Katharine Hepburn

actriz estadounidense

Katharine Houghton Hepburn, nada en Hartford, Connecticut o 12 de maio de 1907 e finada en Fenwick, Connecticut o 29 de xuño de 2003, foi unha actriz estadounidense. É a única actriz que gañou catro Óscars e unha das máis nomeadas, con doce candidaturas, tan só superada por Meryl Streep con vinte e unha candidaturas.

Modelo:BiografíaKatharine Hepburn

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Katharine Houghton Hepburn Editar o valor en Wikidata
12 de maio de 1907 Editar o valor en Wikidata
Hartford, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte29 de xuño de 2003 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Old Saybrook, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da morteparada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCedar Hill Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónBryn Mawr College
Kingswood-Oxford School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura170 cm Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosAzul Editar o valor en Wikidata
Cor do peloRubio Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoActor e actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónactriz de cinema, actriz de televisión, actriz de teatro, autobiógrafa, actriz Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1928 Editar o valor en Wikidata - 1994 Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Demócrata Editar o valor en Wikidata
Membro de
Compañeiro profesionalSpencer Tracy: Katharine Hepburn and Spencer Tracy (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Deportetenis
natación Editar o valor en Wikidata
Modalidade Partido de tenis Recorde individual (pt)Recorde individual (pt) Número de vitorias Récord persoal
Familia
FamiliaHoughton family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLudlow Ogden Smith (1928–1934), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaSpencer Tracy (1941–1967)
Howard Hughes (1937–1938) Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Norval Hepburn Editar o valor en Wikidata  e Katharine Martha Houghton Hepburn Editar o valor en Wikidata
ParentesKatharine Houghton, sobriña Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0000031 Allocine: 24 Rottentomatoes: celebrity/katharine_hepburn Allmovie: p31873 92357 Metacritic: person/katharine-hepburn TV.com: people/katharine-hepburn IBDB: 44928
BNE: XX820229 Musicbrainz: 106d01a9-9704-4d3f-8138-21d94fedfa6e WikiTree: Hepburn-455 Find a Grave: 7637789 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Nada en Hartford, Connecticut en 1907, pertencía a unha familia descendente de colonos de Mayflower e ata tiña sangue real nas súas veas. O seu pai era xinecólogo e foi quen a educou. A súa nai, Katharine Houghton, era unha decidida sufraxista moi activa na súa comunidade e que loitou polo recoñecemento das prostitutas[1] e a planificación familiar.[2]

Hepburn criouse nun ambiente libre e tolerante, algo que marcaría o seu carácter. Practicou desde moi pequena moitos deportes e segundo conta na súa autobiografía, un verán cortou o pelo, fíxose chamar "Jimmy" e, segundo ela mesma, foi un marimacho. Sendo moi nova, Hepburn recibiu un duro golpe: o seu irmán Tom de 14 anos, a quen ela estaba moi unida, suicidouse aforcándose en Nova York durante unha visita a un familiar: isto converteuna nunha moza retraída e pouco comunicativa.[3] Deixou os estudos na escola e deu clases coa súa nai na súa casa.

Iniciou os seus estudos de física no Bryn Mawr College, lugar onde comezou as súas actuacións teatrais. Cando os terminou en 1928 decidiu dedicarse totalmente á interpretación. Tivo pequenos papeis en obras como The Czarina onde fixo unha substitución e viaxou a Nova York, onde tomou clases de dicción coa antiga cantante Frances Robinson Duff.[4]

En 1932 tivo un enorme éxito coa obra teatral The Warrior's Husband, unha fábula grega. Ese mesmo ano foi requirida polo cine e protagonizou para a RKO A Bill of Divorcement, xunto a John Barrymore e dirixida por quen sería un dos seus máis íntimos amigos, George Cukor. O ano seguinte protagonizou Christopher Strong na que interpretaba unha piloto, moi inspirada na figura de Amelia Earhart.

En 1933 gañou o seu primeiro Oscar por interpretar unha actriz provinciana que vai buscar gloria na gran cidade en Morning Glory e o ano seguinte, en 1934, fíxose co premio á mellor actriz no Festival de Venecia pola súa interpretación en Little Women, onde interpretou a Jo March, na versión de George Cukor do clásico "Little Women".

Veleno para o negocio e recuperación

editar
 
Katahrine Hepburn (1943).

