Charlton Heston
actor estadounidense
Charlton Heston, nado como John Charles Carter en Wilmette (Illinois) o 4 de outubro de 1924 e finado en Beverly Hills (California) o 5 de abril de 2008, foi un actor estadounidense de cinema.
Charlton Heston | |
---|---|
![]() Charlton Heston en 1963 durante a Marcha sobre Washington polo traballo e a liberdade. | |
Nome completo | John Charles Carter |
Nacemento | 4 de outubro de 1924 |
Lugar | Wilmette (Illinois) |
Falecemento | 5 de abril de 2008 (83 anos) |
Lugar | Beverly Hills (California) |
Causa | pneumonía e leucemia |
Soterrado | California |
Nacionalidade | Estadounidense |
Relixión | Igrexa episcopal nos Estados Unidos |
Educado en | Universidade Northwestern e Northwestern University School of Communication |
Pai | Russel Whitford Carter |
Nai | Lila Charlton |
Cónxuxe(s) | Lydia Clarke |
Fillos | Fraser Clarke Heston |
Profesión | Actor, director, activista |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Acadou sona principalmente pola súa actuación nos filmes Ben-Hur (co que obtivo o Oscar ao mellor actor en 1959), Xulio César (1950 e 1970), Os dez mandamentos (1956, onde fai o papel de Moisés), El Cid (1961, onde fai o papel de Don Rodrigo Díaz de Vivar) e O planeta dos simios (1968).
Filmografía Editar
- Xulio César (1950)
- O maior espectáculo do mundo (1952)
- Camiños enfrontados (1953)
- The Naked Jungle (1954)
- Os dez mandamentos (1956)
- Touch of Evil (1958)
- Horizontes de grandeza (1958)
- Ben-Hur (1959)
- El Cid (1961)
- 55 días en Pequín (1963)
- O planeta dos simios (1968)
- Xulio César (1970)
- Tombstone, a lenda de Wyatt Earp (1993)
- Planet of the Apes (2001)