Vincente Minnelli
Lester Anthony Minnelli, nado en Chicago o 28 de febreiro de 1903 e finado en Beverly Hills (California) o 25 de xullo de 1986, foi un director de cinema e de teatro estadounidense. Utilizou o nome artístico de Vincente Minnelli.
Vincente Minnelli | |
---|---|
Nome completo | Lester Anthony Minnelli |
Nacemento | 28 de febreiro de 1903 |
Lugar de nacemento | Chicago |
Falecemento | 25 de xullo de 1986 |
Lugar de falecemento | Beverly Hills |
Causa | Doenza pulmonar obstructiva crónica e pneumonía |
Soterrado | Forest Lawn Memorial Park (Glendale) |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Ocupación | director teatral, director de cinema e diseñador de vestuario |
Pai | Vincent Charles Minnelli |
Nai | Marie-Émilie Odile Lebeau |
Cónxuxe | Judy Garland, Georgette Magnani, Denise Hale e Lee Anderson |
Fillos | Liza Minnelli |
Coñecido por | The Four Horsemen of the Apocalypse, Two Weeks in Another Town, Home from the Hill, Some Came Running, Designing Woman, Tea and Sympathy, Lust for Life, Brigadoon, The Band Wagon, The Bad and the Beautiful, Un americano en París, Madame Bovary, The Pirate e Meet Me in St. Louis |
Premios | premios do Sindicato de Directores, Óscar ó mellor director, star on Hollywood Walk of Fame e Globo de Ouro ó mellor director |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Fillo dun músico co que a familia realizaba xiras por toda a área, traballou como fotógrafo e deseñador de vestiario antes de marchar a Nova York, onde comezou a súa carreira de director teatral. O éxito acadado nesta faceta levou á Metro-Goldwyn-Mayer a contratalo en 1940. Debutou no cine dirixindo Cabin in the Sky, en 1943.
Durante a rodaxe de Meet Me in St. Louis coñeceu a Judy Garland, coa que estivo casado durante seis anos. Deste matrimonio naceu a súa filla Liza Minnelli.
Aínda que Minnelli é especialmente coñecido coma director de películas musicais, como Un americano en París ou Gigi, que lle valeu o Oscar ao mellor director, tamén conseguiu grandes éxitos con comedias ou melodramas, como O pai da noiva ou The Bad and the Beautiful.
Finou en 1986, aos 83 anos.
FilmografíaEditar
- 1943 - Cabin in the Sky
- 1943 - I Dood It
- 1944 - Meet Me in St. Louis
- 1945 - The Clock
- 1945 - Yolanda e o ladrón
- 1945 - Ziegfeld Follies
- 1946 - Undercurrent
- 1948 - O pirata
- 1949 - Madame Bovary
- 1950 - O pai da noiva
- 1951 - O pai é avó
- 1951 - Un americano en París
- 1952 - The Bad and the Beautiful
- 1953 - The Band Wagon
- 1954 - The Long, Long Trailer
- 1954 - Brigadoon
- 1955 - The Cobweb
- 1955 - Kismet
- 1956 - Lust for Life
- 1956 - Té e simpatía
- 1957 - Designing Woman
- 1958 - Gigi
- 1958 - The Reluctant Debutante
- 1958 - Some Came Running
- 1960 - Con el veu o escándalo
- 1960 - Bells Are Ringing
- 1962 - Os catro xinetes da apocalipse
- 1962 - Dúas semanas noutra cidade
- 1963 - The Courtship of Eddie's Father
- 1964 - Adeus, Charlie
- 1965 - The Sandpiper
- 1970 - On a Clear Day You Can See Forever
- 1976 - Nina, unha cuestión de tempo
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Vincente Minnelli na IMDb (en inglés).