Abrir o menú principal

Planet of the Apes (filme de 2001)

Planet of the Apes é un filme estadounidense dirixido por Tim Burton que foi estreado no 2001. É un remake do filme de 1968 O planeta dos simios que á súa vez está baseado na novela de Pierre Boulle La planète des singes. Está protagonizado por Mark Wahlberg, Tim Roth, Helena Bonham Carter, Michael Clarke Duncan, Paul Giamatti, Estella Warren, Cary-Hiroyuki Tagawa, David Warner e Kris Kristofferson. Estreouse o 27 de xullo de 2001. Como parte do elenco, dous actores principais da película orixinal de 1968 aparecen nesta versión: Linda Harrison (orixinalmente Nova) fai un cameo, e Charlton Heston (orixinalmente coronel Taylor) actúa nun papel menor ao longo de toda a película.

O planeta dos simios
Ficha técnica
Título orixinalPlanet of the Apes
DirectorTim Burton
ProdutorRichard D. Zanuck
Ralph Winter
GuiónWilliam Broyles, Jr.
Lawrence Konner
Mark Rosenthal
Baseado enPlanet of the Apes de Pierre Boulle
IntérpretesMark Wahlberg
Tim Roth
Helena Bonham Carter
Michael Clarke Duncan
Paul Giamatti
Estella Warren
MúsicaDanny Elfman
FotografíaPhilippe Rousselot
MontaxeChris Lebenzon
Joel Negron
Distribuidora20th Century Fox
Estrea2001
Duración119 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroFicción científica
Orzamento$100 000 000[1]
Recadación$362 211 740

Dirixiuna Tim Burton. Os críticos e fans da saga anterior rexeitaron o filme. Especialmente polo final, onde Burton tratou de imitar o efecto que tivo o final da súa predecesora, creando un xiro inesperado, pero que non tivo o efecto esperado. Nos comentarios de Burton no DVD da película, o director suxire que o final tivo a intención de ser unha secuencia de suspense que enganchase á audiencia, para que devandita escena fose resolta nunha secuela da película, pero que debido á non tan grata recepción que tivo este filme, dita secuela nunca se materializou. Debe facerse notar, que o final do remake é en realidade moito máis próximo ao que o libro orixinal describía.

Antes da realización do filme, Tim Burton fixo patente o seu desexo de reimaxinar os outros filmes da serie dos simios. Quizais isto tamén influenciou a súa decisión de acudir ao compositor Danny Elfman para que realizase a música da película. Elfman produciu un soundtrack poderoso para a cinta de Tim Burton, salientando coa súa música a natureza bárbara dos simios e o seu planeta.

ArgumentoEditar

Ano 2029. Unha estación espacial leva no seu interior varias gaiolas con monos usados como astronautas. Un deles, un chimpancé chamado Pericles, é enviado a explorar unha tormenta electromagnética, pero comete un erro de operación e a súa nave pérdese. Logo de estrelarse ao aterrar nun planeta descoñecido ao intentar rescatar a nave perdida e ao chimpancé Pericles, o impetuoso astronauta Leo Davidson (Mark Wahlberg), atópase atrapado nun mundo salvaxe, onde simios parlantes dominan á raza humana. Os humanos son humillados e maltratados polos simios por consideralos seres inferiores e desprezables, sometidos á escravitude. Desesperado por atopar unha forma de volver a casa, Leo debe evadir o invencible exército de gorilas, liderada polo desapiadado Xeneral Thade (Tim Roth), quen acurrala ao astronauta ata un templo que contén os segredos do pasado dos propios simios. O astronauta extraviado fai numerosos intentos por establecer contacto coa súa estación espacial, e os sinais de contacto lévano a el e aos simios rebeldes que o acompañaban na súa fuga, a un estraño lugar chamado polos simios "Calima", lugar no que supostamente chegara o primeiro simio, de nome "Semos" que colonizou o planeta. Estando en "Calima", Leo descobre que ese nome non é máis que o resultado de fragmentos dun letreiro que dicía "Caution live animals", polo que se dá conta de que non é ningunha cidade sacra ou templo senón nada menos que os restos da estación espacial da que el mesmo partira, e os seus amigos foran a buscalo.

Ao pór a funcionar a bitácora da estación, Leo decátase de que en realidade, ao ir rescatar ao chimpancé Pericles, atravesou unha barreira de tempo de maneira que, para o momento en que descubriu os restos da estación espacial, xa pasaran moitos anos desde que os seus compañeiros da estación caeran por accidente no planeta dos simios tratando de salvalo. Polo cal, tamén se dá conta de que a raza de simios era descendente dos animais que el e os seus compañeiros astronautas levaban na estación espacial. Ao ser acurralado polo exército de simios xunto con outros humanos que vivían en forma completamente primitiva, Leo é salvado pola chegada do chimpancé Pericles, que estrañamente apareceu tripulando a mesma pequena nave na que se perdeu. Os simios de xeito inxenuo creron que ese chimpancé era o seu deus Semos que regresaba ao planeta cumprindo algunha antiga profecía. Leo aproveita para abordar a nave e regresar á Terra, pero estrañamente só logra avanzar no tempo, descubrindo que aínda o planeta Terra era gobernado por simios e que xa non existían humanos, había un monumento xigante ao simio de nome Thade, no canto do monumento de Abraham Lincoln.

PersonaxesEditar

NotasEditar

Véxase taménEditar