Dolores del Río
María de los Dolores Asúnsolo López-Negrete, nada en Victoria de Durango o 3 de agosto de 1905 e finada en Newport Beach o 11 de abril de 1983, foi unha actriz mexicana coñecida como Dolores del Río. A súa carreira de máis de cincuenta anos deulle gran recoñecemento internacional, sendo considerada a primeira estrela latinoamericana en Hollywood[1][2][3] cunha destacada participación no cinema estadounidense nas décadas de 1920 e 1930. Tamén está considerada unha das actrices máis importantes da era de ouro do cinema mexicano nas décadas de 1940 e 1950.[4]
Dolores del Río | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 3 de agosto de 1904 |
Victoria de Durango | |
Falecemento | 11 de abril de 1983 |
Newport Beach | |
Causa | insuficiência hepática |
Soterrada | Rotonda de las Personas Ilustres |
Nacionalidade | México |
Etnia | Mexicanos e White Latin American |
Ocupación | cantante, bailarina, actriz de teatro, actriz de cinema, actriz de televisión, modelo e actriz |
Cónxuxe | Cedric Gibbons |
Premios | Ariel Award for Best Actress, Ariel Award for Best Actress, Ariel Award for Best Actress e Golden Ariel |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi educada no Convento de San Xosé, en México, e pola súa bela voz,os seus pais enviárona a aprender canto en París e despois en Madrid. Debutou no cinema en 1925 acadando a popularidade debido á súa fascinante e vigorosa personalidade.
Foi a precursora do uso de traxes de baño de dúas pezas no cinema en 1933, no primeiro filme protagonizado por Fred Astaire. Non obstante, a actriz afirmou que os produtores e directores norteamericanos non lle daban papeis interesantes e que só ao volver a México ao final da década de 1940, tivo súas mellores oportunidades.
Era dunha beleza moi destacada e mesmo aos setenta anos, apenas tiña engurras. A súa pel lisa e o brillo dos cabelos sempre provocaron envexa nas grandes estrelas de Hollywood. Dicía que o segredo da súa xuventude era durmir de 10 a 12 horas cada día, non bebel alcol, non comer alimentos graxos e unha vez por semana alimentarse só de cenouras, zume de laranxa e limón.
En 1946, xa en México, tivo o seu maior éxito no cinema, María Candelaria que recibiu o premio ao mellor filme no Festival de Cannes.
FilmografíaEditar
- Joanna (1925)
- What Price Glory? (1926)
- Resurrection (1927)
- The Loves of Carmen (1927)
- Ramona (1928)
- Evangeline (1929)
- Ave do paraíso (1932)
- Flying Down to Rio (1933)
- Wonder Bar (1934)
- Madame Du Barry (1934)
- In Caliente (1935)
- Accused
- Devil's Playground (1937)
- Journey Into Fear (1943)
- Flor silvestre (1943)
- María Candelaria (1943)
- Las Abandonadas (1944)
- Bugambilia (1944)
- La otra (1946)
- The Fugitive (1947)
- La malquerida (1949)
- Doña Perfecta (1951)
- El niño y la niebla (1953)
- La cucaracha (1959)
- Flaming Star (1960)
- Cheyenne Autumn (1964)
- Casa de mujeres (1967)
- The Children of Sanchez (1978)
NotasEditar
- ↑ Hall, Linda (2013). Dolores del Río: Beauty in Light and Shade. Stanford University Press. p. 3. ISBN 9780804786218.Film International: The First Latina to Conquer Hollywood Arquivado 2014-06-25 en Wayback Machine., Filmint.nu; conslutado o 19 de xullo de 2016.
- ↑ The Face of Deco: Dolores Del Rio Arquivado 2016-01-07 en Wayback Machine., Screendeco.wordpress.com,18 de maio de 2012.
- ↑ Dolores del Río biodata Arquivado 2015-07-26 en Wayback Machine., TCM.com; consultado o 19 de xullo de 2016.
- ↑ Zolov, Eric (2015). Iconic Mexico: An Encyclopedia from Acapulco to Zócalo. New York. p. 260. ISBN 9781610690447. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2017.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dolores del Río |
A Galipedia ten un portal sobre: Cine |
Ligazóns externasEditar
- Dolores del RíoArquivado 21 de xuño de 2015 en Wayback Machine. at the Cinema of Mexico site of the ITESM Modelo:In lang
- Dolores del Río profile, Virtual-History.com
- Dolores del Río en Find a Grave (en inglés)
- The Dolores del Rio mural 1990 by artist Alfredo de Batuc, 6529 Hollywood Boulevard + Hudson St, Los Angeles, California Arquivado 29 de xullo de 2020 en Wayback Machine.
- Dolores del Rio statue on Hollywood-La Brea Boulevard
- Photographs of Dolores del Rio