Abrir o menú principal
Xornada de economía feminista, acción institucional e loitas sociais, en Barcelona, ano 2017.

A economía feminista é o estudo crítico da economía incluíndo a metodoloxía, etimoloxía, historia e investigación empírica, tentando superar as bases androcéntricas (patriarcais). Enfócase en temas de particular importancia para as mulleres, como é o traballo de coidados a terceiros ou a segregación ocupacional (exclusión de mulleres e minorías en certos eidos); deficiencias en modelos económicos, como a indiferenza á negociación do traballo dentro do fogar; novas formas de recollida e medición de datos como o Indicador de Apoderamento de Xénero (GEM), e máis concienciación das teorías de xénero como o enfoque das capacidades.[1] A economía feminista ultimadamente busca producir unha inclusión de xénero na economía.

A economía feminista enfoca a súa atención nas construcións sociais de economía tradicional, cuestionando o positivo e negativo, e pretende sinalar a forma na que eses modelos e métodos están baseados en preferencias masculinas.[2][3] Sendo que a economía está enfocada tradicionalmente en temas "culturalmente masculinos" como autonomía, abstracción e lóxica; a economía feminista apela á inclusión de cuestións consideradas tradicionalmente femininas como son a economía familiar, conexións, concreción e emoción, e amosa os problemas causados pola exclusión destes temas. Esta inclusión axudou a crear políticas que reduciron a discriminación de xénero, raza, inequidade e étnica, satisfacendo obxectivos centrais de toda a economía.[4] Esta visión supón deixar de considerar a economía capitalista como o centro da sociedade posto que o sistema capitalista non é o único posible á hora de organizar a economía. Supón considerar que o centro da sociedade son os procesos que sosteñen a vida –os cales xeralmente non son remunerados e son levados a cabo por mulleres. Estes procesos, chamados "coidados" pola teoría, adoitan atoparse invisibilizados e como consecuencia, adoitan considerarse secundarios aínda que realmente supoñan a base da organización superior do sistema social.

Moitas académicas incluíndo a Ester Boserup, Marianne Ferber, Julie A. Nelson, Marilyn Waring, Nancy Folbre, Diane Elson e Ailsa McKay contribuíron a desenvolver o marco da economía feminista. O libro If Women Counted de Waring, publicado en 1988 é frecuentemente referido como o "documento fundador" da disciplina.[5] Na década dos 90 a economía feminista comezou a ser coñecida e estabelecida dentro do campo da Economía.

NotasEditar

  1. "Introduction". Feminist Economics: Volume 1. Edward Elgar. ISBN 9781843765684. Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2013. Consultado o 07 de xuño de 2018. 
  2. Nelson,, Julie A. "Beyond Economic Man, Ten Years Later". Feminist Economics Today: Beyond Economic Man. Univ. of Chicago Press. ISBN 978-0-226-24206-4. 
  3. "Feminism and Economics" (2). doi:10.1257/jep.9.2.131. 
  4. Modelo desbotado. Use un dos modelos de citas no lugar deste marcador. (Pdf version).
  5. "Women Unaccounted for in Global Economy Proves Waring Influence". Bloomberg. 

 
 Este artigo sobre economía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.