Privacidade

ámbito confidencial da vida persoal recoñecido como dereito fundamental humano

A privacidade[1] pode ser definida como o ámbito da vida persoal dun individuo, quen se desenvolve nun espazo reservado, o cal debe manterse confidencial. Tamén se aplica á calidade de privado.

O desenvolvemento da sociedade da información e a expansión da informática e das telecomunicacións expón novas ameazas para a privacidade que han de ser afrontadas desde diversos puntos de vista: social, cultural, legal, tecnolóxico etc. Máis cando aumenta por todo o mundo a recolección de datos, tanto por entidades privadas como públicas, e tamén o número de entidades que fan dita recolección e os casos de filtración de datos.[2]

A privacidade consiste nun entendemento colectivo sobre as barreiras e limitacións dunha situación dada e o coñecer o modo no que operar dentro delas.[3]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para privacidade.
  2. Fussell, Sidney (2019-06-11). "This Is Exactly What Privacy Experts Said Would Happen". The Atlantic (en inglés). Consultado o 2019-06-21. 
  3. Danah Boyd (2010). Privacy and Publicity in the Context of Big Data. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar