No demanis llobarro fora de temporada

No demanis llobarro fora de temporada é unha novela de Andreu Martín e Jaume Ribera, publicada en abril de 1987. É o primeiro da saga protagonizada polo detective xuvenil Flanagan. En 1986 foi finalista do premio Joaquim Ruyra, e en 1989 recibiu o Premio Nacional de Literatura infantil e xuvenil de España.

No demanis llobarro fora de temporada
Título orixinalpatodonalks
Autor/aAndreu Martín e Jaume Ribera
CubertaRaúl O. Pane
OrixeCataluña
Linguacatalán
Xénero(s)Novela negra, literatura xuvenil
EditorialEditorial Laia
Data de pub.Abril de 1987
ISBNISBN 978-84-7668-097-X
Seguido porTots els detectius es diuen Flanagan
Premios
editar datos en Wikidata ]

Joan Anguera é un rapaz que estuda oitavo de EXB, e que saca uns cartos como detective privado con encargas menores, como atopar cans perdidos. Unha compañeira de clase, María Gual, pídelle que averigüe como fai o seu irmán Elías, dous anos maior, para aprobar os exames de Matemáticas sen estudar. Flanagan descobre que Elías Gual chantaxea o porteiro do colexio para conseguir os exames. Elías pertence á tribo urbana dos heavies, enfrontados cos tecnos. Pero ten un enfrontamento cos seus amigos cando estes saben que chantaxea o porteiro.

Ao tempo, Flanagan establece relación con Clara Longo, unha das rapazas máis desexadas do colexio, e descobre que o seu pai, alcumado "Lejía", tamén chantaxea o porteiro.

O porteiro é pedófilo, e Elías tiroulle unha foto comprometida. O "Lejía", confabulado cos amigos heavies de Elías, obriga o porteiro a traficar con heroína. Elías, logo de recibir unha malleira co fin de quitarlle a foto, engana os seus amigos heavies, e emigra do barrio para adicarse á fotografía.

A relación de Flanagan con Clara Longo estrágase ao non querer recoñecer esta que o seu pai é narcotraficante. Finalmente tamén marcha do barrio, indo a vivir coa súa nai. Neste libro é a primeira vez que lle di "quérote" a unha moza.

Narración

editar

A obra está narrada en primeira persoa e ambientada nun barrio obreiro de Barcelona.