Flanagan de luxe

obra literaria de Andreu Martín e Jaume Ribera

Flanagan de luxe é un libro escrito en 1994 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o cuarto da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.

Flanagan de luxe
Título orixinalFlanagan de luxe
Autor/aAndreu Martín e Jaume Ribera
OrixeCataluña
Linguacatalán
ColecciónFóra de Xogo (nº 4)
Xénero(s)Novela negra, literatura xuvenil
EditorialEdicións Xerais
Data de pub.decembro 1994
Formato13 x 21 cm.
edición rústica cosida a fío
Páxinas208
ISBN978-84-7507-844-1
Precedido porNo te'n rentis les mans, Flanagan
Seguido porAlfagann é Flanagan
TraduciónXavier Rodríguez Baixeras
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A trama dura unha semana, entre o luns 31 de xullo e o 7 de agosto.

Flanagan vai marchar de vacacións á montaña, a Viladrau á casa da súa amiga María Gual. A relación entre ambos os dous é inestable. Están enrollados, mais Flanagan non quere amigar. Pero antes de marchar chámao Nines, unha amiga que coñeceu en Tots els detectius es diuen Flanagan, e que solicita a súa axuda para esconder a R.A., amigo dela que anda metido nunha boa lea.

Chega o venres e R.A., mediante varias estratexias, logra que Flanagan e María, no canto de ir á montaña, vaian a Sant Pau del Port, unha vila da costa onde veranean Nines e os seus amigos. Alí, o sábado Flanagan é vítima dunha broma bastante pesada por parte de R.A. e os seus amigos pijos, que o deixan no medio do mar pensando que R.A. fora asasinado por uns traficantes de droga resentidos con el.

Pero, lonxe de arranxarse o asunto ó chegar á costa, descobre que R.A. foi presuntamente secuestrado por uns descoñecidos que lle piden ó seu pai 100 millóns de pesetas de rescate. Finalmente, arranxado o asunto, Flanagan devólvelle a broma ós amigos de Nines.

Narración editar

Neste libro Flanagan non exerce demasiado de detective, xa que os casos que debe afrontar son ficticios, e feitos á mantenta para enganalo. Pero aprende boas leccións en diversos campos, desde a socioloxía ata o amor, pasando pola medicina e as drogas.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar