Wendy McElroy
Wendy McElroy, nada en 1951, é unha autora, investigadora e conferencista canadense. Salienta pola súa defensa do anarquismo individualista de filiación libertaria e do feminismo individualista, sendo tamén unha recoñecida investigadora das raíces históricas de ámbalas dúas correntes de pensamento.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1951 (72/73 anos) Canadá |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Canadá |
Actividade | |
Ocupación | escritora |
Lingua | Lingua inglesa |
Xunto con Carl Watner e George H. Smith fundou a revista The Voluntarist en 1982, a cal propuxo unha corrente de filosofía política chamada voluntarismo. É investigadora asociada do Independent Institute e colaboradora para Fox News[1] Fox News e LewRockwell.com.[2]
Teoría política
editarSexo-positiva
editarEntre as feministas, distínguese a si mesma como «sexo-positiva»: defendendo a dispoñibilidade da pornografía, afirmando que a mesma é un recoñecemento social da sexualidade feminina, e condenando as campañas feministas antipornografía.[3][4][5] Tamén criticou as leis contra o acoso sexual que criminalizan a atracción sexual ó depender da sensibilidade de quen sente acosado sen un criterio sólido.[6]
O seu traballo teórico esténdese cara á crítica xeral do feminismo de perspectiva de xénero e a discriminación positiva, indicando que a súa aplicación prexudica a liberdade de elixir das mulleres. McElroy sostén que é preciso retomar antigas correntes feministas que se baseaban na promoción dos dereitos individuais.[7]
Masculinismo
editarEn concordancia co anterior, McElroy sostén unha defensa —que ela chama "feminista"— dos dereitos masculinos. Aduce que dentro do movemento de mulleres xurdiron dúas tendencias, unha libertaria e a outra ideolóxica ou "de xénero". Sinala que esta última predominou nas organizacións máis relevantes do feminismo, como a National Organization for Women, ante as dificultades e fracasos do feminismo tradicional para acadar a igualdade de mulleres e homes, levando un discurso de corte revanchista e misándrico contra os homes, conseguindo que as leis de familia e laborais que favorecen a muller, á vez, impliquen un trato inxusto para os homes.[8]
Notas
editar- ↑ McElroy Archive
- ↑ McElroy Archive
- ↑ XXX: el derecho de la mujer a la pornografía (texto en línea en inglés), por Wendy McElroy
- ↑ La contribución más valiosa de Wendy McElroy es la introducción de las voces de las mujeres que trabajan en la industria del sexo. Sus fascinantes entrevistas desafian muchos estereotipos y deberían disuadir a todos los que se preocupan por los derechos de la mujer desde el apoyo a medidas de censura. Nadine Strossen, presidente de la Liberties Union
- ↑ En El sexo sigue siendo el negocio más rentable de la red
- ↑ Las políticas sobre el acoso sexual precisan ser reformadas Arquivado 18 de xuño de 2018 en Wayback Machine., por Wendy McElroy
- ↑ Sexual Correctness: The Gender-Feminist Attack on Women 2001
- ↑ Una defensa feminista de los derechos de los hombres Arquivado 18 de xuño de 2018 en Wayback Machine.. Mises Hispano (publicado 23-1-2015)