Voltairine de Cleyre

Voltairine de Cleyre, nada en Leslie (Míchigan) o 17 de novembro de 1866 e finada en Chicago (Illinois) o 6 de xuño de 1912, foi unha escritora anarquista e feminista estadounidense.

Voltairine de Cleyre
Nacemento17 de novembro de 1866
Lugar de nacementoLeslie
Falecemento20 de xuño de 1912 e 19 de xuño de 1912
Lugar de falecementoChicago
Causameninxite
SoterradaHaymarket Martyrs' Monument
NacionalidadeEstados Unidos de América
Relixiónateísmo
Ocupaciónescritora, poeta, ensaísta, xornalista, activista polos dereitos das mulleres, anarquista, activista pola paz, filósofa e feminista
Na rede
Musicbrainz: f10f1bd3-0ad7-4a51-90ea-514af64a35ef Discogs: 3757446 WikiTree: De_Cleyre-1 Find a Grave: 8795 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Voltairine de Cleyre en 1891.

Traxectoria editar

Nada nunha familia de orixe francesa, filla de Auguste de Cleyre, librepensador e grande admirador de Voltaire. A partir de 1880 verase fortemente influenciada por Thomas Paine e sobre todo por Mary Wollstonecraft, así como por Henry David Thoreau, Big Bill Haywood, Clarence Darrow, e máis tarde por Eugene Debs. Tras os sucesos de Haymarket do verán de 1886, decántase cara ao anarquismo, colaborando con Benjamin R. Tucker no seu xornal "Liberty". O 12 de xuño de 1890 ten un fillo, Harry, procreado co librepensador James B. Elliot.

No seu ensaio de 1894, In Defense of Emma Goldman and the Right of Expropriation (en galego, En defensa de Emma Goldman e do dereito de expropiación), identifícase xa co anarcoindividualismo: "Miss Goldman é comunista e eu son individualista. Ela desexa abolir o dereito á propiedade mentres que eu desexo mantelo", a pesar de que nalgúns textos posteriores rexeitarao, desprazándose cara ao comunismo libertario. Voltairine de Cleyre seguiu sendo individualista no filosófico mais deixou a proximidade do librecambismo libertario para abrazar o comunismo libre no económico.

O seu ensaio Sex Slavery (en galego, A escravitude sexual), publicado postumamente en 1914, constitúe unha condena ás ideas de beleza feminina do momento. O título do ensaio non se refierte á prostitución, aínda que tamén este tema é tratado, senón sobre todo ás leis sobre o matrimonio que "permiten aos homes a violar as súas esposas sen consecuencias".

Bibliografía editar

  • The Drama of the Nineteenth Century (1889).
  • In Defense of Emma Goldmann [sic] and the Right of Expropriation (1894).
  • The Past and Future of the Ladies' Liberal League (1895).
  • The Gods And The People (1898?).
  • The Worm Turns (1900).
  • Det Anarkistiske Ideal (1903).
  • Crime and Punishment (1903).
  • McKinley's Assassination from the Anarchist Standpoint (1907).
  • Anarchism and American Traditions (1909).
  • The Dominant Idea (1910).
  • Direct Action (1912).
  • Selected Works of Voltairine de Cleyre (1914).
  • Selected Stories (1916).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar