Concha Costas

profesora e lingüista galega

María Concepción Costas Fernández, máis coñecida como Concha Costas, é unha profesora e lingüista galega.

Modelo:BiografíaConcha Costas
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
Galicia, España Editar o valor en Wikidata
Presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística
1997 – 2002
← Xosé Manuel SarilleCarlos Callón → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónprofesora Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeFran Alonso Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1104026 Dialnet: 2689000

Traxectoria

editar

Licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, é docente de ensino medio de Lingua e Literatura Galega no IES Auga da Laxe (Gondomar). Foi profesora asociada de Tradución Inglés-Galego na Facultade de Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo nos cursos 94/95 e 95/96.

Activista da normalización lingüística e da animación á lectura, coordinou a biblioteca escolar, traduciu do inglés ao galego e escribiu artigos sobre sociolingüística.[1] Foi presidenta da Mesa pola Normalización Lingüística entre 1997 e 2002. Preside a asociación Espazo Lectura do Val Miñor.

Está casada co escritor Fran Alonso.

  1. Consello da Cultura Galega (ed.). "Concha Costas". Consultado o 10 de maio de 2018. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar