Catwoman
Catwoman é un personaxe ficticio creado por Bill Finger e Bob Kane quen aparece nos cómics estadounidenses publicados por DC Comics, xeralmente en asociación co superhéroe Batman. Debutando como "The Cat" en Batman #1 (primavera 1940), é un dos inimigos que máis aparece nas aventuras do Cabaleiro Escuro (Batman). Con todo, o personaxe tamén foi descrito como unha antiheroina e convértese no interese amoroso máis coñecido de Batman, con moitas historias describindo a súa complexa relación de amor-odio.[4]
Catwoman | |
---|---|
Debut de Eartha como Catwoman na serie de Batman do 66. | |
Información editorial | |
Editorial | DC Comics |
Primeira aparición | Batman #1 (primavera de 1940; publicado o 25 de abril de 1940)[1] |
Creadores | Bill Finger Bob Kane |
Biografía ficticia | |
Alter ego | Selina Kyle |
Equipos | Justice League Batman Family Outsiders Gotham City Sirens Birds of Prey Injustice League |
Compañeiros | Batman Holly Robinson |
Parellas | Batman |
Familia | Helena Kyle (filla biolóxica na Terra 2) Rex Calabrese (pai) Maggie Kyle (irmá) |
Outros alias | The Cat Selina Calabrese[2] Irena Dubrovna[3] |
Habilidades e poderes |
|
Catwoman é o alter ego de Selina Kyle, unha ladroa de Gotham City que usualmente usaba un traxe axustado dunha peza e usaba un látego como arma. Orixinalmente era unha supervilá e adversaria de Batman, pero apareceu nunha serie homónima en 1990 que a retrataba como unha antiheroína, a miúdo cunha filosofía moral utilitaria. O personaxe prosperou nas súas primeiras aparicións, pero tivo unha extensa pausa desde setembro de 1954 a novembro de 1966 debido ao desenvolvemento de Comics Code Authority en 1954. Isto afectou as regras sobre o desenvolvemento e a representación dos personaxes femininos que violaban o Comics Code, este código xa non está en uso. Nos cómics ademais de Selina Kyle, Holly Robinson e Eiko Hasigawa adoptaron a identidade de Catwoman.[5][6]
Noutros medios de comunicación
editarCatwoman fixo o seu debut no 1966 na serie de televisión Batman, retratada por Julie Newmar; era tamén retratada por Lee Meriwether na adaptación do filme e por Eartha Kitt na terceira temporada. O personaxe máis tarde apareceu en Batman volve de Tim Burton , retratada por Michelle Pfeiffer. O filme en solitario de Catwoman foi estreado en 2004 no cal foi retratada por Halle Berry. Anne Hathaway retratou o personaxe en Christopher Nolan en O cabaleiro escuro: a lenda renace. Foi retratada por Zoë Kravitz no filme de Matt Reeves The Batman. Catwoman tamén apareceu na serie de televisión Gotham (2014–2019), no cal foi retratada por Camren Bicondova e Lili Simmons (adulto).
Recepción
editarCatwoman foi clasificada no nº 11 en IGN na lista "Os 100 mellores villanos de cómics de todos os tempos",[7] e no nº 51 na revista Wizard na lista "Os 100 mellores villanos de todos os tempos".[8] E ao revés, tamén foi clasificada no nº 20 en IGN na lista "Os 100 mellores superheróes de cómics de todos os tempos".[9]
Notas
editar- ↑ Zalben, Alex (28 de marzo de 2014). "When Is Batman's Birthday, Actually?". New York City: MTV News. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2014. Consultado o 9 de agosto de 2014.
- ↑ Batman Eternal #23 (Setembro de 2014)
- ↑ Catwoman (vol. 2) #53 (Maio de 2006)
- ↑ Fleisher, Michael L. (1976). The Encyclopedia of Comic Book Heroes Volume 1: Batman. Macmillan Publishing Co. pp. 105–110. ISBN 0-02-538700-6. Consultado o 29 de marzo de 2020.
- ↑ Beatty, Scott (2008). "Catwoman". En Dougall, Alastair. The DC Comics Encyclopedia. New York: Dorling Kindersley. pp. 74–75. ISBN 978-0-7566-4119-1. OCLC 213309017.
- ↑ Houxbois, Emma (29 de decembro de 2014). "Review: Catwoman Annual #2". The Rainbow Hub. Arquivado dende o orixinal o 4 de marzo de 2016. Consultado o 10 de maio de 2015.
- ↑ "Catwoman is Number 11". IGN. 2009. Arquivado dende o orixinal o 17 de maio de 2009.
- ↑ Wizard #177 (Xullo de 2006). p. 88.
- ↑ "IGN's Top 100 Comic Book Heroes of All Time". IGN. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2014. Consultado o 05 de marzo de 2023.
Ligazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Catwoman |
- Catwoman na páxina oficial de DC Comics
- Catwoman a través dos anos – unha presentación da revista Life
- "Catwoman (of Batman: The Animated Series) from BatmanTAS.com". Arquivado dende o orixinal o 23 de marzo de 2012. Consultado o 26 de novembro de 2005.
- Catwoman en DC Database, a wiki en inglés de DC Comics
- "Girls With Gauntlets". Arquivado dende o orixinal o 18 de febreiro de 2012. Consultado o 7 de xaneiro de 2006. – a influencia de Catwoman nas heroínas de acción da década de 1990
- Moore, Booth (24 de xaneiro de 2011). "Catching up with the original Catwoman, Julie Newmar". Los Angeles Times. Consultado o 24 de xaneiro de 2011.