Fundación
Unha fundación é un tipo de persoa xurídica, que ten como característica principal a de ser unha organización sen ánimo de lucro, creada para realizar labores benéficas ou de investigación.
Funcionamento
editarAs fundacións son creadas cun fin común, que pode ser moi variado. Unha fundación adoita estar dotada, o que significa que recibe unha gran cantidade de diñeiro para facer o seu traballo. Polo xeral obteñen o capital dos seus padroados, que son os que gobernan a institución; non obstante, poden realizar actividades económicas para cumprir os seus obxectivos.
Exemplos de fundacións inclúen a Fundación Rockefeller e a Fundación Wikimedia. A familia Rockefeller gañou o seu diñeiro coa banca e o petróleo e a súa fundación familiar está dotada dunha gran cantidade de diñeiro. Outro exemplo é a Fundación Bill & Melinda Gates. Gates fixo unha fortuna con Microsoft. El e a súa exesposa doan diñeiro a proxectos como a educación, o tratamento da SIDA ou a malaria no Terceiro Mundo.[1]
En Galiza hai fundacións como Meniños[2], Xeito Novo[3], FGS[4] ou Fundación Andrea[5]
Na lexislación
editarA lexislación galega recolle o seguinte:
“ | Artigo 4.-Fins e beneficiarios.
1. As fundacións ás que se refire esta lei deberán perseguir fins de interese xeral, como poden ser: os de defensa dos dereitos humanos, das vítimas do terrorismo, de actos violentos e doutros acontecementos catastróficos, a asistencia social e a inclusión social; fins cívicos, educativos, culturais -e, particularmente, a promoción, o fomento e a difusión da lingua e da cultura galegas-, científicos, deportivos, sanitarios, laborais, de fortalecemento institucional de Galicia, de cooperación para o desenvolvemento, de promoción do voluntariado, de apoio á igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, de promoción da acción social, de defensa do medio natural de Galicia, e de fomento da economía social e de desenvolvemento da economía produtiva de Galicia, de promoción e de atención ás persoas en risco de exclusión por razóns físicas, sociais ou culturais, de promoción dos valores constitucionais, estatutarios e de defensa dos principios democráticos, de fomento da tolerancia, de desenvolvemento da sociedade da información, ou de investigación científica e desenvolvemento tecnolóxico e outros fins de interese xeral para Galicia que sexan de análoga natureza. 2. A finalidade fundacional debe beneficiar a colectividades xenéricas de persoas. Terán esta consideración os colectivos de traballadores dunha ou de varias empresas e os seus familiares. 3. Non se poderán constituír en ningún caso fundacións coa finalidade principal de destinar as súas prestacións ao fundador ou aos membros do padroado, aos cónxuxes ou a persoas ligadas con análoga relación de afectividade, ou aos seus parentes ata o cuarto grao inclusive, así como ás persoas xurídicas singularizadas que non persigan fins de interese xeral. Non obstante, poderán ser beneficiarios das actividades da fundación sempre que formen parte das colectividades xenéricas de persoas destinatarias da finalidade fundacional. 4. Non se inclúen na alínea anterior as fundacións cuxa finalidade exclusiva ou principal sexa a conservación e a restauración de bens do patrimonio cultural galego ou do patrimonio histórico español, sempre que cumpran as exixencias establecidas pola normativa autonómica e estatal, en particular, respecto dos deberes de visita e exposición pública dos devanditos bens. |
” |
— Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego |
Notas
editar- ↑ "Our Role". Bill & Melinda Gates Foundation (en inglés). Consultado o 2022-02-05.
- ↑ "Fundación Meniños". www.meninos.org. Consultado o 2022-02-05.
- ↑ "Fundación Xeito Novo de cultura gallega". www.facebook.com. Consultado o 2022-02-05.
- ↑ "Galicia Sustentable". Fundación Galicia Sustentable. Consultado o 2022-02-05.
- ↑ "Fundación Andrea". Fundación Andrea (en castelán). Consultado o 2022-02-05.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Fundación |