Abrir o menú principal

Harpo Marx

artista de vodevil e actor norteamericano

Adolph Arthur Marx, máis coñecido coma Harpo Marx, (23 de novembro de 188828 de setembro de 1964) foi un dos Irmáns Marx, un grupo de Vodevil e artistas do Teatro de Broadway que despois se fixeron famosos en todo o mundo polas súas intervencións no cinema. Era ben coñecido polos seguintes trazos: nunca falaba, tocaba a arpa e empregaba para comunicarse cos demais asubíos e tamén unha bucina.

Harpo Marx
Harpo Marx.jpg
Nome completoAdolph Marx
Alcume/outrosHarpo Marx
Nacemento23 de novembro de 1888
LugarNova York
Falecemento28 de setembro de 1964
LugarOs Ánxeles
CausaInfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Etniaxudeus estadounidenses
PaiSam Marx
NaiMinnie Marx
Cónxuxe(s)Susan Fleming
Profesiónguionista, actor de cinema, mimo, actor de televisión e actor de teatro
editar datos en Wikidata ]
Chico, Groucho e Harpo en 1948.

En xaneiro de 1910, Harpo únese a dous dos seus irmáns, Julius e Herbert, para formar "The Three Nightingales". Harpo deixou de falar en escena a raíz dunha crítica que lles fixeron nun xornal, a cal se refería ao seu bo traballo xestual e de caracterización, e que este se botaba a perder cando falaba.

Na súa autobiografía sinala que a súa nai Minnie Marx foi quen lle regalou unha arpa e ós poucos comezou a tocala nos escenarios. A súa formación musical, coma a seus irmáns, era autodidacta.

Pouco antes de comezar a Segunda Guerra Mundial trocou o seu nome polo de Arthur, xa que consideraba de Adolph soaba "moi alemán".

Harpo apareceu, en solitario no filme Too Many Kisses, catro anos antes do debut no cinema dos Irmáns Marx. Aquí aparece a única frase que dixo diante dunha cámara. Mais o filme era mudo e único que o público puido ver foi a Harpo movendo os beizos e unha liña de subtítulos que dicía: "You sure you can't move?" (Seguro que non te podes mover?).

Harpo casou coa actriz Susan Fleming o 28 de setembro de 1936. A parella chegou a adoptar catro nenos: Bill, Alex, Jimmy e Minnie.

En 1961 publica a súa autobiografía, Harpo Fala.

Harpo Marx morreu o 28 de setembro de 1964, á idade de 75 anos.

Seguindo a súa vontade, a súa arpa foi doada ao estado de Israel.

Carreira coma actorEditar

Véxase Irmáns Marx.

Véxase taménEditar