Avós

pai ou nai do pai ou da nai

Avós son o pai e a nai dos pais dunha persoa[1], respectivamente denominados avó e avoa. É tradicional tamén denominalos padriño[2] e madriña[3] como forma familiar. Nas culturas tradicionais, os avós tiveron un rol claro en relación ao coidado dos nenos. Isto tendeu a diminuír no desenvolvemento da familia nuclear.

Avó e neto.

Nos casos en que os pais non poden brindar o coidado adecuado aos seus fillos, os avós poden ter o papel de mantedores ou titores, por iso desde 1998 a ONG Mensaxeiros da Paz celebra cada 26 de xullo, o Día do avó.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para avó.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para padriño.
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para madriña.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar