Educación a distancia

modalidade de educación

A educación a distancia é unha modalidade educativa na que o alumnado (discente) non comparte o mesmo espazo físico có profesorado (docente) durante o desenvolvemento do proceso de ensino-aprendizaxe.[1]

Polo de apoio presencial da Universidade Aberta do Brasil en Cambuí, Minas Gerais, Brasil.

Existen numerosas experiencias e modelos de educación a distancia no mundo enteiro que varían tanto polo tipo de contidos ensinados como polos medios utilizados. Os medios utilizados para a comunicación educativa ou para os recursos didácticos adoitan dar identidade a cada sistema. Así, por exemplo, fálase de ensino por correspondencia porque os envíos dos materiais e comunicación realízase por correo). Dedúcese desta observación que o soporte utilizado define en boa medida cada sistema e cada forma de desenvolver o proceso de ensino-aprendizaxe e que este soporte depende en grande medida das posibilidades técnicas e tecnolóxicas en cada momento histórico.

Concepto editar

Dada a grande diversidade de modelos, resulta difícil unha definición xenérica de Educación a Distancia. Lorenzo García Aretio (2001, p. 113) indícanos unha definición integradora que recolle matices desde diversas perspectivas:

A educación a distancia baséase nun diálogo didáctico mediado entre o profesor (institución) e o estudante que, situado nun espazo diferente ao daquel, aprende de forma independente (cooperativa).

Teorías editar

Algúns dos autores máis relevantes que estudaron a educación a distancia foron:

  • Wedemeyer (1971), que se centrou na importancia da posibilidade de desenvolver a aprendizaxe de forma independente.
  • De Moore (1972), que elaborou a Teoría da distancia transaccional, que se refire ao grao de estruturación previa da aprendizaxe e ao diálogo que se establece para iso.
  • De Holmberg (1977), que introduciu o concepto de diálogo didáctico mediado.
  • Peters (1998), que fixo énfase na base industrializada dos procesos formativos a distancia e coidando en grande medida dos soportes utilizados e do deseño dos medios empregados.

Riscos editar

Os sistemas formativos que se inclúen normalmente baixo esta denominación teñen unha serie de riscos comúns. Seguindo a García Aretio (2001, p. 30), podemos indicar:

 
Caixa de correos en Pontevedra.

Perspectiva histórica editar

O factores que contribúen ao nacemento e desenvolvemento da educación a distancia foron os cambios políticos orientados á democratización que estableceron novos dereitos á formación para as capas sociais con máis desvantaxes, o desenvolvemento do concepto de educación permanente que avala a necesidade de aprender ao longo de toda a vida, a necesidade da educación de persoas adultas e a consolidación de estratexias didácticas para elas, o desenvolvemento de ofertas, medios e modalidades educativas, así como o desenvolvemento das tecnoloxías e especialmente das aplicábeis á comunicación e á educación. Seguindo sobre todo os medios que se utilizaron de soporte, podemos observar que a educación a distancia pasou por 4 fases:

 
Os alumnos requiren medios como os ordenadores.

Facilidades e dificultades editar

A educación a distancia presenta unha serie de vantaxes para as persoas que se forman a través dela como:

  • Autonomía para organizarse e elixir os tempos e lugares de aprendizaxe
  • Non necesita desprazarse diariamente ao centro formativo
  • Permite contar cos materiais con antelación o que permite, por exemplo, adaptalos con máis facilidade ás persoas con discapacidade
  • Compatibiliza a formación con outras ocupacións familiares, sociais, persoais ou laborais
  • Permite manter a privacidade e intimidade da formación
  • Posibilita as adaptacións que necesiten as persoas polas súas características e intereses
  • Permite establecer relacións entre persoas distantes de contextos e culturas diversas

Do mesmo xeito, os estudos sobre educación a distancia revelan certas debilidades como:

