Recursos educativos abertos
Os recursos educativos abertos ou REA (en inglés: Open Educational Resources, OER) están constituídos por documentos ou materiais dixitais orientados á aprendizaxe e á investigación. A súa principal característica é estar "plenamente dispoñíbel para ser usado por educadores e estudantes, sen a necesidade de pagar regalías ou dereitos de licenza".[2]
O termo foi adoptado por primeira vez en 2002 pola Unesco, organismo que os define como: "A provisión aberta, posibilitada pola tecnoloxía, de recursos educativos para consulta, uso e adaptación por parte dunha comunidade de usuarios para fins non comerciais" (UNESCO, 2015, p. 25).[2]
Definición e natureza
editarNon debe confundirse o concepto de REA co de aprendizaxe aberta ou educación aberta. A diferenza entre estes termos radica en que a educación aberta ou aprendizaxe aberta supoñen implicacións substancialmente maiores que o compromiso de liberar recursos abertos ou o uso dos REA en programas educativos. A educación aberta ou aprendizaxe aberta implican un sistema de aprendizaxe, avaliación e ás veces acreditación, con apoio continuo ao estudantado, programas, por citar algúns exemplos. A aprendizaxe aberta é produto da concepción de educación orientada a eliminar as barreiras para a aprendizaxe e proporcionar oportunidades aos estudantes cun sistema centrado nas súas necesidades específicas.[2]
Existen numerosas definicións para referirse aos REA.[3] Estes inclúen cursos completos, materiais para cursos, módulos, libros, vídeos, imaxes, probas, software e calquera outra ferramenta, material ou recurso utilizados para apoiar o acceso ao coñecemento.[4] Os contidos licenciados de maneira aberta poden ser producidos en calquera medio: papel impreso, recursos audiovisuais ou multimedia para computadoras.[2]
A Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE) define aos REA como "materiais dixitalizados ofrecidos libres e abertos a educadores, estudantes e autodidactas para o seu uso e reutilización no ensino, a aprendizaxe, e a investigación. Os REA[5] inclúen contidos de aprendizaxe, ferramentas de software para desenvolver, utilizar e distribuír contidos e recursos de implementación, como as licenzas abertas.[6] Cabe destacar que esta é a definición citada polo proxecto irmán de Wikipedia, a Wikiversidade.[7]
A modo de comparación, o Commonwealth of Learning adoptou a definición máis ampla de Recursos Educativos Abertos (REA) como os "materiais ofrecidos libre e abertamente para utilizalos e adaptalos ao ensino, a aprendizaxe, o desenvolvemento e a investigación".[8]
No proxecto WikiEducator suxírese que os REA refírense "aos recursos educativos (plans de estudo, exames, programas de estudos, módulos de instrución, simulacións, etc.) que están libremente dispoñíbeis para o seu uso, a reutilización, a adaptación e o intercambio".[9][10] As definicións anteriores expoñen algunhas ideas relevantes dos REA:
- Orixe do recurso: Mentres que algunhas das definicións sinalan que o recurso a ser producido debe ter unha finalidade educativa explícita, outros amplían esta orixe e inclúen calquera recurso que potencialmente se poida utilizar para a aprendizaxe (realia).
- Grao de apertura: A maioría das definicións sinalan que un recurso se colocará no dominio público. Outras estabelecen que o uso se concederá soamente con fins educativos, excluíndo a usos comerciais.
Así mesmo, estas definicións comparten algunhas características comúns:
- Cobren tanto o uso e a reutilización, modificación dos recursos e a redefinición dos seus fins.
- Inclúen o uso libre de profesores e alumnos para propósitos educativos.
- Abarcan todos os tipos de medios de comunicación dixital.[11]
Unha das varias tensións que existen para chegar a unha descrición de consenso dos REA (como vemos nas definicións anteriores) é se deben determinar o tipo de tecnoloxías. Por exemplo, un vídeo pode ter licenza aberta e utilizarse libremente sen ser necesariamente un vídeo publicado por streaming. Un libro pode ter licenza aberta e utilizarse libremente sen ser un documento electrónico. Esta tensión impulsada pola tecnoloxía está profundamente vinculada co discurso de licenzas de código aberto. para obter máis información, vexa Licenzas e tipos de REA máis adiante neste artigo.
Exemplos
editarDada a diversidade de usuarios, creadores e patrocinadores dos Recursos Educativos Abertos, non é sorprendente atopar unha gran variedade de definicións, métodos e requisitos. Por esta razón, pode ser moi útil ter en conta as diferenzas entre as distintas descricións dos REA, xa que describen como se consideran a si mesmos. Para facilitar a comprensión, pódense consultar estes exemplos:
- Contidos: Galipedia
- Documentos: Galifontes
- Imaxes: Imaxes de Commons
- Libros: Galilibros
- Sons: Sons de Commons
- Vídeos: Vídeos de Commons
Historia
editarO termo obxectos de aprendizaxe foi introducido en 1994 por Wayne Hodgins e gañou rapidamente seguidores entre os educadores e deseñadores de sistemas de aprendizaxe dixital, que popularizaron a idea de que os materiais dixitais poden ser deseñados para permitir unha fácil reutilización nunha ampla gama de situacións de ensino e aprendizaxe.[12]
O movemento REA orixinouse a partir da evolución da educación aberta a distancia (ODL, polas súas siglas inglés) e no contexto máis amplo da cultura do coñecemento aberto, código aberto, libre intercambio e a colaboración entre pares, que xurdiu a finais do século XX.[13] Os REA e o software libre, por exemplo, teñen moitos aspectos en común.[14][6] Esta conexión foi estabelecida en primeiro lugar en 1998 por David Wiley, quen introduciu o concepto de contido aberto, por analoxía ao código aberto.[15][16]
Ao MIT OpenCourseWare atribúeselle o desatar o movemento mundial a prol Recursos Educativos Abertos en 2001 despois de anunciar que ía ofrecer en liña todo o seu catálogo de cursos e o lanzamento deste proxecto en 2002.[17] Nunha primeira manifestación deste movemento, o MIT realizou unha alianza coa Universidade Estatal de Utah, onde o profesor adxunto en tecnoloxía educativa David Wiley creou unha rede de apoio entre pares para a distribución do contido do OCW, a través de comunidades voluntarias de auto-organización de intereses.[18]
O termo "recursos educativos abertos" foi adoptado por primeira vez no Foro da UNESCO sobre o Impacto dos Cursos Abertos de Educación Superior nos países en desenvolvemento, do 2002.[19]
No marco do Congreso Mundial de Recursos Educativos Abertos elabórase a Declaración de París sobre os Recursos Educativos Abertos na que se estabelecen as seguintes recomendacións aos Estados membro:
- Fomentar o coñecemento e o uso dos recursos educativos abertos.
- Crear contornas propicias para o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
- Reforzar a formulación de estratexias e políticas sobre recursos educativos abertos.
- Promover o coñecemento e a utilización de licenzas abertas.
- Apoiar o aumento de capacidades para o desenvolvemento sustentábel de materiais de aprendizaxe de calidade.[20]
- Impulsar alianzas estratéxicas en favor dos recursos educativos abertos.
- Promover a elaboración e adaptación de recursos educativos abertos nunha variedade de idiomas e de contextos culturais.
- Alentar a investigación sobre os recursos educativos abertos.
- Facilitar a procura, a recuperación e o intercambio de recursos educativos abertos.
- Promover o uso de licenzas abertas para os materiais educativos financiados con fondos públicos.[21]
En 2005 o Centro para a Investigación e Innovación Educativa (CERI) da OCDE puxo en marcha un estudo que durou 20 meses para trazar unha escala e analizar o alcance das iniciativas relativas aos recursos educativos abertos en canto ao seu obxecto, o contido e o financiamento.[22] O informe “Dar coñecemento de forma gratuíta: A aparición dos recursos educativos abertos”, publicado en maio de 2007, é o principal resultado do proxecto, que involucrou a unha serie de expertos reunidos en 2006.[23][6]
En setembro de 2007, o Open Society Institute e a Fundación Shuttleworth convocaron unha reunión en Cidade do Cabo á que trinta dos principais defensores da educación aberta foron convidados para colaborar na redacción dun manifesto. A "Declaración de Educación Aberta de Cidade do Cabo" foi publicada o 22 de xaneiro de 2008, instando a gobernos e editores a que os materiais educativos sexan financiados cos fondos públicos dispoñíbeis e sen custo algún a través de Internet.[24][25] En 2015, na Declaración de Qingdao, estabelécese: "Comprometémonos a formular estratexias e programas de fortalecemento de capacidades sectoriais para aproveitar plenamente o potencial que teñen os REA de aumentar o acceso a oportunidades de aprendizaxe durante toda a vida e conseguir unha educación de calidade."[26]
Existen antecedentes pedagóxicos para os Recursos Educativos Abertos; un deles está relacionado co artista de performance de orixe alemá Joseph Beuys, quen en 1973 crea a Universidade Libre Internacional para a Creatividade e a investigación Interdisciplinaria (Free International University for Creativity and Interdisciplinar Research). Esta institución foi creada para que as persoas recoñecesen as súas propias capacidades creativas. A súa pedagoxía non era competitiva, ademais de que a oferta académica era aberta e interdisciplinaria, pois nela lindaban os estudos culturais, a socioloxía e a economía, esta última non estando restrinxida á cuestión monetaria, senón a formas alternativas de capital, é dicir, á creatividade das persoas.
Licenzas e tipos
editarOs recursos educativos abertos implican frecuentemente cuestións relacionadas cos dereitos da propiedade intelectual. Así, crese con frecuencia que os contidos que se atopan baixo unha licenza aberta pertencen ao dominio público, e que o seu autor renuncia a todos os seus dereitos sobre ese material. Isto non é así. En verdade, o xurdimento de licenzas abertas ten por finalidade protexer os dereitos de autor dentro de ambientes nos que estes contidos, en especial os dixitais, poden ser non só facilmente copiados senón tamén compartidos en Internet sen a autorización do seu autor.[2]
Os materiais educativos tradicionais, como os libros de texto, están protexidos polas condicións convencionais dos dereitos de autor. Con todo, opcións de licenza alternativas máis flexíbeis apareceron como resultado do labor de Creative Commons, unha organización que ofrece acordos de licenza predefinidos que son menos restritivos que os termos internacionais de copyright estándar de "todos os dereitos reservados". Estas novas opcións convertéronse nunha "infraestrutura de servizo crítica para o movemento OER".[27] Outra licenza, normalmente utilizada polos desenvolvedores de software REA, é a Licenza Pública GNU.[6]
Existe un debate en curso dentro da comunidade REA respecto da idea de que exista unha dependencia implícita sobre a concesión de licenzas explicitamente. Por exemplo, o coñecemento que é de dominio público pode ou non ser considerado como un recurso educativo aberto lexítimo en función de se a ausencia dunha licenza aberta impídelle cumprir cos diferentes criterios de apertura ou non. En relación co debate sobre a concesión de licenzas, tamén se atopa o debate sobre se a reutilización dunha licenza pode ou non indicarse con claridade.
Os tipos de recursos educativos abertos son diversos: cursos completos, materiais para cursos, módulos, obxectos de aprendizaxe, libros de texto con licenza aberta, vídeos con licenza aberta (frecuentemente sen interrupción), exames, software e outras ferramentas, materiais ou técnicas utilizadas para apoiar o acceso ao coñecemento. Os REA poden estar dispoñíbeis como recursos estáticos abertos e libres, como recursos dinámicos que cambian co tempo no intervalo da procura de coñecemento e a súa actualización (por exemplo, este artigo de Wikipedia), ou un curso ou módulo cunha combinación destes recursos.
As seis licenzas Creative Commons
editar- Artigo principal: Licenza Creative Commons.
