Fundación Wikimedia

organización sen fins lucrativos

A Wikimedia Foundation, Inc. (en galego: Fundación Wikimedia) é a organización matriz da Galipedia (Wikipedia), Galizionario (Wiktionary), Galicitas (Wikiquote), Galilibros (Wikibooks), Galifontes (Wikisource), In Memoriam 9/11, Wikimedia Commons, Wikidata, Wikispecies, Wikinews, Wikiversity, Wikivoyage e a abandonada Nupedia. É unha fundación sen fins lucrativos que obedece ás leis do estado da Florida nos Estados Unidos. A súa existencia foi anunciada polo antigo director xeral de Bomis e cofundador da Wikipedia, Jimbo Wales, o 20 de xuño do 2003. A coordinación de todos os proxectos Wikimedia, incluído MediaWiki, está en Meta-Wiki e nas distintas listas de discusións.

Fundación Wikimedia

Nome curtoWMF e Wikimedia Editar o valor en Wikidata
Tipoorganización sen ánimo de lucro e entidade filantrópica Editar o valor en Wikidata
Epónimomovemento Wikimedia Editar o valor en Wikidata
Parte demovemento Wikimedia Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaasociación 501(c)(3) Editar o valor en Wikidata
Texto lemaImagine a world in which every single human being can freely share in the sum of all knowledge. Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Cargo dirixenteChief Executive Officer of the Wikimedia Foundation (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fundador/aJimbo Wales Editar o valor en Wikidata
Autoridade executivaConselho Diretivo da Fundação Wikimedia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AfiliaciónWikimedia Endowment (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoWiki Editar o valor en Wikidata
Economía
Data
Fundación20 de xuño de 2003 Editar o valor en Wikidata
Premios
Localización
Mapa
 37°47′21″N 122°24′12″O / 37.7892219, -122.40341
PaísEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
SedeSan Francisco Editar o valor en Wikidata
Área de operaciónmundial Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBwikimediafoundation.org Editar o valor en Wikidata
RedesIMDB: co0205452 Facebook: wikimediafoundation Twitter: Wikimedia Instagram: wikimediafoundation Telegram: WikimediaGeneral LinkedIn: wikimedia-foundation Youtube: UCgIIsBhcseFH1Kghmo0ULbA GitHub: wikimedia Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Etimoloxía

editar

O nome da Wikimedia é unha mestura entre wiki e multimedia, este nome foi acuñado por Sheldon Rampton nunha lista de correo en marzo do 2003. Os nomes de dominio https://www.wikimedia.org/ e http://wikimediafoundation.org foron adquiridos para a fundación por Daniel Mayer. Os nomes e marcas dos servidores da Wikimedia son de propiedade dos propios proxectos da Wikimedia e MediaWiki. Os colaboradores posúen os contidos baixo a licenza GNU FDL previndo que calquera persoa controle os contidos.

Servidores

editar

Nun principio, a organización contaba con 15 servidores. Co paso do tempo, fixeron falta máis servidores debido ao crecente tráfico diario. Isto provocou que nun período de 18 meses se pasase desa cantidade a 200 servidores. Actualmente[cando?] o número está en 400.

Nos primeiros anos, os servidores de Wikimedia utilizaron como software unha mestura de distintas versións das distribucións Red Hat e Fedora. En outubro do 2008[1] comezou a mudar os seus 400 servidores a Ubuntu, coa finalidade de simplificar a administración dos mesmos.

  1. Ryan Paul. "ArsTechnica - Wikipedia adopts Ubuntu for its server infrastructure" (publicación web) (en inglés). Consultado o 28/12/2008. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar