Abrir o menú principal

Premio de Tradución Plácido Castro

Galardón outorgado pola Fundación Plácido Castro en colaboración coa Asociación de Tradutores Galegos.
Acto de entrega da XVI edición do premio Plácido Castro de Tradución. Na imaxe aparecen, da esquerda á dereita: Xulio Ríos, Susi Castro, Isabel Soto, Alberto Varela Paz, Sonia Outón, Fernando Moreiras e Xavier Senín.

O Premio de Tradución Plácido Castro é un galardón outorgado pola Fundación Plácido Castro en colaboración coa Asociación de Tradutores Galegos co obxectivo de recoñecer a mellor tradución ao galego publicada nese ano na Biblioteca Virtual BIVIR. O seu obxectivo é, segundo a propia fundación declara, "promover entre tódolos tradutores de Galicia versións en lingua galega das grandes obras da literatura universal"[1]. Recibe o nome do escritor, xornalista e tradutor galego Plácido Castro (1902-1967). En 2018 recuperou a dotación económica.[2]

GañadoresEditar

Edición Ano[3] Gañador Obra Autor
Primeira 2001 Lois Tobío Fernández e Valentín Arias[4] (ex aequo) Fausto e O sobriño de Rameau Goethe e Diderot
Segunda 2002 Xesús Riveiro Costa[5] A busca do tempo perdido Marcel Proust
Terceira 2003 Enma Lázare[6] Eugénie Grandet Honoré de Balzac
Cuarta 2004 Xela Arias e Moisés Barcia Rodríguez[7] (ex aequo) O Spleen de Paris e Do asasinato considerado como unha das belas artes Baudelaire e Thomas De Quincey
Quinta 2005 Fernando Pérez-Barreiro Nolla[8], Iolanda Galanes[9] e Marta Panero Louzán Brevario do pensamento clásico chinés e A herdanza dos carácteres adquiridos Michel Delson
Sexta 2006 Xoán Montero e Ekaterina Guerbek[10] (ex aequo) O banqueiro anarquista e Diario dun tolo Fernando Pessoa e Nikolai Gogol.
Sétima 2007 Ánxela Gracián[11] A illa misteriosa Jules Verne
Oitava 2008 María Reimóndez Meilán[12] Mary Prince, unha escrava das indias occidentais Mary Prince
Novena 2009 Emilio Valadé del Río e Natalia Cora, Rebeca Lemat e Susana Collazo[13] (ex aequo) A evolución humana e Lord Jim Antonio Bracinha Vieira e Joseph Conrad
Décima 2010 Fernando Moreiras Corral[14] Ensaio sobre a crítica[15] Alexander Pope
Undécima 2011 Camiño Noia, Elena Sherevera e Lourenzo Maroño[16] (ex aequo) O gran Meaulnes e Antoloxía da poesía rusa: de Pushkin a Evtushenko Alain-Fournier e VV.AA.
Duoécima 2012 Deserto - -
Décimo terceira 2013 Deserto - -
Décimo cuarta 2014 Mona Imai e Alejandro Tobar[17] (ex aequo) Botchan e O forasteiro misterioso Natsume Soseki e Mark Twain
Décimo quinta 2015 Marta Dahlgren[18] Kallocaína Karin Boye
Décimo sexta 2016 Isabel Soto[19] Fosca Igino Ugo Tarchetti
Décimo sétima 2017 Deserto[20] - -
Décimo oitava 2018 Antía Veres Gesto Unha muller perdida Willa Cather[21]

Galería de imaxesEditar

 
Acto de entrega do XVIII Premio Plácido Castro de Tradución a Antía Veres Gesto na capela do Pilar de Corcubión.

NotasEditar

  1. Páxina da fundación
  2. David Reinero (27 de novembro de 2018). "O Premio Plácido Castro de Tradución". Praza Pública. Consultado o 28 de novembro de 2018. 
  3. Dátase conforme ao ano de publicación das obras. O fallo e mais a cerimonia de entrega do premio sempre se fan a ano vencido, é dicir, o ano posterior ao que aquí se indica.
  4. O Plácido Castro premia dúas obras de traducción Arquivado 25 de maio de 2014 en Wayback Machine. [sic]
  5. Xesús Riveiro gaña o Plácido Castro de traducción[Ligazón morta]
  6. Emma Lázare faise co premio de tradución Plácido Castro polo seu traballo cunha obra de Honoré de Balzac
  7. Xela Arias comparte a titulo póstumo o IV Premio de Traducción Plácido Castro con Moisés Rodríguez Barcia
  8. Faleceu Fernando Pérez-Barreiro Nolla
  9. "As traducións crean a demanda social de textos científicos". Arquivado dende o orixinal o 24/09/2016. Consultado o 24/01/2010. 
  10. Empate no premio de tradución Plácido Castro
  11. Ánxela Gracián gañou o premio adicado ao corcubionés Plácido Castro del Río
  12. María Reimóndez, Premio Plácido Castro
  13. Un texto científico y un clásico universal obtienen el Plácido Castro de traducción
  14. «Plácido Castro comprendeu a importancia da súa cultura»
  15. «Gañar o premio Plácido Castro foi toda unha sorpresa e tamén unha honra»
  16. Lourenzo Maroño e Elena Sherevera e Camiño Noia, Premios de Tradución Plácido Castro, nova en Praza Pública o 26 de novembro de 2012.
  17. Acta da reunión do xurado do Premio de tradución Plácido Castro 2014 Pontevedra
  18. Unha tradución directa do sueco ao galego gaña o XV Premio Plácido Castro, nova en Praza Pública o 24 de xuño de 2016.
  19. A viguesa Isabel Soto foi a gañadora da XVIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución pola obra Fosca de Iginio Ugo Tarchetti., nova en XornaldeGalicia o 29 de xuño de 2017.
  20. Acta da reunión do xurado do Premio de tradución Plácido Castro 2017.
  21. Antía Veres Gesto, gañadora da XVIIIª edición do Premio Plácido Castro de Tradución

Véxase taménEditar