Orson Welles

George Orson Welles, nado en Kenosha (Wisconsin) o 6 de maio de 1915 e finado en Hollywood (California) o 10 de outubro de 1985, foi un actor, director, guionista e produtor cinematográfico estadounidense.

Orson Welles
Orson Welles 1937 cr3-4.jpg
Orson Welles con vinte e dous anos
Nome completoGeorge Orson Welles
Nacemento6 de maio de 1915
Lugar de nacementoKenosha
Falecemento10 de outubro de 1985
Lugar de falecementoOs Ánxeles
Causainfarto agudo de miocardio
SoterradoRonda
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixióncristianismo e ateísmo
Alma máterTodd Seminary for Boys e School of the Art Institute of Chicago
Ocupaciónactor de cinema, director teatral, director de cinema, produtor de cinema, montador, guionista, libretista, actor de xénero, dramaturgo, locutor de radio, mágico, actor de teatro, produtor de teatro, actor de televisión, actor de dobraxe, actor e realizador
PaiRichard Head Welles
NaiBeatrice Ives Welles
CónxuxeRita Hayworth, Paola Mori e Virginia Nicolson
FillosBeatrice Welles e Rebecca Welles
PremiosÓscar ó mellor guión orixinal, Prémio AFI Life Achievement, Óscar Honorífico, Palma de Ouro, León de Ouro, National Board of Review Award for Best Film, star on Hollywood Walk of Fame e comendador da Lexión de Honor
Na rede
IMDB: nm0000080 Allocine: 989 Rottentomatoes: celebrity/orson_welles Allmovie: p116368 119503 TV.com: people/orson-welles IBDB: 7963
Spotify: 3OMNuqaefKpUsINmjY7Hlq Musicbrainz: cc98a7f6-1c7f-436b-b7f8-60ef310edd52 Songkick: 214527 Discogs: 236639 WikiTree: Welles-458 Find a Grave: 3587 Genius: Orson-welles Editar o valor em Wikidata
Orson Welles signature.svg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Beatrice Ives e de Richard Head Welles, en 1918 participa como actor nunha representación da ópera Samson and Delilah.

Aos 18 anos, Welles comezou a traballar no teatro en Irlanda. Logo trasladouse a Nova York, onde debutou ao ano seguinte en Broadway coa representación de Romeo e Xulieta. Fundou posteriormente a compañía de teatro Mercury Theatre, coa que obtivo grande éxito. En 1938, xunto con varios colegas da súa compañía, representou por radio, na cadea CBS, unha adaptación da obra de H. G. Wells A guerra dos mundos. O realismo foi tal que a emisión causou auténtico pánico en Nova Jersey, onde segundo a obra tiña lugar a invasión dos extraterrestres. Este episodio deulle fama mundial, e levou a RKO Pictures a contratalo en 1939 con plena liberdade para escribir, producir e dirixir.

Posteriormente, Welles convenceu ao guionista Herman J. Mankiewicz para escribiren unha historia baseada na vida de William Randolph Hearst, magnate da prensa, propietario de dous importantes xornais. Tras uns retoques que el mesmo realizou no guión, Welles dirixiu a película co título de Cidadán Kane. Hearst tentou prohibir a proxección, pero estreouse en 1941 con grande éxito de crítica, aínda que non de recadación, debido ás trabas que tivo na distribución, promovidas por Hearst.

Actor prolífico, Welles a miúdo valíase do seu traballo de actor para financiar os seus proxectos como director. Foi un dos directores de maior talento da historia do cine, Cidadán Kane, no seu momento e agora, representou (e representa) un prodixio da técnica e narrativa cinematográfica. O plano secuencia inicial (unha toma ininterrompida de varios minutos) de Sede de mal amosa un dominio da posta en escena e organización dos movementos como só un cineasta da súa categoría podía conseguir. Mesmo obras menores coma O estraño presentan pegadas do seu grande talento.

En ocasións é difícil establecer a cronoloxía exacta da súa filmografía debido ás películas que iniciou e non puido rematar por falta de financiamento.

Filmografía parcial como directorEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar