Flanagan 007

obra literaria de Andreu Martín e Jaume Ribera

Flanagan 007 é un libro escrito en 1998 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o sétimo da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.

Flanagan 007
Título orixinalFlanagan 007
Autor/aAndreu Martín e Jaume Ribera
OrixeCataluña
Linguacatalán
ColecciónFóra de Xogo (nº 29)
Xénero(s)Novela negra, literatura xuvenil
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.novembro 1998
Formato13 x 21 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas208
ISBNISBN 978-84-8302-314-3
Precedido porFlanagan Blues Band
Seguido porFlanagan, só Flanagan
TraduciónMaría Dolores Martínez Torres
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A trama comeza o martes 14 de abril, xusto despois da Semana Santa. Pili, a irmá de Flanagan, desapareceu. Chamou para dicir que estaba ben e que non chamasen á policía, pero o pai encárgalle a Flanagan que dea con ela.

Pili e o seu mozo viaxaban a Madrid para pagar medio millón de dólares a un señor da guerra somalí, ó sospeitaren que na ONG coa que colaboran hai unha toupa que quere evitar o pago. Os cartos son para ceder a unha chantaxe, pois o somalí ten retido un cargamento de medicamentos dirixido á poboación civil.

Axudado por Bruna, unha rapaza fuxida da casa que coñece na estación de trens, e por Niceto, un mozo dos recados do hotel Plaza de Madrid, consegue rescatar á irmá e desenmascarar unha trama dunha empresa farmacéutica moi poderosa para vender medicamentos en malas condicións.

Narración editar

Nesta ocasión volve a trama con bastante acción, con persecucións, pistolas e participación da policía. Tamén ha situacións delirantes, como unha lea coas maletas no hotel ou todo momento no que está o comisario Campuzano. Malia que Flanagan segue a ser parella de Blanca Online, está nunha fase rara, xa despois do forte namoramento, e non só non a bota de menos demasiado, senón que flirtea con Bruna, coa que intercambia algún bico.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Ficha na web da editorial.