Abrir o menú principal

Jerry Lee Lewis, nado o 29 de setembro de 1935 en Ferriday, Luisiana, é un cantante de rock and roll norteamericano, pioneiro do rock and roll e especificamente do rockabilly, converténdose no prototipo de cantante branco rock.

Jerry Lee Lewis
Jerry Lee Lewis 1950s publicity photo cropped retouched.jpg
Nacemento29 de setembro de 1935
 Ferriday
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupacióncantante, pianista, compositor, músico, cantautor e recording artist
IrmánsLinda Gail Lewis
PremiosGrammy á carreira artística
editar datos en Wikidata ]
Jerry Lee Lewis en 2009.

TraxectoriaEditar

Comezou como pianista de música relixiosa. Deu o paso ó novo estilo e en 1954 gravou o seu primeiro disco. Contratado pola compañía de Memphis que lanzara a Elvis Presley, a xa célebre Sun Records, en 1957 gravou os exitosos "Greats balls of fire" e "Whole lot a shakin' going on". Estes singles chegaron ao posto número 2 e o número 3 da Bilboard Hot 100. Hoxe son dous clásicos do rock and roll. Compartiu escenario con outros mitos do primeiro rock and roll como Chuck Berry. O seu estilo agresivo (chegou a queimar o seu piano no escenario) valeulle o alcume de killer.

A súa carreira truncouse en 1958 por mor do escándalo do seu casamento cunha rapaza de 13 anos (en realidade a súa terceira muller).

A finais dos sesenta recobrou certa notoriedade no eido do country con éxitos como To make love sweeter for you. En 1972 con Chantilly Lace e Think about it darling acadou novamente os primeiros postos nese estilo.

Recuperou a fama mundial coa película biográfica Great Balls of fire (1989) protagonizada polo actor Dennis Quaid e baseada no libro da súa ex muller Myra.