O estraño
O estraño[3] (en inglés: The Stranger) é un filme estadounidense de 1946 dirixido por Orson Welles. Está protagonizado por Edward G. Robinson, Loretta Young e Orson Welles. Foi o primeiro filme noir de Welles[4] e conta a historia dun investigador de crimes de guerra que busca un fuxitivo nazi nunha vila de Connecticut. É o primeiro filme de Hollywood en presentar material documental do Holocausto. A historia orixinal de Victor Trivas foi nomeada aos Premios Óscar.
O estraño | |
---|---|
![]() Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Stranger |
Director | Orson Welles |
Produtor | Sam Spiegel |
Guión |
|
Intérpretes |
|
Música | Bronisław Kaper |
Fotografía | Russell Metty |
Montaxe | Ernest J. Nims |
Estudio | International Pictures |
Distribuidora | RKO Radio Pictures |
Estrea | ![]() |
Duración | 95 minutos |
Orixe | ![]() |
Xénero | Noir |
Orzamento | 1,034 millóns de dólares[1] |
Recadación | 3,22 millóns de dólares[1] 931,868 admissions (France)[2] |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Estreouse subtitulado en galego o 15 de xullo de 1995 a través da TVG.[5]
Sinopse
editarWilson é un membro da comisión de crimes de guerra que está a buscar a Franz Kindler, un dos cerebros do holocausto, que borrou o rastro da súa identidade. Para atopalo, Wilson segue un antigo camarada de Kindler chamado Meinike ata Harper, Connecticut, onde este último é asasinado por Kindler antes de que Wilson poida identificalo. A única pista que lle queda é a fascinación do criminal nazi polos reloxos antigos.
Personaxes
editar- Edward G. Robinson como Mr. Wilson
- Loretta Young como Mary Longstreet Rankin
- Orson Welles como Franz Kindler/Profesor Charles Rankin
- Philip Merivale como Xuíz Adam Longstreet
- Richard Long como Noah Longstreet
- Konstantin Shayne como Konrad Meinike
- Byron Keith como Dr. Jeffrey Lawrence
- Billy House como Mr. Potter
- Martha Wentworth como Sara
- Isabel O'Madigan como Mrs. Lawrence
- Pietro Sosso como Mr. Peabody
- Erskine Sanford como Party Guest
- Theodore Gottlieb como Farbright
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Thomson, David (1996). Rosebud: The Story of Orson Welles. Nova York: Alfred A. Knopf. p. 268. ISBN 9780679418344.
- ↑ Orson Welles box office information in France at Box Office Story
- ↑ O estraño
- ↑ Steve-O. "The Stranger (1946)". Film Noir of the Week. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ Versión en galego (ed.). "O extraño na TVG". Consultado o 20 de agosto de 2021.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: O estraño |
Ligazóns externas
editar- O estraño na IMDb (en inglés).
- Ficha en AllMovie (en inglés)