Baidu, Inc. (百度公司) é unha empresa chinesa establecida o 18 de xaneiro de 2000 como unha compañía de servizos web con sede en Pequín[1]. Ofrece múltiples servizos, o máis recoñecible é o motor de busca en lingua chinesa para sitios web, ficheiros de son e imaxes, pero en total son 57 os servizos que ofrece, entre eles Baidu Baike, unha enciclopedia colaborativa en liña e en chinés[2]. Os seus fundadores foron Robin Li e Eric Xu que lograron convertela nun dos principais referentes de Internet, situando a Baidu na quinta posición mundial no índice Alexa[3]. Consonte a política de censura de Internet na China, Baidu filtra o material controvertido nos seus resultados, cunha longa lista de sitios webs bloqueados e temas censurados nas buscas de Baidu[4]. Baidu Japan non aplica a censura pero o sitio está bloqueado na China [5].

Baidu
Tiponegocio, motor de procura web, empresa, empresa de capital aberto e comunidade en liña
Data de fundaciónxaneiro de 2000
Fundador(es)Robin Li
Director/aRobin Li
Nº de empregados5.500 Editar o valor en Wikidata
Organización subsidiariaIQIYI
SedePequín
PaísRepública Popular da China
Na rede
https://www.baidu.com/ e https://www.百度网站.中国
Facebook: Baiduers Twitter: Baidu_Inc Instagram: baiducompany Youtube: UCm08TSsp87RRfn9SB_khuUQ Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

Primeiros pasos

editar

Entre 1994 e 1997 Robin Li traballou en IDD Information Services en Nova Jersey, unha división de Dow Jones and Company, alí realizou tarefas de desenvolvemento de software para a edición dixital de The Wall Street Journal[6] e na mellora de algoritmos para os motores de busca. Entres estaba en IDD, Li desenvolveu RankDex, o seu propio algoritmo para indexar os contido de Internet segundo a calidade dos sitios webs[7][8][9] que patentou [10]. Esa foi a base sobre a que no ano 2000 xunto con Eric Xu fundou Baidu, que tivo a súa primeira oficina nun cuarto de hotel en Pequín. No ano 2003, Baidu lanzou un motor de busca de novas e imaxes, adoptando unha tecnoloxía de identificación especial, que era quen de identificar e agrupar os artigos[11].

Consolidación

editar
 
Celebración dos cinco anos de Baidu Baike

No ano 2006 Baidu trataba máis de 740 millóns de páxinas, 80 millóns de imaxes e 10 millóns de ficheiros multimedia[12].

En decembro de 2007 converteuse na primeira compañía chinesa en ser incluída no índice NASDAQ-100[13]. En pleno crecemento a empresa pasou de 6000 empregados en 2006 a 10.000 en 2010.

En 2011 Microsoft e Baidu estableceron un acordo nas buscas por Internet, que permitía ao motor de buscas do primeiro, Bing, entrar no mercado chinés e a Baidu internacionalizar as súas actividades. No primeiro cuarto de 2012 Baidu tiña o 78.6% dos ingresos no mercado de buscas na China[14]. En 2012, diversificando aínda máis os seus produtos, lanzou un teléfono intelixente de baixo custe, o Changhong H5018.[15]

Servizos

editar

Baidu ofrece múltiples servizos[16] para localizar información, produtos e servizos utilizando termos en lingua chinesa, permitindo as buscas por fonética chinesa, buscas avanzadas, correctores, novas, imaxes, vídeo, mapas, tempo, horarios de trens e avións e moita información local. O axente de usuario do motor de busca de Baidu search é baiduspider.[17][18]. Entre os máis coñecidos servizos que ofrece están:

  • Baidu Yun (百度云), un servizo de hospedaxe de aquivos que ofrece 2 TB de balde.[19]
  • Baidu Japan, o seu servizo de buscas en lingua xaponesa, o primeiro servizo regular da empresa fóra da China [20], inclúe unha caixa de buscas para sitios webs e imaxes, axuda ao usuario e servizo de buscas avanzadas[21]
  • Baidu Tieba, unha comunidade en liña para intercambiar ideas e compartir coñecemento e experiencias.
  • Baidu News, dispón de ligazóns cara a unha selección de novas locais, nacionais e internacionais, presentando novas historias nun formato que permite as buscas logo duns minutos da súa publicación na web, tamén dispón dunha licenza do goberno que lle permite realizar os seus propios artigos de prensa.[22]
  • Baidu Zhidao (百度知道), unha comunidade de usuarios rexistrados que poden preguntar cuestións específicas e responder ás realizadas por outros usuarios.
  • Baidu Music, fornece ligazóns xeradas por algoritmo a cancións e outros arquivos multimedia de provedores de contido de Internet, principalmente de música pop chinesa. Baidu comezou ofrecendo unha lista de música chinesa pop, Baidu 500, baseada no número de descargas. Baidu localiza MP3, WMA e SWF. Aínda que os temas están suxeitos a copyright segundo a lei chinesa, Baidu afirma que esas ligazóns non infrinxen a lei. Outros motores de busca, como Google China (Hong Kong), seguiron a práctica e usan unha compañía intermediaria, Top100, para ofrecer un servizo semellante de busca MP3.
  • Baidu Image, localiza imaxes.
  • Baidu Video, localiza vídeos.
  • Baidu Hitao o servizo de rede social de Baidu, que permite aos usuarios rexistrados crear páxinas personalizas[23] e establecer as súas propias comunidades de amigos. En xullo de 2009 tiña 100 millóns de usuarios rexistrados.
  • Baidu Baike, a principal enciclopedia chinesa en número de usuarios e páxinas vistas/tráfico web e a segunda por número de artigos logo de; Hudong.
  1. "IR Contacts Arquivado 26 de decembro de 2008 en Wayback Machine.." Consultado o 27 de decembro de 2010
  2. China Analyst (CNAnalyst.com) (ed.). "Baidu's 57 Products/Services: Introduction and History". Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2008. Consultado o 18 de maio de 2014. 
  3. "Alexa Top 500 Global Sites". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de maio de 2014. 
  4. Baidu’s Internal Monitoring and Censorship Document Leaked (1), Xiao Qiang, China Digital Times, 30 de abril de 2009
    Baidu’s Internal Monitoring and Censorship Document Leaked (2)
    Baidu’s Internal Monitoring and Censorship Document Leaked (3)
  5. "China blocks Baidu Japan with porn links" Sina, 18 de abril de 2007
  6. "Robin Li's vision powers Baidu's Internet search dominance", Taipei Times, 17 de setembro de 2006.
  7. Greenberg, Andy, "The Man Who's Beating Google" Arquivado 18 de setembro de 2012 en Archive.is, Forbes magazine, October 5, 2009
  8. Yanhong Li, "Toward a Qualitative Search Engine," IEEE Internet Computing, vol. 2, no. 4, pp. 24–29, July/Aug. 1998, doi 10.1109/4236.707687
  9. "About: RankDex", rankdex.com
  10. USPTO, "Hypertext Document Retrieval System and Method" Arquivado 05 de decembro de 2011 en Wayback Machine., US Patent number: 5920859, Inventor: Yanhong Li, Filing date: Feb 5, 1997, Issue date: Jul 6, 1999
  11. "Baidu Launched News Search Engine and Pictures Search Engine". Arquivado dende o orixinal o 10 de novembro de 2013. Consultado o 18 de maio de 2014. 
  12. MSN Money (ed.). "MSN Money – BIDU". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2006. Consultado o 11 de maio de 2006. 
  13. Chmielewski, Dawn C. (10 de decembro de 2007). "Search site moves at the speed of China". Los Angeles Times. 
  14. "China Search Engine Market Share by Revenue Q1 2012 "China Economic Watch"".  }
  15. "Baidu Smartphone". Consultado o 16 de maio de 2012. 
  16. "Baidu products". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2015. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  17. baidu.com, ed. (18 de marzo de 2009). "关于baiduspider". 
  18. HttpUserAgent.org, ed. (17 de marzo de 2009). "Baiduspider User-Agent String". Arquivado dende o orixinal o 03 de abril de 2009. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  19. Baidu Yun official website. Consultado o 23 de marzo de 2014(en chinés)
  20. Baidu Japan Inc.
  21. Infoniac.com, ed. (23 de marzo de 2007). "China's Google in Japan". Arquivado dende o orixinal o 28 de marzo de 2007. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  22. Gadget4boys.com, ed. (23 de xaneiro de 2007). "Google's Lookalike is Expanding in China". Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2007. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  23. Baidu