Baséanse no dereito de autor. Con todo ofrecen aos autores a oportunidade de flexibilizar os dereitos patrimoniais que ceden ou se reservan, xerando un texto de validez legal que é compatíbel coas leis de distintas xurisdicións. As seis licenzas contemplan diversas posibilidades, aínda que todas permiten a copia legal, e todas obrigan a recoñecer a autoría da obra.[28]
Políticas
editarAs políticas dos recursos educativos abertos son os principios ou postulados adoptados polos órganos de goberno que apoian da utilización de contido aberto e o seu uso nas institucións educativas. Estas políticas están a xurdir en países, estado, rexións, provincias e cada vez máis a nivel local.[6]
Algúns programas REA importantes inclúen:
- OER África, unha iniciativa estabelecida polo Instituto Surafricano de Educación a Distancia (Saide) orientada a desempeñar un papel preponderante no desenvolvemento e uso de RAE en todos os sectores educativos do continente africano.[29][30]
- Wikiwijs (Países Baixos), un programa destinado a promover o uso dos recursos educativos abertos (REA) no sector educativo holandés,[31][32]
- O programa de recursos educativos abertos (fases unha e dúas) ) (Reino Unido), financiado pola HEFCE, a Academia de Educación Superior do Reino Unido e a JISC, que apoiaron proxectos piloto e actividades ao redor da liberación de recursos de aprendizaxe aberta, para o seu libre uso e reutilización en todo o mundo.[33]
- REA-Brasil que desde 2008 constituíuse como unha comunidade dedicada á difusión e capacitación de persoas que contribúan á creación de REA esta organización logrou que se incluísen os REA nos obxectivos do Plan Nacional de Educación Brasileiro.
- Creative Commons alberga un rexistro de políticas de recursos educativos abertos no que se enumeran 77 políticas actuais e propostas de educación aberta de todo o mundo.[34]
En 2015 a Unesco publicou as Directrices para os Recursos Educativos Abertos (REA) na educación superior onde se formulan propostas para a integración dos REA na educación superior co propósito de convidar ou estimular aos gobernos e institucións a "investir na produción, adaptación e utilización sistemáticas dos REA e integralos ao contexto cotián da educación superior coa finalidade de mellorar a calidade dos plans de estudo e o ensino, ademais de reducir custos".[35]
Localización
editarA ampla e diversa cantidade de REA dispoñíbeis xerou a preocupación de facilitar a localización de devanditos recursos na web. Así se xurdiron dúas ferramentas de axuda para localizar recursos de calidade: os motores de procura especializados e os repositorios institucionais.[2]
Motores de busca
editar- Artigo principal: Motor de busca.
Algúns dos máis populares son o motor de busca Creative Commons e o Open Educational Resources.[36][37] Os motores de busca habituais permiten frecuentemente especificar o tipo de recurso que se procura (por exemplo, imaxes ou vídeos) e outros riscos (formato, uso, antigüidade etc.) ben utilizando a versión de busca avanzada, ben agregando etiquetas.
- Exemplos de motores de busca
Repositorios REA
editar- Artigo principal: Repositorio institucional.
Existen diversos repositorios de Recursos Educativos Abertos, que se poden usar en diferentes disciplinas e áreas do coñecemento co propósito de facilitar e enriquecer o proceso de aprendizaxe. Nestes sitios pódense atopar bases de datos bibliográficos, cursos, módulos, ensaios, manuais, libros, presentacións, mapas, animacións, titoriais, recursos interactivos, obxectos de aprendizaxe, animacións, imaxes, simulacións, test, probas, estudos de caso, entre outros.
Algúns destes repositorios pertencen a unha institución e enfócanse os materiais que publica esa organización, así como tamén existen repositorios especializados nunha temática.[2]
Tamén cabe destacar as bibliotecas escolares dixitais, estas son un conxunto organizado de recursos en formato dixital, xa sexan documentos, libros, mapas, revistas, xornais e materiais audiovisuais, e que se utilizan no ámbito educativo. As bibliotecas escolares dixitais son consideradas un recurso educativo en etapas como a Educación Primaria, Secundaria e Bacharelato.[38]
Os diferentes repositorios de REA adoptan criterios de calidade para incluír e organizar o seu contido. Aínda que os repositorios poidan concibirse como un filtro de contidos de calidade, a pertinencia dun recurso nunha situación de ensino e aprendizaxe queda en mans dos responsábeis educativos.[2]
En última instancia, a responsabilidade de asegurar a calidade dos REA utilizados en contornos de ensino e aprendizaxe recaerá sobre a institución, os coordinadores de programa/curso e os educadores individuais responsábeis por realizar a actividade docente (...) Polo tanto, a 'calidade dos REA' dependerá dos recursos que decidan usar, de como deciden adaptalos para que sexan contextualmente relevantes e de como os integran ao ensino e á aprendizaxe de actividades de diversa índole.UNESCO, 2015, p.13
- Exemplos de repositorios de REA
- Media Campus (es): Repositorio de material en vídeo da Universidade Nacional Autónoma de México.
