Traballo doméstico

O traballo doméstico ou traballo do fogar é todo traballo, remunerado ou non, realizado no ámbito do fogar, desde os actos organizativos dunha casa ou propiedade até a realización de cada unha das actividades domésticas, incluíndo cociñar, limpar, facer a coada ou reparar danos.[1]

A persoa que realiza este traballo de forma remunerada é denominada traballador ou traballadora doméstica, mentres a persoa que o fai sen unha retribución formal adoita ser denominada ama ou amo de casa.

Na maior parte do mundo, a maioría do traballo doméstico, tanto remunerado como o que non, é realizado por mulleres.[2]

Véxase taménEditar



NotasEditar