Badaladas a medianoite

filme de 1965 dirixido por Orson Welles

Badaladas a medianoite (en inglés: Falstaff (Chimes at Midnight)) é un filme hispano-suízo[2] de 1966 dirixido e protagonizado por Orson Welles. Estreouse nos Estados Unidos baixo o título Chimes at Midnight e na maior parte de Europa como Falstaff. A trama da película céntrase no personaxe recorrente de William Shakespeare Sir John Falstaff e na relación pai-fillo que mantén co Príncipe Hal, quen debe escoller entre a lealdade ao seu pai, o rei Henrique IV, ou Falstaff.

Badaladas a medianoite
Falstaff-1967-Poster.jpg
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalFalstaff (Chimes at Midnight)
DirectorOrson Welles
Produtor
GuiónOrson Welles
Baseado en
Intérpretes
MúsicaAngelo Francesco Lavagnino
FotografíaEdmond Richard
MontaxeFrederick Muller
Estudio
  • Internacional Films Española
  • Alpine Productions
DistribuidoraPeppercorn-Wormser Film Enterprises (USA)
EstreaFestival de Cannes: 8 de maio de 1966
Suíza 17 de novembro de 1966
Duración119 minutos
OrixeEspaña España
Suíza Suíza
XéneroDrama e comedia
Orzamento800 000 dólares
Recadación516 762 entradas (Francia)[1]
Na rede
IMDB: tt0059012 Filmaffinity: 926968 Allocine: 3912 Rottentomatoes: m/chimes_at_midnight_1965 Allmovie: v9321 TCM: 70831 TV.com: movies/chimes-at-midnight-1965 Editar o valor em Wikidata

Welles dixo que o núcleo da historia do filme era "a traizón á amizade". Está protagonizada por Welles como Falstaff, Keith Baxter como Príncipe Hal, John Gielgud como Henrique IV, Jeanne Moreau como Doll Tearsheet e Margaret Rutherford como Mistress Quickly. O guión contén texto de cinco obras de Shakespeare; principalmente Henry IV, Part 1 e Henry IV, Part 2, mais tamén Richard II, Henry V e The Merry Wives of Windsor. A narración de Ralph Richardson está tomada dos traballos do cronista Raphael Holinshed.

PersonaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar