Hippy

membro dunha contracultura da década de 1960 en Occidente
(Redirección desde «Hippies»)

Chámase hippy[1] o movemento contracultural dos anos 1960, así como tamén aos seguidores do dito movemento. A palabra inglesa hippie deriva do inglés hip, ou de hipster que adoita usarse para describir á subcultura previa dos beatniks (non confundir con Xeración Beat), que tamén tivo como base importante a cidade estadounidense de San Francisco (California) e o seu distrito Haight-Ashbury.

Dous hippies no Festival de Woodstock en 1968

Historia e características editar

 
Furgoneta relacionada co movemento hippy.

Esta nova subcultura herdou algúns valores contraculturais da Xeración Beat e en menor grao do naturismo alemán, e en determinados casos crearon as súas propias comunidades intencionais.

Escoitaban rock psicodélico e folk contestatario, abrazaban a revolución sexual e crían no amor libre. Algúns participaron o activismo radical e o uso de drogas como o cánnabis, DMT o LSD e outros alucinóxenos coa intención de acadar estados alterados de conciencia, en realidade un xeito de rebelarse pola homoxeneidade de conceptos que ofrece o Sistema. Tamén buscaron formas de experiencia pouco usuais, como a meditación. Debido ao seu rexeitamento ao consumismo adoitaban optar pola simplicidade voluntaria, xa fora por motivacións hedonistas, espirituais-relixiosas, artísticas, políticas, ou ecoloxistas.

A finais dos anos sesenta nos Estados Unidos os hippies constituíron unha corrente xuvenil masificada, para despois quedar pasada de moda (anticuada), mais as seguintes xeracións chamadas neohippies manterían vivo o movemento como unha subcultura establecida de moitas formas e con novas xeracións até hoxe. Así pois, emerxeron fenómenos como a Rainbow Family, a escena psytrance e goa trance ou os deadheads e phishheads. En tanto pequenos enclaves de hippies orixinais e neohippies continúan desenvolvendo en parte este estilo de vida, aínda que con algunhas modificacións, ben na cidade ou no campo.

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar