases foi: "Nunca pertencería a un club que admitise como socio alguén coma min".
Groucho Marx foi incinerado, as súas cinzas gárdanse no Eden Memorial Park, sendo falso o epitafio "Perdoen que non me levante", que popularmente se cre que está na súa tumba.
FilmografíaEditar
- Humor risk (1921)
- The Cocoanuts (1929)
- Animal Crackers (1930)
- The House that Shadows Built (1931)
- Monkey Business (1931)
- Horse Feathers (1932)
- Duck Soup (1933)
- Unha noite na ópera (1935)
- A Day at the Races (1937)
- Room Service (1938)
- At the Circus (1939)
- Go West (1940)
- The Big Store (1941)
- The Big Store (1946)
- Love Happy (1949)
- The Story of Mankind (1957)
Véxase taménEditar
A Galicitas posúe citas sobre: Groucho Marx |
Ligazóns externasEditar
- Groucho-Marx.com - Páxina Web de fans
- Groucho Marx at Marx-Brothers.org