Eartha Kitt
Eartha Kitt, nada o 17 de xaneiro de 1927 en Carolina do Sur e finada en Connecticut o 25 de decembro de 2008 foi unha actriz de series e cabaré, humorista e cantante de jazz estadounidense.
Nome orixinal | (en) Eartha Mae Kitt |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (en) Eartha Mae Keith 17 de xaneiro de 1927 North (Estados Unidos de América) |
Morte | 25 de decembro de 2008 (81 anos) Weston (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro colorrectal |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | High School of Performing Arts (en) Lycée Français de Los Angeles (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz, actriz de dobraxe, humorista, bailarina, cantante, artista discográfico |
Período de actividade | 1943 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Vocal jazz (en) |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | RCA Records |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | John W. McDonald |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Notable Black American Women Notable Black American Women, (vol:3) |
Sitio web | earthakitt.com |
|
Traxectoria
editarFilla dunha nai solteira, nacida nunha antiga rexión de escravitude e vítima de maltrato na súa infancia, Eartha Kitt forxou un carácter vigoroso, temperamental e rebelde que a fixo famosa e iso por outro lado tamén lle causou algúns problemas profesionais. Desenvolveu unha longa carreira en Estados Unidos e Europa, permanecendo activa practicamente até os seus últimos días, cando sufría de cancro de colon.
Infancia e orixes familiares
editarNaceu como Eartha Mae Keith nunha granxa de algodón en North, unha pequena cidade preto de Columbia no condado de Orangeburg (Carolina do Sur). O seu pai era branco, de ascendencia alemá e holandesa, e a súa nai tiña sangue cheroqui e afroamericana, sendo ela considerada negra pola regra dunha gota.[1]
Segundo a propia Eartha, naceu como resultado dunha violación; a súa nai foi forzada por un dos donos do predio onde traballaba.[2]
Eartha foi criada pola súa tía, Anna Mae Riley, quen a enganou para dicirlle que era a súa nai. Despois foi entregada (segundo o seu relato, como escrava) a unha familia que a trataba con malos tratos e pasividade. Á morte da súa tía, Eartha foi enviada a Nova York para reunirse coa súa nai real, Mamie Kitt. Nunca chegou a coñecer ao seu pai, que debía de ser fillo dos donos da plantación onde naceu. Esta información é dubidosa, xa que algúns necrolóxicos publicados con motivo da súa morte afirman que o pai de Eartha Kitt era "un pobre agricultor de algodón".
Eartha escribiu tres autobiografías, unha delas chamada como o seu álbum "I'm still here".[3]
Carreira como actriz
editarEartha Kitt fixo o seu debut artístico como bailarina na compañía de Katherine Dunham e chegou a actuar ante a familia real británica en 1948. Ese mesmo ano debutou no cine coa película Casbah e obtivo o seu primeiro papel protagonista grazas a Orson Welles, que dixo dela que era a muller máis excitante do mundo[4], interpretando a Helena de Troia nunha produción teatral.
En 1952 participou con dúas cancións nun musical escénico, New Faces of 1952, que se convertería nunha película de 20th Century Fox como New Faces (1954). Máis tarde protagonizou outro musical de Broadway, Shinbone Alley, onde volveu colaborar con Orson Welles. Foi entón cando se rumoreou un romance entre eles, que Kitt negara a Vanity Fair en 2001.
En 1958, Eartha Kitt rodou con Sidney Poitier The mark of the Hawk e con Nat King Cole St. Louis Blues, e durante os próximos anos continuou traballando en películas e espectáculos con Nat King Cole e Eddie Murphy. Na súa vellez fixo dobraxes para películas de debuxos animados.
De Catwoman ao "desterramento"
editarEn 1964, Eartha axudou a abrir o teatro Circle Star en San Carlos, California e aumentou a súa fama ao ser elixida como Catwoman na serie de televisión Batman. A súa elección foi substituír a Julie Newmar, pero debido á súa pel negra, dise que o público non a aceptou e apenas chegou a gravar tres episodios. En 2004, este tabú racista foi superado coa elección de Halle Berry para a película Catwoman. A pesar da súa rápida eliminación da serie, Eartha fíxose coñecida pola súa risa e "ruxe" áspero.
