Anarquismo feminista

O anarquismo feminista ou anarcofeminismo é unha teoría e movemento que vencella o feminismo co anarquismo. O anarcofemenismo busca o autogoberno da muller, é dicir, a súa emancipación e realización como individuo e como xénero particular. Ven no patriarcado unha manifestación do poder involuntario ou autoritarismo, por isto pensan que a liberación contra o patriarcado é unha parte esencial da eliminación do Estado, posto que ambos se fundamentarían na ausencia de liberdade e nas relacións sociais involuntarias.[1][2]

Bandeira que representa o feminismo libertario.

Segundo o anarcofeminismo, o anarquismo, ao seren unha filosofía política que se opón a todas as relacións de poder forzadas ou coactivas, sería intrinsecamente feminista, segundo expresa Susan Brown. En esencia, esta corrente ve o anarquismo como unha compoñente necesaria do feminismo e viceversa.[3] A súa orixinalidade reside especialmente na súa visión política, e en non ser unha corrente dogmática, polo que pódense atopar diversos planteamientos libertarios ao respecto do que é a muller, o feminismo, a feminidade etc.

Ideoloxía editar

Eixos primarios editar

Ao igual que toda escola anarquista fundaméntase nos principios de liberdade individual, asociación libre e cooperación voluntaria de cada persoa, sen distinción. As súas características adicionais son:

  1. Aplicar os principios do anarquismo dende a condición e situación das mulleres.
  2. Identificar o eixo da dominación actual no dúo patriarcado-Estado.

Consideran que o patriarcado é unha das primeiras, se é que non a primeira, manifestación de xerarquía forzada ou poder involuntario na historia humana e asemade a primeira forma de opresión, no dominio do sexo masculino sobre o feminino e por tanto un problema fundamental da humanidade. Argumentan que baixo este esquema preténdese uniformar ás mulleres baixo un modelo único, cultivado por medio da adoutrinación masiva, e que os homes tamén son uniformizados e obrigados a reprimir as súas particularidades individuais. E sobre esta ideoloxía de uniformización e dominación patriarcal susténtase boa parte da lexitimación do Estado, ao repetir os mesmos patróns patriarcais de dominación[4].

Formulacións editar

Os anarcofeministas conclúen que se as feministas están en contra do patriarcado, deberían estar tamén en contra de toda forma de xerarquía forzada, e, polo tanto, rexeitar a natureza autoritaria de tales institucións é unha parte integral tanto da emancipación individual como da identidade feminina, polo tanto:

  1. Colócanse en oposición contra o Estado, o clero e a plutocracia como manifestacións do patriarcado e como estruturas opresivas por si mesmas, incluíndo ao "feminismo burocrático" ou pro-Estado.[5]
  2. Ademais sitúanse en oposición ao "feminismo revanchista" ou hembrismo, ao que sinalan como reflexo resentido do machismo, isto debido a que afirman que debe verse aos homes como compañeiros e non inimigos, xa que o patriarcado é unha institución de control social indiferente aos xéneros.

A súa meta e estratexia normalmente é influenciar dende dentro a ambos movementos, ao feminismo e ao anarquismo, algunhas propón asociacións libres de mulleres (autónomas, federalistas e descentralistas ou policéntricas), facéndose cargo de que as mulleres teñen particularidades e que a partir delas encarnan a anarquía dun xeito particular, aínda que non todas son partícipes desta idea. O feminismo anarquista clásico e o anarcofeminismo moderno aparecen en versións individualistas e colectivistas, as primeiras con máis adeptos en América e as segundas con máis forza en Europa.

Historia editar

Aínda que o anarquismo feminista estivo presente desde os inicios do movemento anarquista, a súa conceptualización moderna antipatriarcal e o termo anarcofeminismo xorden na segunda onda feminista na década de 1960, da man do feminismo radical, con personaxes como Peggy Kornegger[6] ou Cathy Levine.

Orixes e fontes editar

Inspírase en autores e teóricos do feminismo anarquista estadounidense de finais do século XIX e comezos do século XX como Emma Goldman,[7] Voltairine de Cleyre[8] e Lucy Parsons. Tamén na organización anarquista e feminista da revolución española, Mujeres Libres.[9]Ambos movementos foron organizados para defender as ideas anarquistas e feministas. En Latinoamérica, a primeira onda feminista na maioría destes países xurdiu nun principio de mulleres anarquistas.[10][11]

Este primeiro feminismo anarquista xorde ante as consideracións dalgúns anarquistas de que o patriarcado é un problema do sistema estadista ou de clases, e que só desaparecería con este. Ou tamén porque algúns anarquistas supuñan que a muller tiña que desenvolver un rol tradicional na familia. Ante iso as primeiras anarquistas feministas sostiveron que ambas conquistas de liberdade van da man, e que os roles haberían de ser elaborados ou escollidos voluntariamente polas mulleres.[12] É de resaltar que é o anarquismo feminista o primeiro movemento que formula a soberanía do corpo en todo ámbito, ou pro-elección, como expresión da soberanía individual.[13]

Estas características do anarquismo feminista de comezos do século XX, sumado ao feito de que eran abstencionistas, colocaron ás súas partidarias en contradición coa maioría de feministas da primeira onda, as sufraxistas, e as súas propostas dentro do feminismo quedaron nunha situación de marxinación que non cambiaría até a segunda onda feminista (segunda metade do século XX), cando algunhas feministas radicais retomaron as súas formulacións sobre individuo e xénero, e ademais adoptaron o modelo organizacional de pequenos grupos de asociación voluntaria, flexíbeis para non descoidar o desenvolvemento persoal de cada unha, como base para construír un movemento feminista.[14]

Contemporánea editar

Contemporaneamente áchase influído polo feminismo da diferenza e polo ecofeminismo. O feminismo da diferenza considera que as persoas e os xéneros destácanse polas súas particularidades e as súas diferenzas en igualdade, o que ten sido un concepto tradicional do humanismo anarquista. O ecofeminismo argumenta que a muller ha de darlle importancia á rexeneración da natureza e á cultura da integración harmónica con esta, e que segundo indica Janet Biehl, fortaleza a visión holística do anarquismo (natureza autogobernada = sociedade autogobernada). No caso das anarcosocialistas adoitan incluír o concepto de loita de clases,[15], porén non existe unha interpretación homoxénea deste concepto. As anarcoliberais en cambio defenden máis a igualdade de dereitos e obrigacións entre homes e mulleres e amósanse en contra de todo tipo de discriminación positiva cara a elas.[16] Ambos sectores resaltan o dereito é necesidade das mulleres á defensa persoal.[17][18]

Grupos e movementos contemporáneos destacados son Mulleres Creando de Bolivia,[19] KURWA de Polonia, Radical cheerleaders en Norteamérica e Europa, e a conferencia anual de Boston, La Rivolta!. Existen ademais grupos anarcofeministas nalgunhas cidades do mundo, aínda que de relevancia netamente local ou sectorial, por exemplo dentro do anarcosindicalismo.[20][Cómpre referencia]

Recentemente, Wendy McElroy ten definido o ifeminismo ou feminismo individualista, que combina o feminismo co anarcocapitalismo, argüíndo que unha visión pro-capitalista voluntaria, anti-Estado, é unha posición que implica igualdade de dereitos e obrigacións, a expresión libre da sensualidade do corpo, e o apoderamento das mulleres.[21] O feminismo individualista baséase no feminismo anarquista clásico dos Estados Unidos baseado no anarquismo individualista.

Notas editar

  1. ¿Qué es anarcofeminismo?, en Una FAQ anarquista
  2. "¿Qué significa anarcofeminismo?". Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2008. Consultado o 06 de agosto de 2008. 
  3. "Anarcofeminismo". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2008. Consultado o 06 de agosto de 2008. 
  4. "¿Feminismo o individualismo?". Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2008. Consultado o 06 de agosto de 2008. 
  5. Feminismo, clase y anarquismo
  6. Anarquismo: la conexión feminista, por Penny Kornegger
  7. A muller libre, por Emma Goldman
  8. Voltairine de Cleyre: rebelde exquisita Arquivado 04 de agosto de 2006 en Wayback Machine. (en inglés)
  9. Sánchez Blanco, Laura (2007). "El anarcofeminismo en España:las propuestas anarquistas de mujeres para conseguir la igualdad de los géneros" (PDF). Foro de Educación (9): 229–238. ISSN 1698-7799. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2011. Consultado o 07 de agosto de 2008. 
  10. "Anarcofeminismo en América latina". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2008. Consultado o 07 de agosto de 2008. 
  11. El movimiento de mujeres anarquistas en Argentina hacia principios del siglo XX, por Mabel Bellucci
  12. "Anarquismo: concepto". Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2008. Consultado o 08 de agosto de 2008. 
  13. "Derechos: concepto". Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2008. Consultado o 08 de agosto de 2008. 
  14. A tiranía da tiranía Arquivado 02 de agosto de 2008 en Wayback Machine., por Cathy Levine
  15. Nin deus, nin patrón, nin marido, documentos da IFA
  16. ¿Qué es lo que afirma la acción afirmativa? Arquivado 24 de setembro de 2016 en Wayback Machine., por Wendy McElroy
  17. Autodefensa para mujeres
  18. Chicas, ¡agarren sus armas!, por Wendy McElroy
  19. "Libres, lindas y locas". Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2009. Consultado o 08 de agosto de 2008. 
  20. Revista Agitación, la revista de las juventudes comunistas Nº4, especial feminista
  21. El derecho de las mujeres a la pornografía (en inglés), por Wendy McElroy