As súas seguintes películas, The Little Minister, na que interpretou unha xitana irlandesa, e o gran clásico da screwball comedy Domando a fera, foron un rotundo fracaso e as produtoras bautizárona como "veleno para o negocio" xunto a Fred Astaire, Joan Crawford e Marlene Dietrich.[5]

Protagonizou xunto ás "Mozas da RKO", Damas do teatro (1937), que foi candidata a varios Óscar, pero non asentou totalmente a Hepburn. En 1933 e tralo éxito de Morning Glory, interveu na obra teatral The Lake, pola que recibiu malas críticas.[6] Volveu a Connecticut coa súa familia e regresou triunfante a Broadway coa comedia The Philadelphia Story, que en 1940 foi adaptada para o cine e protagonizada por ela, James Stewart e Cary Grant, e que a devolveu á gloria cinematográfica. O guión desa cinta foi un agasallo do magnate Howard Hughes, a súa parella.[7]

En 1942, protagonizou xunto a quen sería o amor da súa vida, Spencer Tracy, con quen mantivo unha relación sentimental ata a morte do actor, a comedia Woman of the Year na que amosou o seu plurilingüismo falando francés, ruso e español. Hepburn e Tracy fixeron nove películas xuntos. Xa nos anos corenta protagonizou xunto a el, Without Love dirixida por George Stevens ou The Sea of Grass de Frank Capra e con Angela Lansbury. En 1949, compartiron pantalla en Adam's Rib que narra as situacións nas que un matrimonio de avogados se atopa cando se enfrontan nun tribunal.

En 1951 rodou con Humphrey Bogart dirixida por John Huston The African Queen. O ano seguinte realizou en Venecia, dirixida por David Lean, Summertime, na que interpreta unha solteirona secretaria de vacacións que descobre o amor. Durante todos os anos cincuenta, Hepburn realizou numerosas obras de teatro, entre elas Como goste e O mercador de Venecia de William Shakespeare e The Millionairess de George Bernard Shaw.

A tranquilidade dunha estrela

editar

En 1959, Hepburn realizou o papel máis iconoclasta da súa carreira, o de Violet Venable en Suddenly, Last Summer de Tennessee Williams, xunto a Elizabeth Taylor e Montgomery Clift, e polo cal foi aclamada pola critíca. Logo fixo algunhas adaptacións cinematográficas de obras teatrais, como Long Day's Journey Into Night de Eugene Ou'Neill, na que interpreta unha morfinómana metida nunha familia rota e pola que gañou o premio á mellor actriz no Festival de Cannes.

Logo de cinco anos de parón, nos que coidou un cada vez máis enfermo Tracy, reapareceu xunto a el no seu último filme xuntos A que non sabes quen vén cear esta noite?, trala que Tracy morreu. Hepburn gañou, por este filme, o seu segundo Óscar; moitos din que non llelo concederon a Hepburn pola súa interpretación -considerada magnífica, por outra banda- senón como agradecemento por coidar tantos anos de Tracy. Hepburn nunca viu a montaxe final do filme polos recordos dolorosos que lle traía.[8] Nese filme a súa sobriña Katharine Houghton, fixo o papel da súa filla.

En 1968 interpretou a Leonor de Aquitania en The Lion in Winter e gañou o seu terceiro Oscar, compartido con Barbra Streisand por Funny Girl.

No ano 1969 Hepburn realizou un dos seus papeis máis recordados no teatro, o da protagonista de Coco,[6] musical de grande éxito inspirado na vida da deseñadora de moda Coco Chanel.

Xa nos anos 70, Hepburn realizou papeis importantes en máis adaptacións á pantalla de clásicos teatrais, como o da Condesa Aurelia en The Madwoman of Chaillot de Jean Giradoux e o de Hecuba en The Trojan Women de Eurípides xunto a Irene Papas e Vannesa Redgrave. Interveu en A Delicate Balance con Paul Scofield e dirixida por Anthony Harvey e na obra de teatro filmada The Glass Menagerie.

En 1975 encarnou a Eula Goodnitgh en Rooster Cogburn, un filme do Oeste xunto a John Wayne e cun argumento que lembra o de The African Queen.[9]

Realizou ademais algúns traballos para televisión, como Love among the Ruins, dirixida por George Cukor e con Laurence Olivier, pola que gañou un premio Emmy, ou The Corn Is Green. En 1981, Hepburn interveu na romántica On Golden Pond xunto a Henry Fonda e polo cal gañou o seu cuarto Óscar.

Os seus últimos papeis no cinema foron o de Grace Quigley, no que interpretou unha anciá que contrata un sicario, Nick Nolte, para matar os seus amigos que xa sofren alifates, e o da anciá tía Ginny na película de Warren Beatty, Love Affair. A partir de aí Hepburn realizou pequenas películas para televisión que a mantiveron en activo pero unha vez o seu estado de saúde se agravou retirouse a Connecticut.[10]

Vida privada

editar

Casada con Ludlow Ogden Smith, divorciouse del na década dos 30 e mantivo relacións con John Ford, que a dirixiu en María Estuardo, co seu axente Leland Hayward e co magnate Howard Hughes.[11]

En 1942 coñeceu a Spencer Tracy, do que non se separou ata morte del en 1967. Hepburn e Tracy mantiveron esta duradeira relación sen casar, pois Tracy, que era católico, non quixo separarse nunca da súa esposa. Cando chamou á viúva Louise para dicirlle que poderían ser amigas, esta contestou “pensei que só era un rumor”. Hepburn non puido asistir ao enterro de Tracy.[11]

Aínda que moitos dixeron que Hepburn padecía a enfermidade de Parkinson, ela sempre o negou dicindo que os tremores eran herdanza do seu avó, ao que tamén lle tremían as articulacións e a cabeza.[12] Hepburn padeceu tamén un tumor no pescozo.[13] Finou na súa casa de Old Saybrook, no estado de Connecticut o 29 de xuño de 2003.

Katharine Hepburn publicou a súa autobiografía no ano 1991 co título de Me: Stories of My Life. Hepburn xa publicara un libro coas súas experiencias na rodaxe de The African Queen.

Filmografía

editar
 
Katharine Hepburn en The African Queen.

Obras teatrais

editar
  • 1928
    • The Czarina: Lady-In-Waiting
    • The Cradle Snatchers: Flapper
    • The Big Pond: Barbara
    • These Days: Veronica Sims
    • Holiday Understudy
  • 1929
    • Death Takes A Holiday: Grazia
  • 1930
    • A Month In The Country: Katia
    • The Admirable Crichton: Lady Agatha Lasenby
    • The Romantic Young: Lady Amalia
    • Romeo & Juliet: Kinswoman to the Capulets
    • Art & Mrs Bottle: Judy Bottle
  • 1931
    • The Animal Kingdom: Daisy Sage
  • 1932
    • The Warrior's Husband: Antiope
    • The Bride The Sun Shines On: Psyche Marbury
  • 1933
    • The Lake: Stella Surrege
  • 1936
    • Jane Eyre: Jane Eyre
  • 1939
    • The Philadelphia Story: Tracy Samantha Lord
  • 1942
    • Without Love: Jamie Coe Rowan
  • 1950
    • As You Like It: Rosalind
  • 1952
    • The Millionairess: Epifania
  • 1957
    • The Merchant Of Venice: Portia
    • Much Ado About Nothing: Beatrice
  • 1960
    • Twelfth Night: Viola
    • Antony & Cleopatra: Cleopatra
  • 1969
    • Coco: Coco Chanel
  • 1976
    • A Matter Of Gravity: Mrs Basil
  • 1981
    • West Side Waltz Margaret: Mary Elderdice

Premios

editar
Ano Categoría Película Resultado
1933 Oscar á mellor actriz Morning Glory Gañadora
1935 Oscar á mellor actriz Alice Adams Candidata
1940 Oscar á mellor actriz The Philadelphia Story Candidata
1942 Oscar á mellor actriz Woman of the Year Candidata
1951 Oscar á mellor actriz The African Queen Candidata
1955 Oscar á mellor actriz Summertime Candidata
1956 Oscar á mellor actriz The Rainmaker Candidata
1959 Oscar á mellor actriz Suddenly, Last Summer Candidata
1962 Oscar á mellor actriz Long Day's Journey Into Night Candidata
1967 Oscar á mellor actriz A que non sabes quen vén cear esta noite? Gañadora
1968 Oscar á mellor actriz The Lion in Winter Gañadora. Compartido con Barbra Streisand.
1981 Oscar á mellor actriz On Golden Pond Gañadora