  • As altas taxas de abandono
  • As dificultades para autoxestionar o tempo
  • Os problemas relacionados cos medios (radio, conexións a Internet etc..)
  • As limitacións á sociabilidades en modalidades individualistas
  • A carencia de información de retorno tan abundante para o alumno
  • Tanto a infraestrutura como os medios teñen que planificarse con moita antelación
  • A estandarización da aprendizaxe se se utilizan sempre os mesmos medios para todos
  • A dificultade para adquirir ou dispor de todos os medios necesarios, por exemplo, Internet na casa
  • A necesidade de formación específica para o profesorado implicado
  • Os custos da infraestrutura e medios que son estritamente necesarios para o seu desenvolvemento
  • A dependencia de soportes mediados utilizados (texto, imaxe, Internet) que supoñen un manexo dos medios
  • Desconfianza dos sistemas a distancia en certos contornos ou países
  • Limitacións de desenvolvemento de certas competencias polos medios utilizados
  • Dificultades para garantir a autoría das tarefas e actividades realizadas a distancia
 
A Consellería de Educación está no Edificio de San Caetano en Santiago.

Experiencias paradigmáticas editar

En Galicia editar

A raíz da transferencia das competencias en materia educativa, creáronse de acordo coas titulacións establecidas pola Lei Xeral de Educación (1970) o Centro Galego de Educación Xeral Básica (CEGEBAD) para a obtención do Graduado Escolar e o Instituto Galego de Bacharelato a Distancia (INGABAD) para o Bacharelato.

A raíz da aprobación da LOXSE (1990), apareceu o Graduado de Educación Secundaria Obrigatoria que tamén houbo que adaptar ás persoas adultas. Na actualidade, en Galicia, a oferta non universitaria céntrase en:

 
Logo da UOC.

En España editar

  • AULAS MENTOR [4]
Oferta de cursos de Educación non Formal deseñados polo Ministerio de Educación central que se imparten a través da rede de centros de educación permanente de adultos.
Centro privado que naceu nos anos 40 e imparte cursos regrados e cursos non formais de Artes, Beleza, Construción, Educación, Negocios, Idiomas, Informática, Mantemento de Saúde, Turismo e Hostalería.
  • DEUSTO FORMACIÓN[6]
Centro de formación empresarial enfocado na formación de xestión de empresas e novas tecnoloxías da información.
Ofrece as ensinanzas de Primaria e Secundaria Obrigatoria para xente nova (por exemplo, que residen no estranxeiro), Secundaria Obrigatoria para Persoas Adultas (ESPAD), Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas Oficiais de Linguas.
  • CAMPUS TRAINING[8]
Centro de Formación Profesional enfocado na inserción laboral.
Radio ECCA é unha rede de centro que apoia o proceso de aprendizaxe na radio. Orixinaria de Gran Canaria con programas culturais e educativos.
Programa para aprender inglés a distancia do Ministerio de Educación e Formación Profesional
Universidade pública española de ámbito estatal que desenvolve a súa oferta formativa a distancia.
Universidade catalana de ámbito estatal que desenvolve a súa oferta formativa a distancia.
 
Open University en Londres

En Europa editar

  • Open University, universidade do Reino Unido[11]
  • Centre National d' Enseignement à Distance (CNED), centro coordinador da oferta universitaria a distancia en Francia[12]
  • Universidade Aberta, universidade de Portugal[13]

A Asociación Europea de Universidades de Ensino a Distancia editar

A Asociación Europea de Universidades de Ensino a Distancia (en inglés: European Association of Distance Teaching Universities, EADTU) é a principal rede universitaria institucional de educación superior en liña, aberta e a distancia. Foi fundada en 1987, a asociación promove a innovación, a investigación, a colaboración, o desenvolvemento de proxectos conxuntos, a divulgación e congresos e eventos.[14]

Notas editar

Véxase tamén editar

Outras entradas editar

Bibliografía editar

  • De Holmberg, M. (1977). Distance education. A survey and bibliographhy. Londres: Kogan Page. (en inglés)
  • De Moore, M. G. (1972). Learner autonomy: the second dimensions of independent learning. Convergence Fall, pp. 76–88. (en inglés)
  • García Aretio, L. (2001). La Educación a Distancia. Barcelona: Ariel. (en castelán)
  • Peters, O. (1998). Concepts and models. No First National Conference on Distance Education. Manila. (en inglés)
  • Wedemeyer, C. A. (1971). Independent study. En Deighton, L. C. (ed.) The Encyclopedia of Education, 4, Nova York: Macmillan. (en inglés)

Ligazóns externas editar