Traballo reprodutivo

O traballo reprodutivo ou traballo da reprodución refírese tanto ao traballo necesario para a reprodución humana realizada pola muller ao longo da historia (embarazo, parto ou lactación) como ao conxunto de atencións e coidados necesarios para o sustento da vida e a supervivencia humana: alimentación, coidados físicos e sanitarios, educación, relacións sociais, apoio afectivo e psicolóxico ou mantemento dos espazos e bens domésticos.[3][4][5][6]

Catro xeracións, o fillo en brazos de súa nai, a avoa e a bisavoa por liña materna. A reprodución humana e a reprodución social ten estado garantida pola muller. No entanto, o traballo reprodutivo -a reprodución e as atencións e coidados para a supervivencia- non é recoñecido nin pagado. O traballo da muller ten sido historicamente expropiado ao situala nunha posición social inferior e de submisión, converténdoa en mera fábrica de man de obra. A revolución reprodutiva -diminución do esforzo reprodutivo ao diminuír o número de fillos- das últimas décadas está modificando o papel tradicional da muller.[1][2]

Denomínase traballo reprodutivo para diferenciar do traballo produtivo dirixido a xerar bens e servizos. Fronte ao traballo produtivo, asalariado e recoñecido socialmente nas sociedades industrializadas, o traballo da reprodución non se recoñece nin económica nin socialmente.[7][8] As mudanzas sociais no ámbito produtivo e reprodutivo obrigan a repensar a tradicional e desigual distribución de cargas entre mulleres e homes ben como o recoñecemento social e económico do traballo reprodutivo.[9]

Notas editar

  1. (en castelán) La tercera revolución de la modernidad. La revolución reproductiva. Revista Española de Investigaciones Sociológicas (Reis) N.º 122, 2008, pp. 89-118, pág. 109-114
  2. (en inglés) Antonella Picchio, Social Reproduction: The Political Economy of the Labour Market, Cambrigde University Press, 1992, ISBN, 0-521-41872-0, pág. 8 y ss.
  3. Escobar Meléndez, C.B.(2013). Unpaid Reproductive Labour: A Marxist Analysis, in Paul Zarembka (ed.) Contradictions: Finance, Greed, and Labor Unequally Paid (Research in Political Economy, Volume 28) Emerald Group Publishing Limited, ISBN 978-1-78190-670-5 pp.131 - 160.(en inglés)
  4. (en castelán) Mujer y trabajo - ACSUR - 2005, pág. 6, 7 y ss. Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  5. (en inglés) Silvia Federici, Revolution at Point Zero: Housework, Reproduction, and Feminist Struggle, PM Press, ISBN 978-1-60486-333-8, pag. 1 y ss Arquivado 02 de abril de 2015 en Wayback Machine.
  6. (en castelán) Trabajo reproductivo, estadísticas, en Eustat
  7. (en castelán) Luis Garrido, La revolución reproductiva, en Salud, dinero y amor, Cecilia Castaño Collado (coord.), Santiago Palacios (coord.), Alianza, 1996, págs. 205-238 Arquivado 22 de xuño de 2013 en Wayback Machine.
  8. (en castelán) Carrasquer, P.; Torns, T.; Tejero, E. y Romero, A. El trabajo reproductivo, Universitat Autònoma de Barcelona. Departament de Sociologia, Barcelona, Papers, 1998
  9. (en castelán) La relación entre los tiempos y las actividades del trabajo productivo y del reproductivo, Carlos Lozares, Pedro Roldán y Joel Martí, Dpto. Sociología, Universidad Autónoma de Barcelona, revista Trabajo, 2004, Universidad de Huelva, ISSN 1136-3819, págs. 165-186

Véxase tamén editar

Outros artigos editar