Hepburn só acudiu á gala dos oscar en 1974 para entregar o Premio Irving Thalberg ao seu amigo Lawrence Weingarten.[14]

Ano Categoría Película Resultado
1952 Globo de Ouro á mellor actriz - Comedia ou musical Pat and Mike Candidata
1956 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama The Rainmaker Candidata
1959 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Suddenly, Last Summer Candidata
1962 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama Long Day's Journey Into Night Candidata
1967 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama A que non sabes quen vén cear esta noite? Candidata
1968 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama The Lion in Winter Candidata
1981 Globo de Ouro á mellor actriz - Drama On Golden Pond Candidata
1992 Globo de Ouro á mellor actriz en televisión The Man Upstairs Candidata
Ano Categoría Película Resultado
1953 Mellor actriz Pat and Mike Candidata
1956 Mellor actriz Summertime Candidata
1958 Mellor actriz The Rainmaker Candidata
1967 Mellor actriz A que non sabes quen vén cear esta noite? Gañadora
1968 Mellor actriz The Lion in Winter Gañadora
1981 Mellor actriz On Golden Pond Gañadora
Ano Categoría Película Resultado
1934 Premio á mellor actriz Little Women Gañadora
Ano Categoría Película Resultado
1962 Premio á mellor actriz Long Day's Journey Into Night Gañadora

Festival de Montreal

editar
Ano Categoría Resultado
1984 Premio de Honra a toda unha vida dedicada ó cine Gañadora
Ano Categoría Película Resultado
1969 Premio á mellor actriz en musical Coco Candidata
1981 Premio á mellor actriz dramática The West Wide Waltz Candidata
Ano Categoría Película Resultado
1973 Premio á mellor actriz The Glass Menagerie Candidata
1975 Premio á mellor actriz Love among the Ruins Gañadora
1979 Premio á mellor actriz The corn is green Candidata
1986 Premio á mellor actriz Mrs. Delafield Wants to Marry Candidata

Premio dos Círculos de críticos de New York City e Kansas City

editar
Ano Categoría Película Resultado
1940 Premio á mellor actriz (Chicago) The Philadelphia Story Gañadora
1973 Premio á mellor actriz (Kansas City) The Trojan Women Gañadora
1981 Premio á mellor actriz(Nova York) On Golden Pond Gañadora

Laurel Golden Awards

editar
Ano Categoría Película Resultado
1960 Premio á mellor actriz Suddenly, Last Summer Candidata
1968 Premio á mellor actriz The Lion in Winter Gañadora
Ano Categoría Película Resultado
1994 Premio á mellor actriz One Christmas Candidata
  1. Rude, Lisa. khronikos: the blog, ed. "Katharine Hepburn’s Mother: Who Knew?". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  2. Planned Parenthood(R) of Souther New England, Inc. (ed.). "Our History". Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  3. Perry, Margaret. "Brother Tom's Suicide". The Great Katharine Hepburn. Feminism in classic Hollywood. Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  4. Taylor, Trey. The Atlantic, ed. "The Rise and Fall of Katharine Hepburn's Fake Accent". Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  5. "Dead cats". Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Cohen, Patricia. The New York Times, ed. "The Theatrical Katharine Hepburn, in Journals and Letters". Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  7. Perry, Margaret. "The Philadelphia Story (1940)". The Great Katharine Hepburn. Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  8. "The Stanley Kramer Film Festival". Camelot Theatres. Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  9. Galbraith IV, Stuart. DVD Talk, ed. "Rooster Cogburn". Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  10. Connecticut Women's Hall of Fame (ed.). "Katharine Hepburn". Arquivado dende o orixinal o 20 de outubro de 2013. Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  11. 11,0 11,1 Shilling, Jane. Mail Online, ed. "The only man who made Kate quiver". Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  12. Ray, C. Claiborne. The New York Times, ed. "Q & A; Head and Hand Tremors". Consultado o 19 de outubro de 2013. 
  13. Berg, Scott A. (2004). Kate Remembered: Katharine Hepburn, a Personal Biography. London. pp. 323. ISBN 0-7434-1563-9. 
  14. Once Upon a Screen... (ed.). "The Great Kate". Consultado o 19 de outubro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar