Emprego[1] é o rol ocupacional social (traballo) realizado en virtude dun contrato formal ou de feito, individual ou colectivo, polo que se recibe unha remuneración ou salario. Ao traballador contratado denomínaselle empregado e á persoa contratante empregador.[2] Nun sentido amplo, o termo emprego utilízase como antónimo de desemprego e designa todo traballo polo cal se xera un ingreso monetario ou xenericamente, renda. É dicir que inclúe ademais do traballo asalariado, traballo autónomo e en xeral o realizado pola poboación ocupada, é dicir, pola parte da poboación activa que efectivamente está a traballar para obter un beneficio económico. Na maioría das estatísticas inclúese na poboación activa ocupada a integrantes das unidades económicas familiares que participan na produción. O debate destes conceptos e categorías leva a soster que o traballo doméstico tamén fai parte do emprego e debe recoñecerse o valor que xera.

Muller empregada nunha fábrica nos anos 40.

A taxa de emprego representa ás persoas con emprego (en sentido amplo) como porcentaxe da poboación en idade de traballar (de 15 a 64 anos).[3]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para emprego.
  2. Jahoda, Marie (1982) Empleo y Desempleo: Un Análisis Socio-Psicológico: 26. Madrid: Ediciones Morata, 1986.
  3. OECD (1998) "[1]; Glossary The European Union Labour Force Survey, Methods and Definitions: 13. Eurostat.