En 1968, Eartha Kitt experimentou un serio revés profesional, tras un incidente durante un banquete na Casa Branca ao que acudiu en xaneiro, durante a administración de Lyndon B. Johnson, despois de ela facer declaracións antiguerra durante un xantar da Casa Branca.[5] A Primeira dama Lady Bird Johnson preguntoulle a Kitt sobre a Guerra de Vietnam. Ela respondeu: "Envías o mellor deste país para ser fusilado e mutilado. Non é de estrañar que os nenos se rebelen e tomen 'pot' (marihuana)." Durante unha sesión de preguntas e respostas, Kitt afirmou:
Os fillos de América non se están rebelando sen motivo. Non son hippies sen ningún motivo. Non temos o que temos en Sunset Blvd. sen motivo. Están rebelándose contra algo. Hai tantas cousas queimando á xente deste país, especialmente ás nais... Elas senten que van criar fillos – e sei como é, e vostede ten fillos propios, señora Johnson – criamos fillos e enviámolos á guerra.
Segundo informou, os seus comentarios fixeron que a Sra. Johnson rompese a chorar. Seymour Hersh descubriu un expediente difamatorio da CIA sobre Kitt en 1975. Hersh publicou un artigo sobre o expediente en The New York Times. O expediente contiña comentarios sobre a vida sexual e a historia familiar de Kitt, xunto con opinións negativas sobre ela que tiñan antigos compañeiros. A resposta de Kitt ao expediente foi dicir: "Non entendo de que se trata isto. Creo que é noxento".[6] Tras o incidente, Kitt dedicou as súas enerxías ás actuacións en Europa e Asia.
Carreira como cantante
editarCantante talentosa, cunha voz peculiar, moitas das súas cancións fixéronse famosas tanto en inglés como en francés, idioma que ela dominaba polas súas actuacións en Europa. As súas gravacións máis exitosas inclúen C'est si bon, Love For Sale", Let's Do It, Je cherche un homme e sobre todo Santa Baby (1953), unha canción de Nadal que sería versionada por Madonna en 1987.
A súa faceta musical repuntou a mediados dos anos 80, con cancións de música dance como Where Is My Man ou This Is My Life, e continuou participando no cine até os seus últimos anos.
Fixo unha versión en lingua inglesa chamada Black Little Angels[7] do bolero Angelitos Negros popularizado polo cubano de orixe galega Antonio Machín, con letra do poema Píntame angelitos negros do venezolano Andrés Eloy Blanco Meaño, tamén de orixe galega.[8]
Notas
editar- ↑ "Eartha Kitt, Stage, and Screen Singer born". African American Registry (en inglés). Consultado o 2022-05-02.
- ↑ "Wow, Eartha Was Born On A Plantation, Picked Cotton & Dad Is A White...". I Love Old School Music (en inglés). 2015-06-05. Consultado o 2022-05-02.
- ↑ Kitt, Eartha (1989-09). I'm Still Here. Sidgwick & Jackson Ltd.
- ↑ Messer, Kate X. (21 de xullo de 2006). "Just An Old Fashioned Cat". The Austin Chronicle.
- ↑ Buck, Stephanie (2017-03-13). "The black actress who made Lady Bird Johnson cry". Medium (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2017. Consultado o 2022-05-02.
- ↑ Hersh, Seymour (3 de xaneiro de 1975). "CIA in 68 gave secret service". The New York Times.
- ↑ "Eartha Kitt- Black Little Angels-Angelitos Negros". Consultado o 2022-05-02.
- ↑ "Biografía Mosqueira Manso". enciclopediadaemigraciongalega.com. Consultado o 2022-05-02.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eartha Kitt |