- Procomun (es): Repositorio de REA do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte de España.
- Sedici (es): Repositorio de REA da Universidade Nacional de La Plata (es), Arxentina.
- ColombiaAprende (es): Repositorio de REA de Colombia.
- EducarChile (es): Repositorio de REA de Chile.
- Merlot (en): Repositorio de REA dos Estados Unidos.
- Red Universitaria de Aprendizaje (es): Repositorio da Universidade Nacional Autónoma de México.
- Toda la UNAM en línea (es): Repositorio da Universidade Nacional Autónoma de México.
- Educar (es): Repositorio REA do Portal Educar, Arxentina.
Apoio institucional
editarGran parte dos primeiros traballos sobre recursos educativos abertos foron financiados por universidades e fundacións, como a Fundación William and Flora Hewlett, que foi o principal apoio financeiro dos REA nos primeiros anos e gastouse máis de 110 millóns $ USA no período de 2002 a 2010, dos cales máis de 14 millóns $ USA se destinaron ao MIT.[39][40] A Fundación Shuttleworth, centrada en proxectos relacionados coa colaboración para a creación de contidos, contribuíu tamén. O goberno británico contribuíu con 5,7 millóns £, este apoio institucional tamén foi proporcionado polos organismos de financiamento do Reino Unido JISC e HEFCE.[33][41]
A UNESCO tomou un papel de liderado na "concienciación de países sobre o potencial dos REA".[42] A organización promoveu o debate sobre como aplicar os REA na práctica e presidiu intensos debates sobre esta materia a través da súa International Institute for Educational Planning (IIEP).[43]
Crendo que os REA poden ampliar o acceso cara a unha educación de calidade, sobre todo cando son compartidos por moitos países e institucións de educación superior, a Unesco avoga polos REA como un medio de promover o acceso, a equidade e a calidade no espírito da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.[44] En 2012 aprobouse, durante o Congreso Mundial sobre os Recursos Educativos Abertos celebrado na Unesco, a Declaración de París sobre os recursos educativos abertos.[21]
Programas internacionais
editarDepositáronse grandes esperanzas nos REA para paliar a fenda dixital entre o Norte e o Sur do planeta e para facer unha contribución ao desenvolvemento das economías menos avanzadas.[45]
- Europa - Learning Resource Exchange for schools (LRE) é un servizo posto en marcha por European Schoolnet en 2004 permitindo aos educadores atopar recursos educativos abertos en varios idiomas, de moitos países e provedores diferentes. Pódense buscar máis de 200.000 recursos para a aprendizaxe nun portal segundo a linguaxe, tema, tipo de recurso e grupo de idade.[46]
- India - National Council Of Educational Research and Training. Dixitalizar todos os seus libros de texto é a primeira norma de 12 no seu estándar. Os libros de texto están dispoñíbeis en liña de forma gratuíta. Central Institute of Educational Technology, unidade constituída polo NCERT dixitalizou máis de mil programas de son e vídeo. Todo a material AV educativo desenvolvido por CIET está dispoñíbel en Sakshat Portal unha iniciativa do Ministerio de Recursos Humanos e Desenvolvemento. Ademais, NROER (Repositorio Nacional de Recursos Educativos Abertos) almacena gran variedade de contidos en liña.[47]
- Estados Unidos - Washington State's Open Course Library Project é unha colección de materiais educativos desenvolvidos por expertos - incluíndo libros de texto, programas de estudos, actividades de cursos, lecturas e avaliacións - reunidos para 81 cursos universitarios superiores. Todos os cursos proporcionan unha opción de alta calidade que custa aos estudantes non máis de 30 dólares por curso.[48]
- Bangladesh é o primeiro país en dixitalizar un conxunto completo de libros de texto para os graos 1-12. A distribución é gratuíta para todo o mundo.[49]
- Uruguai buscou até 1.000 recursos dixitais de aprendizaxe nunha Solicitude de Propostas en xuño de 2011.[50][51]
- Corea do Sur anunciou un plan para dixitalizar todos os seus libros de texto e proporcionar a todos os estudantes computadoras e libros de texto dixitalizados.[52]
- A iniciativa de California Learning Network Resources para liberación dixital dos libros de texto no nivel de secundaria, iniciada polo exgobernador Arnold Schwarzenegger.[53]
- A Fundación Shuttleworth liberou libros de ciencias de secundaria de forma gratuíta para Suráfrica[54]
- México ten, a través da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM), recursos educativos abertos a todo público como MediaCampus[55], English Media[56] e UAPA (Unidades de apoio para a aprendizaxe)[57].
Participación activa
editarO movemento REA non sería nada se non houbese un movemento cidadán participativo que dinamice non só o uso dos recursos, senón a súa produción. Desde ese punto de vista, xogan un papel esencial o apoio institucional e a participación empresarial, mais sobre todo as iniciativas individuais e as organizacións non gobernamentais. Neste sentido, é relevante o rol dos movementos cidadáns, científicos, artísticos e pedagóxicos.[58][59][60][61]
Para iniciarse como membro activo, pódense consultar as axudas de:
- Galipedia: Como comezar a colaborar
- Commons: Primeiros pasos
Críticas
editarDiscurso externo
editarO movemento REA foi acusado de insularidade e de falta de conexión global. É dicir, sostense que "os REA non serán capaces de axudar aos países a alcanzar as súas metas educativas a menos que se tome conciencia de que o seu poder e o seu potencial se poden ampliar rapidamente máis aló das comunidades que xa se interesaron"[62]
As dúbidas sementáronse sobre todo sobre os motivos altruístas reclamados polos defensores dos REA. O proxecto en si mesmo foi acusado de imperialista, dado que se sostén que son as preferencias económicas, políticas e culturais dos países altamente desenvolvidos os que determinan a creación e difusión de coñecemento que pode ser utilizado polos países sub-desenvolvidos e que isto podería constituírse nunha imposición autoxerada.[63]
Discurso interno
editarDentro do movemento dos recursos educativos abertos, o concepto de REA é esencialmente contraditorio e activo.[64][65] Considera, por exemplo, as concepcións do coñecemento, tales como se observan no discurso dos cursos en liña abertos e masivos ou MOOCs que poden ofrecer cursos gratuítos pero que logo resultan onerosos ao momento de obter unha distinción ao finalizar o curso ou ao brindar certificacións verificadas por entidades comerciais.[66][67] Un segundo exemplo de ideas contraditorias dos REA pode atoparse no uso de distintos logos dos REA, o cal pode ser interpretado como un indicador de ausencia de recoñecemento dos REA como un movemento a nivel global.
Stephen Downes sostivo que, desde a perspectiva conectivista, a produción de REA é irónica porque "nunha análise final, non podemos producir recursos para a xente (...) As persoas que se benefician destas iniciativas de REA son os mesmos que producen os devanditos recursos".[68]
Notas
editar- ↑ "Logotipo mundial REA | Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura". en.unesco.or (en inglés). Consultado o 18 de outubro de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Butcher, Neil; Kanwar, Asha; Uvalic-Trumbic, Stamenka (2015). "Guía básica de recursos educativos abiertos (REA)". unesdoc.unesco.org (en castelán). UNESCO. ISBN 978-9-233000-20-9.
- ↑ "What is OER?". wiki.creativecommons.org (en inglés). Creative Commons. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ "Open Educational Resources". www.hewlett.org (en inglés). The William and Flora Hewlitt Foundation. Consultado o 27 de abril de 2013.
- ↑ devteam, Juana Manso. "Plan Federal Juana Manso" (en español). Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2022. Consultado o 2021-11-04.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 El conocimiento libre y los recursos educativos abiertos (en castelán). París: OCDE. 2007. p. 30. Consultado o 3 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Open educational resources". en.wikiversity.org (en inglés). Wikimedia Foundation. Consultado o 17 de abril de 2013.
- ↑ "Open Educational Resources (OER)". Commonwealth of Learning. Arquivado dende o orixinal o 3 de maio de 2013. Consultado o 16 de abril de 2013.
- ↑ "OER". wikieducator.org (en inglés). WikiEducator. Consultado o 17 de abril de 2013.
- ↑ "Defining OER". wikieducator.org (en inglés). Open Education Resource Foundation. Consultado o 18 de abril de 2013.
- ↑ Ehlers, Ulf Daniel; Camilleri, Anthony F.; Pawlowski, Jan (2014). State of the art review of quality issues related to open educational resources (OER) (en inglés). LU: Publications Office of the European Union. ISBN 978-92-79-37916-1.
- ↑ "Expert meeting on Open Educational Resources, Malmo, Sweden, 6-7 February 2006 - OCDE". www.oecd.org (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Expert Meeting on Open Educational Resources" (PDF) (en inglés). Centre for Educational Research and Innovation. 6 de febreiro de 2006. Consultado o 3 de decembro de 2010.
- ↑ "FOSS solutions for OER - summary report" (en inglés). Unesco. 28 de maio de 2009. Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2011. Consultado o 20 de febreiro de 2011.
- ↑ "New Free License to Cover Content Online" (en inglés). 18 de xullo de 1998. Arquivado dende o orixinal o 19 de xuño de 2000. Consultado o 27 de decembro de 2010.
- ↑ Wiley, David (1998). "Open Content" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 1999. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
- ↑ Guttenplan, D. d (2010-11-01). "For Exposure, Universities Put Courses on the Web". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "MIT initiative could revolutionize learning" (en inglés). Toronto. 4 de setembro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2003. Consultado o 20 de decembro de 2010.
- ↑ Johnstone, Sally M. (2005). "Open Educational Resources Serve the World" (en inglés) 28 (3). Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2010. Consultado o 1 de novembro de 2010.
- ↑ "Recursos educativos abiertos. Conceptos, herramientas y procesos para la producción de materiales digitales". www.educ.ar (en castelán). Consultado o 2021-11-04.
- ↑ 21,0 21,1 https://plus.google.com/+UNESCO (2017-07-20). "The Paris OER Declaration 2012". UNESCO (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Giving Knowledge for Free. THE EMERGENCE OF OPEN EDUCATIONAL RESOURCES" (PDF). www.oecd.org (en inglés). CERI. Consultado o 24/09/2022.
- ↑ "CERI - Open Educational Resources: Meetings and Conferences - OECD". www.oecd.org (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ Wynsculley, Catherine (2009). "Educators and the Cape Town Open Learning Declaration: Rhetorically reducing distance" (en inglés) 5 (5). Consultado o 27 de decembro de 2010.
- ↑ "The Cape Town Open Education Declaration" (en inglés). 2007. Consultado o 27 de decembro de 2010.
- ↑ "Qingdao Declaration, 2015: Seize Digital Opportunities, Lead Education Transformation". unesdoc.unesco.org (en inglés). Consultado o 24/09/2022.
- ↑ Hammond, Daniel E. Atkins, John Seely Brown, and Allen L. (2007). A Review of the Open Educational Resources (OER) Movement: Achievements, Challenges, and New Opportunities (en inglés). Palo Alto, California, United States: William and Flora Hewlett Foundation.
- ↑ "About The Licenses - Creative Commons" (en inglés). Consultado o 2021-11-15.
- ↑ "Introducing OER Africa" (en inglés). South African Institute for Distance Education. Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2013.
- ↑ "OER Africa". oerafrica.org (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Wikiwijs - Vind, maak en deel lesmateriaal". Wikiwijs (en neerlandés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ Yumpu.com. "Trend reporT: open educaTional resources 2013". yumpu.com (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ 33,0 33,1 "Open education". Jisc (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Creative Commons Contributions Policy". Creative Commons (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ Directrices para los recursos educativos abiertos (REA) en la educación superior (en castelán). París : UNESCO, 2015. 2015. ISBN 978-92-3-300019-3.
- ↑ "Creative Commons".
- ↑ "OER Commons".
- ↑ "Objetos Educativos - Biblioteca Escolar Digital" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 7 de novembro de 2017. Consultado o 4 de novembro de 2017.
- ↑ "For Exposure, Universities Put Courses on the Web" (en inglés). New York. 1 de novembro de 2010. Consultado o 19 de decembro de 2010.
- ↑ "Higher Education Reimagined With Online Courseware". New York. 16 de abril de 2010. Consultado o 19 de decembro de 2010.
- ↑ Swain, Harriet (2009-11-10). "Any student, any subject, anywhere". the Guardian (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Initiative Background". 2009. Consultado o 1 de xaneiro de 2011.
- ↑ Online, Formación (2015-09-01). "El IIEP y los recursos educativos abiertos". Formación Online (en castelán). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Education transforms lives | UNESCO". www.unesco.org (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Knowledge Dissemination in Sub-Saharan Africa: What Role for Open Educational Resources (OER)?". www.oerafrica.org (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Home - LRE". lreforschools.eun.org (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "National Council of Educational Research and Training (NCERT)". dsel.education.gov.in (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Open Course Library – Home". opencourselibrary.org (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ Correspondent, Staff (2011-02-28). "PM opens e-content repository". The Daily Star (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "En el camino del plan CEIBAL: referencias para padres y educadores". unesdoc.unesco.org (en castelán). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Ceibal". www.ceibal.edu.uy (en castelán). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Textbooks to go digital by 2015". koreatimes (en inglés). 2011-06-29. Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Home » CLRN.org" (en inglés). Consultado o 22 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Free High School Science Texts". Shuttleworth Foundation (en inglés). 2012-09-10. Archived from the original on 10 de setembro de 2012. Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "UNAM Media Campus". www.unamenlinea.unam.mx (en castelán). Consultado o 24/09/2022.
- ↑ "Unidades Temáticas de Inglés". proyectos.cuaed.unam.mx (en inglés). Consultado o 24/09/2022.
- ↑ "UAPA - unidades de apoyo para el aprendizaje - UNAM". uapas.bunam.unam (en castelán). Consultado o 24/09/2022.
- ↑ "Wikipedia y universidades: trabajo colaborativo en torno a universidades iberoamericanas". www.educacionyfp.gob.es (en castelán). Consultado o 2022-09-25.
- ↑ Gordillo, Agustín Zanotti (2022-09-05). "Rediseño de portales para la Wikipedia en español". Revista Tecnología, Ciencia y Educación (en castelán): 155–176. ISSN 2444-2887. doi:10.51302/tce.2022.790.
- ↑ Obregón-Sierra, Ángel; González-Fernández, Natalia (2020-06-27). "Wikipedia en las facultades de educación españolas. La visión de los estudiantes universitarios". Alteridad (en castelán) 15 (2): 218–228. ISSN 1390-8642. doi:10.17163/alt.v15n2.2020.06.
- ↑ Tramullas, Jesús (2018). "Wikipedia, educación e información científica". Anuario ThinkEPI. Barcelona: ThinkEPI. pp. 328–329. doi:10.3145/thinkepi.2018.50.
- ↑ "UNESCO-COL: Planning for open educational resources". University World News (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "The OER Knowledge Cloud: Knowledge Dissemination In Sub-saharan Africa: What Role For Open Educational Resources (oer)?". The OER Knowledge Cloud (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ Scanlon, Eileen (2012-02). "Digital futures: Changes in scholarship, open educational resources and the inevitability of interdisciplinarity". Arts and Humanities in Higher Education (en inglés) 11 (1-2): 177–184. ISSN 1474-0222. doi:10.1177/1474022211429279.
- ↑ "Open Educational Resources (OER)". library.educause.edu (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ "Coursera begins to make money". www.insidehighered.com (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ Kevin, Carey. "The Brave New World of College Branding". www.chronicle.com (en inglés). Consultado o 2022-09-24.
- ↑ Downes, Stephen. "The Role of Open Educational Resources in Personal Learning". VI International Seminar of the UNESCO chair in e-Learning. Universitat Oberta de Catalunya. Consultado o 17 de xuño de 2013.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Recursos educativos abertos |
Bibliografía
editar- Gómez Marín, Alexandra; Restrepo Restrepo, Edilberto; Becerra Agudelo, Ricardo Andres (2021). "Educational Foundations for the Creation and Production of Open Access Educational Resources (REA)". Anagramas Rumbos Y Sentidos De La Comunicación, 19(38) (en inglés). pp. 35–68. Consultado o 25/09/2022.
- Centre for Educational Research and Innovation (2009). "El conocimiento libre y los recursos educativos abiertos". OCDE (en castelán). Consultado o 25/09/2022.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sergio Luján Mora (2012). ¿Qué son los Recursos Educativos Abiertos? (en castelán).
- "ROER4D OVERVIEW". Roer4D (en inglés). Consultado o 25/09/2022.