No te'n rentis les mans, Flanagan

obra literaria de Andreu Martín e Jaume Ribera

No te'n rentis les mans, Flanagan é un libro escrito en 1993 por Andreu Martín e Jaume Ribera. É o terceiro da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan.

No te'n rentis les mans, Flanagan
Título orixinalNo te'n rentis les mans, Flanagan
Autor/aAndreu Martín e Jaume Ribera
OrixeCataluña
Linguacatalán
Xénero(s)Novela negra, literatura xuvenil
Data de pub.1993
Precedido porTots els detectius es diuen Flanagan
Seguido porFlanagan de luxe
editar datos en Wikidata ]

Trama editar

A historia comeza o 7 de xuño, primeiro día sen clase.

Flanagan está atormentado pola súa ruptura con Carmen Longo. E cando pretendía esquecela, no barrio ocorre un asasinato e o acusado é o mozo actual de Carmen.

Axiña se forma unha boa revolta no barrio contra o colectivo xitano, e aproveitando a escusa de que o acusado é desa etnia, moitos veciños de ideoloxía filonazi ou simplemene racistas organizan patrullas para evitar o acceso ó barrio de drogadictos, pero baixo esa escusa aproveitan para desafogarse, actuando con violencia e impunidade ante os máis débiles.

Remexendo no lixo, algo que xa fai para outro caso, atopa pistas sobre o asasinato, e descobre que está relacionado cunha trama urbanística, e que un traficante de drogas de mediana monta está implicado. Tras sufrir bastante violencia física nas súas carnes, é vítima dun ofrecemento de chantaxe, chegando a rexeitar 8 millóns de pesetas e un posto de traballo, pero mantendo a súa dignidade.

Narración editar

Na mesma liña que o anterior e que os seguintes da saga, neste caso fala das inxustizas sociais e da marxinación dos xitanos simplemente polo feito de selo, sen mirar se os afectados son xustos ou pecadores. Tamén critica a impunidade dos poderosos, capaces de pagaren moito por deixaren sen castigo un asasinato, e sen escrúpulo ningún.

Neste libro Flanagan non ten moito tempo para as relacións amorosas. Séntese mal trala ruptura, e, malia coquetear con María Gual, son simplemente bos amigos.