Un conflito étnico ou guerra étnica é un conflito armado entre dous ou máis grupos étnicos, moitas veces como resultado do nacionalismo étnico. Son de interese pola súa prevalencia aparente dende a guerra fría e porque frecuentemente resultan en crimes de guerra, como xenocidio. Malia que a fonte do conflito pode ser político, social, económico ou relixioso, os individuos en conflito poden xustificar a súa loita para mellorar a posición do seu grupo étnico na sociedade. Este criterio final é o que distingue os conflitos étnicos doutros tipos de conflito.[1][2]

Campo de refuxiados en Zaire para os desprazados tutsis tralo xenocidio de Ruanda de 1994.

Un confito étnico non ten que ser necesariamente violento. Nunha sociedade multi-étnica onde a liberdade de expresión está protexida, o conflito étnico pode ser unha característica habitual das democracias plurais. Por exemplo, un conflito étnico pode ser un problema non violento polos recursos divididos entre diferentes grupos étnicos.[3] Porén, o suxeiro da confrontación debe estar directa ou indirectamente relacionado cun grupo étnico. Nas sociedades multiétnicas saudables, estes conflitos están institucionalizados e "canalizados nos parlamentos, asembleas e burocracias ou a través de demostracións non violentas e folgas."[4] Se ben os países democráticos non sempre poden evitar que os conflitos étnicos se convertan en violencia, os conflitos étnicos institucionalizados aseguran que os grupos étnicos poidan articular as súas demandas de maneira pacífica, o que reduce a probabilidade de violencia. Por outra banda, nos sistemas autoritarios, as minorías étnicas non pode expresar as súas queixas. Pola contra, as queixas silenciadas a longas fases de silencio étnico seguido dun estoupido violento.[4] Polo tanto, a paz étnica é unha ausencia de violencia, non unha ausencia de conflito. Outra consecuencia é que as rebelións étnicas violentas a miúdo dan lugar a dereitos políticos para grupos previamente marxinados.[5]

Tipos editar

Durante a Idade Media eran comúns os conflitos étnicos, sendo as Cruzadas un dos maiores da historia. Tempo despois, xurdiron moitos conflitos étnicos produto da conquista da América e do colonialismo das potencias europeas.

Os conflitos étnicos poden producirse entre distintos grupos raciais, como no caso entre os negros e os brancos nos Estados Unidos e Suráfrica, causados pola segregación racial e o "apartheid", entre grupos racialmente homoxéneos, mais de gran diversidade relixiosa como o conflito entre católicos e protestantes en Irlanda do Norte; entre grupos relixiosos homoxéneos, mais de diversas etnias como o masacre entre os hutus e tutsis (ámbolos dous católicos) en Ruanda, e até mesmo entre os grupos étnicos e relixiosos distintos como o conflito árabe-israelí e o sino-tibetano. Difire do xenocidio en que este tende a ser perpetrado contra unha poboación que non é quen de se defender, mentres que nun conflito étnico ambos os lados, moitas veces teñen capacidade militar para atacar ó outro (aínda que moitas veces un lado é máis poderoso que o outro).[5]

Alén diso, nalgúns casos, úsase o termo "conflito relixioso", cando os motivos do conflito teñen un pretexto máis relixioso que racial como no Oriente Medio, Irlanda do Norte, Sudán e no Tíbet.

Os conflitos étnicos existen na humanidade dende o inicio dos tempos. Algúns antropólogos, por exemplo, cren que o neandertal extinguiuse por unha guerra étnica contra os homo sapiens. Varios pobos primitivos tamén estiveron envoltos en conflitos étnicos, especialmente coa transformación dos nómades e das sociedades tribais nos grandes imperios das cidade-estado, e da invasión e dominación dun pobo sobre outro.

Notas editar

  1. Varshney, Ashutosh (2002). Ethnic Conflict and Civic Life : Hindus and Muslims in India. New Haven: Yale University Press. 
  2. Kaufman, Stuart J. (2001). Modern Hatreds: The Symbolic politics of ethnic war. Ithaca: Cornell University. Press. pp. 17. 
  3. Olzak, Susan (1992). Stanford University Press, ed. Dynamics of Ethnic Competition and Conflict. Stanford. 
  4. 4,0 4,1 Varshney, Ashutosh (2007). "Ethnicity and Ethnic Conflict" (PDF). Oxford handbook of comparative politics. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de marzo de 2018. Consultado o 05 de setembro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 Koos, Carlo (1 de febreiro de 2016). "Does violence pay? The effect of ethnic rebellion on overcoming political deprivation". Conflict Management and Peace Science (en inglés) 33 (1): 3–24. ISSN 0738-8942. doi:10.1177/0738894214559670. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar