Traballo produtivo e improdutivo

O traballo produtivo refírese a aquel traballo que ten a capacidade de modificar o valor de uso das mercadorías ou de proporcionar servizos, xerando a riqueza material e non material que sostén á sociedade. Nun sistema socioeconómico capitalista, ademais, os capitalistas poden apropiarse de parte desa riqueza en forma de plusvalía.[1][2][3]

Parte da serie sobre
Marxismo
Conceptos fundamentais
Alienación
Burguesía
Comunismo
Explotación
Forzas produtivas
Hexemonía cultural
Loita de clases
Materialismo dialéctico
Materialismo histórico
Medios de produción
Modo de produción
Plusvalía
Proletariado
Relacións de produción
Teoría do valor-traballo
Outras ligazóns
Marxismo
Economía marxista

En contraposición, o traballo improdutivo é aquel orientado ao mantemento da orde social baseado en clases sociais e que non xera riqueza por si só (como o goberno, as forzas armadas, o mantemento da propiedade privada ou as operacións financeiras entre outras).[1][2][3]

Tanto o traballo produtivo como o improdutivo poden ser asalariados, sendo a riqueza xerada polo produtivo a responsable do mantemento tanto dos traballadores produtivos como dos improdutivos, así como da clase capitalista.[1]

Trátase de conceptos centrais en economía política clásica cuxa concreción foi variando ao longo do tempo. Foron expostos primeiramente pola escola fisiocrática, para, máis tarde, ter importantes contribucións de Adam Smith e ser finalmente precisados pola crítica de Karl Marx e o posterior desenvolvemento da teoría marxista.[1][2][3]

Véxase tamén

editar

Referencias

editar
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 La categoría marxista del trabajo productivo. Marxismo crítico. 2012.
  2. 2,0 2,1 2,2 La teoría del trabajo productivo e improductivo en Marx. Investigación Económica. 1991.
  3. 3,0 3,1 3,2 Trabajo productivo y trabajo improductivo. Arquivado 22 de decembro de 2016 en Wayback Machine. Realidad Económica y Social. 1989.