Apoderamento
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A estratexia do apoderamento[1][2][3] xorde das organizacións de mulleres dos países en desenvolvemento e consiste nun proceso mediante o cal as mulleres, individual e colectivamente, toman conciencia sobre a discriminación de xénero e gañan capacidade para participar e decidir en maior medida sobre as súas posibilidades vitais e as das súas comunidades.
O apoderamento non supón un proceso polo cal unhas persoas gañan poder exclusivamente en detrimento do poder doutras. Existen diferentes dimensións do apoderamento:
- Cognitiva: a comprensión de que as condicións de subordinación das mulleres non son naturais, o coñecemento das súas causas e alternativas. Inclúe o coñecemento sobre a sexualidade.
- Psicolóxica: a superación das propias autolimitacións que se impoñen as mulleres (opresión internalizada), a través do desenvolvemento da autoestima e a autoconfianza.
- Económica: o acceso ao traballo remunerado, aos ingresos e á independencia económica en xeral.
- Política: a capacidade de analizar a realidade en termos políticos e sociais, organizarse e promover cambios sociais.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para apoderamento. Consultado o 05-11-2018.
- ↑ Manuel González González (5 de novembro de 2018). "'Apoderamento' mellor ca *'empoderamento'". Real Academia Galega.
- ↑ "apoderamento". Portal das Palabras. 21 de novembro de 2018.